p(centrado).
Este Xoves Santo ás 5 da tarde, aproveitando as vacacións, o Extrugasa Rio Ulla vai xogar un dos 2 partidos que ten pendentes, para o que se trasladará ó cárcere de A Lama para disputar ese encontro frente ó quipo dos internos desa prisión.
Esta é unha experiencia novedosa, pois inda que no mundo do futbol xa levan xogando internos na liga de veteranos da provincia uns cuantos anos, e ante a boa experiencia que lle supón ós presos, esta pasadatemporada decidiron federar un rquipo na liga de baloncesto. Xogan sempre no cárcere, e fanse cargo das arbitraxes. O seu equipo está formado por unha autentica ONU: lituanos, iugoslavos, americanos, hispañoamericanos e árabes, ademais de españois, conforman as distintas nacionalidades deses reclusos.
As opcións de clasificarse para disputar a «final a 4» da fin de semana do 21 e 22 de abril pasan por gañar eses 2 partidos que lle quedan e que o Cuntis perda nalgún dos partidos que tamén ten que disputar, polo que o Extrugasa a dia de hoxe non depende de si mesmo.