Nestes dias comezan os adestramentos os equipos base do C. B. Rio Ulla, con vistas á nova temporada de baloncesto 2007-08. O equipo senior o leva facendo dende principios de mes, pois vai ser o primeiro equipo en empezar o seu campeonato de liga oficial, o vindeiro fin de semana do 30 de setembro.
O equipo Cadete masculino, leva entrenando dende a semana pasada, 3 dias á semán. Son nenos nacidos en 1992 e 1993.
Este vindeiro venres pola tarde será o equipo Alevín Mixto o que volte ós adestramentos. Neste caso son nenos e nenas nadas nos anos 1996 e 1997.
Posteriormente, xa en outubro, serán os Benxamíns da Escola Municipal de baloncesto(1998, 1999, 2000 e 2001) os que comencen os seus adestramentos.
En todos estes equipos o responsable é o monitor Antonio Pedrido, con quen se pode contactar para mais información pois calquera rapaz ou rapaza pode participar nesta actividade.
Por último tanto o equipo Infantil Masculino, coma o Infantil Femenino (nados en 1994 e 1995), empezarán a entrenar para a vindeira semana, no pabellón de Baño – Valga, pois moitos dos integrantes son da zona de Valga, pretendendo seguir captando nenos e nenas daquel concello para a práctica deste deporte. Estes equips ven ter novos monitores/as.
Tamén na vindeira semana membros do club faremos unha presentación nos colexios de Dodro, Valga e Padrón para buscar rapaces e rapazas que poidesen estar interesados en xogar ó basket.