Esta Comisión Informativa, presidida pola alcaldesa, Maribel Castro, e da que forman parte tamén, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Jesús Mª Rey Beiró (PP) e Luis Ángel Sabariz Rolán (non adscrito), celebrará sesión o mércores día 26 de decembro ás 9 da mañá coa seguinte Orde do Día:
1-Acta da sesión anterior celebrada con data 20-11-07.
2-Informes de solicitudes de obras. Neste punto serán informados dous expedientes de obras maiores:
-Solicitude de licenza de «Promociones Exconsa Vigo S.L» para construir un edificio de 40 vivendas, garaxes e rochos na rúa do Rial 42-43.
-Solicitude de licenza de «Promociones Herga-Conde 2006 S.L.» para construir un edificio de 22 vivendas, locais, garaxes e rochos na Avda. de Vigo (preto do lavadoiro da Chancela)