PAPA NOEL ADIANTOU A SUA CHEGADA E O PONTECESURES C.F. CONSEGUIU O PRIMEIRO PUNTO DA TEMPORADA

Este podería ser un titular-resumo do encontro: que gracias á sorte en forma de regalo de «Papa Noel» o equipo de futbol sá conseguiu empatar a 5, gracias a un postreiro gol do debutante Dani «Cachopo».

Pero se este fose o único resumo estaríamos sendo inxustos, pois o Pontecesures C. F. encontrou no seu rival, o Concello de Paderne, un equipo que en nada lle envidiaba. Ademais, as gañas de puntuar polos cesureños traduxéronse en que non perderon a FE, e nunca «arroxaron a toalla» . Así o marcador ó descanso era de 1 a 3 para os visitantes, pero os goles de Marcos «Pichi», (quen está rentabilizando CON GOLES o seu dobre posto de xogador e entrenador), e do xoven Dani serviron para que, nunha 2ª parte de infarto o equipo acadase, POR FIN E NON SEN MERECEMENTO a seu primeiro punto. Teñen inda mese de competicion para mellorar, tanto en xogo coma na clasificación, pero polo menos alguén xa non gañou contra o Pontecesures C.F.

¡ Enhoraboa os xogadores, entrenadores e directiva, así como ó publico que, a pesar do frio que facía no polideportivo animou ó noso equipo, e que no 2007 acadedes moitas mais victorias !

Comezou a instalarse o novo alumeado do campo de fútbol. A ACP denuncia varias deficiencias no recinto.

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Con satisfacción recibe esta agrupación a nova de que a empresa Doselco Electricidade comezou, por fin, as obras para instalar as novas columnas de alumeado do campo de fútbol ??Ramón Diéguez? que están valoradas en 11.008,40 ? e que foron adxudicadas hai nada menos que 10 meses.

(más…)

Interesante xornada deportiva no pabellón

Premer para ampliar imaxe

Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.

O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos «Pichi» segue unha tempada máis ó frente do equipo.

A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas «El Doce». Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos

Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.

 

El ADIF cambiará el techo de la marquesina de la estación cesureña.

El edil de ACP, Luis Sabariz, mostró su preocupación sobre la situación del falso techo de la marquesina de la estación de tren de Ponteceusres, de la que «se desprenden a menudo listones que caen sobre el andén principal por la acción del viento». El Concejal se puso en contacto con la Jefatura de Estaciones del Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), donde le confirmaron que «se va a sustituir en techo en su totalidad» y que ya se están realizando gestiones para que la obra se realice cuanto antes.

DIARIO DE AROUSA