NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.
Ante as últimas novas sobre este tema (manifestación de colectivos, debates no Parlamento de Galicia, etc..), os concelleiros non adscritos de Pontecesures (Luis Angel Sabariz Rolán e Alfonso Diz Villar) queremos facer un chamamento a tódalas forzas políticas para que se valore a necesidade de manter e potenciar o tren de cercanías pola vía actual entre Santiago e Vilagarcía. Pouco importa agora de quén parteu a iniciativa ou quén aporta máis argumentos (todos somos coñecedores disto). O fundamental é conquerir un servizo en beneficio de tódolos cidadáns da comarca.