Pontecesures asinou o convencio de aforro enerxético coa Deputación.

O salón de plenos do Pazo provincial acolleu onte o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no que a presidenta provincial, Carmela Silva, rubricou os convenios cos alcaldes, alcaldesas e representantes dos 43 concellos que se benefician do programa: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.

O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43 concellos (unicamente se podían presentar os que teñen menos de 20.000 habitantes) e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns “achégaos a Unión Europea. É fundamental que sigamos formando parte dela, porque iso permítenos dispoñer de moitos recursos cos que pór en marcha proxectos de futuro”. A Deputación obtivo estes recursos a través dunha convocatoria do IDAE, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.

A presidenta agradeceu aos 43 concellos “a súa aposta e o seu compromiso por facer dos seus concellos unhas vilas sostibles”, sinalando que “sodes a inmensa maioría de cantos podían participar”. Silva lembrou que “a sustentabilidade ten que ser unha prioridade das nosas liñas de traballo” e, por iso, “desde a Deputación, e sei que vós tamén, estamos convencidas e convencidos de que a axenda medioambiental ten que marcar a política do século XXI”. Isto, valorou, “é unha cuestión de responsabilidade con esta xeración e, sobre todo, coas que veñen. As máis novas e os máis novos estannos a demandar ás políticas e políticos que reaccionemos”.

Ademais do agradecemento, Silva pediulles aos concellos “que vos sigades sumando aos novos proxectos en material medioambiental” e informoulles de que “remitiremos todas as liñas que queremos desenvolver para que acheguedes as vosas ideas e poidamos entre todas e todos conformar un modelo de provincia sostible”. Para iso, “en canto a nova corporación estea constituída, convocaremos unha reunión na que falaremos destes e máis proxectos”.

Carmela Silva salientou que “as políticas sustentables que impulsaremos contribuirán ao desenvolvemento económico da provincia e a cumprir o Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios (Ministerio de Facenda e Función Pública”, ademais de buscar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. “A sinatura de hoxe é só o inicio dunha aposta polo medio ambiente que permitirá á Deputación e a todos os concellos ser unha gran referencia”, asegurou a presidenta provincial, que avogou por “destacar nunha cuestión que incide no desenvolvemento económico a moitos niveis”. Incidiu Carmela Silva en que “ninguén quere ir a un territorio que non sexa sostible: é bo para a implantación de empresas e dun modelo turístico de calidade”. A presidenta provincial demandou que, “estando estas políticas ligadas á transición ecolóxica, debemos solicitar que os concellos obteñan recursos do Estado para poñelas en marcha”.

Entre os programas medioambientais que a Deputación porá en marcha de xeito inmediato, resaltan as achegas destinadas á substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa (416.214 € para Caldas de Reis, A Guarda, Mondariz, Portas e Salvaterra de Miño) ou a renovación da iluminación pública exterior en BICs (130.000 € para Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa). A Deputación tamén se presentará á nova convocatoria do IDAE para impulsar a economía baixa en carbono (para todos os concellos, sen límite de habitantes), os fondos europeos LIFE para un proxecto piloto centrado en prestar solucións sustentables e innovadoras no tratamento de augas residuais de pequenos núcleos, ou o “Life CircWeee-Weee” para a recollida selectiva e a reciclaxe de residuos de pilas e acumuladores. “Son tres proxectos que xa están en redacción para presentarnos canto antes e ser quen de seguir avanzando na nosa axenda medioambiental con recursos”, sinalou Carmela Silva, á vez que incidiu en que “o paquete de medidas que desenvolveremos será moi importante e permitirá a todos os concellos transformarse ecoloxicamente”.

depo.es

O árbitro Enrique Ramos, veciño de Pontecesures, participa nas actividades docentes.

O CEIP Plurilingüe Baño-Xanza celebrou esta mañá á cuarta edición das Xornadas Deportivas, unha actividade organizada pola ANPA en colaboración coa dirección do colexio e o Concello.

Nas competicións deportivas participaron os 310 alumnos do centro, tanto os nenos de Educación Infantil como os rapaces de Primaria. Houbo carreiras de relevos, partidos de baloncesto e torneo de fútbol que contou coa participación dos árbitros asistentes Alfonso Costoya, valgués que arbitra dende hai anos en Primeira División, e Enrique Ramos, veciño de Pontecesures e agora na Segunda División.

Ao remate das actividades, tivo lugar o acto de entrega de diplomas e medallas, aportadas polo Concello. Ademais, a ANPA sorteou diversos regalos –tazas, gorras, camisetas, balóns…– entre os rapaces.

Os centros educativos de Valga están xa inmersos nas actividades e celebracións de fin de curso. No CEIP Baño-Xanza mañá pola mañá terá lugar un festival con inchables e unha xincana no patio do colexio e, pola tarde, o pavillón municipal albergará unha festa da ANPA con colchonetas, xogos e, a partir das 20 horas, pinchos para todas as persoas que queiran asistir e actuación dun dúo musical.

O CEP Xesús Ferro Couselo de Cordeiro tamén celebra mañá o seu festival de fin de curso. Será no Auditorio Municipal a partir das 16:30 horas.

El Correo Gallego

Valga se queda sin camión de extinción de incendios porque no pasó la ITV.

La calidad del servicio del Grupo Municipal de Emerxencias (GES) de Valga sigue deteriorándose. A los problemas laborales que denuncian los trabajadores se suma ahora la precariedad de medios, hasta el punto de que el GES carece a día de hoy de un servicio de extinción de incendios.

El camión destinado a este fin, con capacidad para 3.800 litros de agua, ha quedado fuera de servicio esta semana. El vehículo no reúne las condiciones para poder circular y el alcalde ha notificado a los trabajadores de emergencias que se abstengan de utilizarlo. «O uso do mesmo sen autorización carreará as responsabilidades correspondentes», según se indica en un escrito que firma Bello Maneiro, del día 18 de junio.

El motivo de que el camión se quede aparcado sine die es que no ha pasado la inspección técnica de vehículos (ITV). ¿Por qué no se resuelve este problema? En el GES lo achacan al conflicto laboral que mantienen la plantilla con el Concello. Mientras, desde la alcaldía optan por guardar silencio al respecto.

El caso es que, sin este camión, el servicio de emergencias ya no podrá apagar ningún fuego porque el otro vehículo destinado a este fin, de solo 400 litros de capacidad de almacenamiento de agua, tampoco funciona debido a una avería.

Así las cosas, cuando en la base de Valga reciban una alerta del 112 sobre la existencia de un fuego en este u otros municipios de su área de influencia, el personal acudirá al punto en cualquiera de los otros dos coches que tienen en su sede, pero poco podrán hacer sin agua ni mangueras. Mañana sería uno de esos días en el que el camión contra incendios tendría que estar disponible habida cuenta del riesgo que comportan las hogueras de San Juan, que solo en el municipio de Valga suman 74, según los permisos tramitados en el Concello. En caso de que algún fuego se descontrolase habría que recurrir a los bomberos de Vilagarcía.

La Voz de Galicia

Áurea Garabán e Elena Vidal expoñen en Valga.

O alcalde, José María Bello Maneiro, participou na inauguración da exposición de “Encontros Creativos”, que reúne obras de de catro pintoras da comarca: Marisé Canda, Elena Vida, Áurea Garabán e Rosa Vidal e pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de xuño. Ao acto inaugural, que tivo lugar o pasado venres, asistiron tamén as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro.

As catro artistas que promoven esta exposición colectiva comparten mestre, Raúl Burés, aínda que os seus traballos son moi diferentes entre si.

Marisé Canda, veciña de Caldas de Reis, é unha pintora autodidacta cun estilo moi diferencial. En “Encontros Creativos” asina sete cadros, óleos sobre lenzo. A maioría céntranse nunha mesma temática, os paraugas, aínda que tamén pode verse unha obra sobre maternidade.

Áurea Garabán, de Condide (Pontecesures), conta con 17 anos de traxectoria na pintura. Expón cinco cadros no Auditorio e a súa obra caracterízase pola cor. Ao contrario que Rosa Vidal, veciña da Devesa, que ten predilección polos cadros en branco e negro, como se aprecia nos sete óleos que asina en “Encontros Creativos”.

Por último, Elena Vidal aporta varias paisaxes e tamén un retrato de Rosalía de Castro. Cinco obras, en total. Fai nove anos que esta veciña de Porto (Pontecesures) comezou no mundo da pintura, tralo falecemento do seu marido. Os pinceis foron para ela unha terapia e neste tempo xa ten participado en varios concursos. Nun deles, na Pobra do Caramiñal, gañou un accésit.

El Correo Gallego

Guardando los nombres de todos los lugares de Valga.

Durante buena parte del curso que acaba, los alumnos de la asignatura de Paisaxe que se imparte en segundo de la ESO en el instituto de Valga, llevan trabajando en un proyecto de recuperación de la microtoponimia del municipio. Ayer, como broche de oro a toda la faena realizada, colocaron en Bronllo, uno de los lugares que abarcó el estudio, una placa.

Al acto de descubrimiento de la misma acudió el alcalde, José María Bello Maneiro, y los concejales Carmen Gómez, Pedro Calvo y Malena Isorna. Y con ellos, los vecinos de Bronllo. Algunos de ellos, explica el profesor Juan Carlos Montejano, «colaboraron activamente co IES no desenvolvemento deste proxecto centrado na recuperación dos nomes dos lugares das aldeas de Valga, co obxectivo de que non caian no esquecemento e se manteñan vivos para estas e futuras xeracións».

Las actividades consistieron en «visitas e percorridos por Bronllo, Cerneira e Pontevalga para recoñecer os diversos espazos, charlas con informantes sobre os diferentes nomes de lugares e tamén unha entrevista ao alcalde, centrada na denominación dalgunhas das rúas de Pontevalga, como entorno máis urbanizado do municipio».

En próximos cursos, «o proxecto de recuperación da microtoponimia de Valga continuará o seu percorrido por outras aldeas de Valga». Según el alcalde, es «unha iniciativa moi interesante e que contará con todo o apoio e colaboración do Concello».

La Voz de Galicia