«Salva o Tren» se reúne hoy con el director xeral de mobilidade de la Xunta.

Miguel Rodríguez Bugarín recibe hoy a «Salva o Tren» para abordar la problemática del ferrocarril de cercanías y el posible cierre de estaciones, una vez se ponga en servicio el tramo del eje atlántico de alta velocidad. El colectivo planteará un orden del día que incluya la futura creación del Ente Gestor Ferroviario en Galicia, así como el desarrollo de unas cercanías independientes del AVE para que, en el futuro, puedan transferirse a la Xunta los servicios de proximidad.

DIARIO DE AROUSA, 09/12/09

Pontecesures insiste: la vía a Vilagarcía hace agua.

Luis Sabariz insta a que la Xunta ataje el peligro de inundación en la rodonda de A Charca

El concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, no cesa, y ante la supuesta desidia de la Xunta para acondicionar el tramo de la carretera a Vilagarcía que se inunda (la PO-548 a la altura de la rotonda de A Charca) ha vuelto a remitir un completo dossier para que Infraestructuras tome cartas en el asunto.

A juicio del gobierno cesureño, «solicitouse que unha pala canalizara con toda urxencia, aínda que fora de un xeito provisional, a auga ata un tubo de un metro, situado a escasos metros, que comparten os dous municipios «la carretera entra en Valga-a través dunha pista, e que está sorprendentemente infrautilizado». Sin embargo, las gestiones que llevan pidiendo desde julio no han dado en la diana, y ello a pesar de que hay varios vecinos que tienen la espada de Damocles de una inundación a la puerta de sus casas. «Polo exposto, solicítase que se resolva este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares das vivendas da zona», insiste.

De igual forma, se queja de que esta zona, en la que paradójicamente se están acometiendo obras, se encuentra muy mal iluminada. «A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica en cuestión». Concluye reclamando aceras «nos primeiros 500 metros que pertencen a Pontecesures. A discriminación é evidente».

EL CORREO GALLEGO, 09/12/09

Texto integro do escrito enviado sobre as defiencias da rotonda da Charca.

Sra. Dª Isabel Vila Barbosa
Directora Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia

O pasado día 15 de novembro, con reportaxe fotográfica incluída, lle expusen o perigo de asolagamento que presenta a retención de auga na marxe da estrada PO-548 Pontecesures-Vilagarcía, na rotonda da Charca, entre os municipios de Valga e Pontecesures.
Solicitouse naquela data, que unha pala canalizara con toda urxencia, aínda que fora de un xeito provisional, a auga ata un tubo de 1 metro de diámetro, situado a escasos metros, que comparten os dous municipios a través dunha pista, e que está sorprendentemente infrautilizado (apenas recolle un 10% da súa capacidade).
Dende xullo pasado estamos a remitir escritos para que se solucione a recollida destas augas incluíndo, lóxicamente, esta actuación nas obras de seguridade viaria que se están a efectuar na recta de Campaña.
Pois ben; a pesar de que se nos anunciou por vostede que ía quedar o problema resolto coa derivación da auga ata o tubo existente, ata este intre hai unha situación de inmobilismo que preocupa ao concello e aos veciños da zona que están con risco evidente de que a auga, tras rebosar a estrada, entre nas súas casas. Coas choivas de onte estivo a piques de asolagarse a estrada, e a auga continúa alí embalsada na cuneta sen adoptarse decisións.
Polo exposto, solicítase que se resolve este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares das vivendas da zona.
Por outra banda, tamén hai que dicir que na rotonda, actualmente en obras, non hai alumeado algún. A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica en cuestión. Aínda por enriba, despréndense pola acción do vento os elementos blanquivermellos da rotonda que queda semidesfeita e podes encontrarte con obstáculos na estrada que, como non hai alumeado, poden ocasionar un accidente de tráfico.
Por último insistir en que se constrúan tamén as beirarruas nos primeiros 500 metros da PO-548 que pertencen a Pontecesures. A discriminación é evidente. Nós tamén somos en sentido figurado «recta de Campaña». Esta ten 3 e pico quilométros, e se acondiciona, para garantir a seguridade viaria, a parte da estrada que discorre por Valga con beirarúas, camiños de servizo, arranxo dos cruces, etc…,e os 500 metros de Pontecesures quedan totalmente á marxe. Nin se fan as beirarrúas, nin se recollen as augas da cuneta do noso térmo municipal, nin se arranxan as arquetas de servizos na estrada que provocan ruídos e tremores nas casas por irregularidades no firme, e por enriba se provocan situacións de risco por falla de alumeado na rotonda da Charca.
Esperamos comprensión por parte desa administración, pois a seguridade viaria ten que garantirse dende o quilómetro 0 e por suposto en toda a recta, non en parte dela. O contrario resulta incomprensible e inxusto.

Pontecesures, 7 de decembro de 2009

O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

Luis Ángel Sabariz Rolán

Sabariz exige más iluminación en la glorieta de A Charca y que se canalice la lluvia.

El concejal de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, envió ayer un nuevo escrito a la directora xeral de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, Isabel Vila Barbosa, en la que insiste en exigir soluciones a las retenciones de agua que se producen en la rotonda de A Charca debido a las obras de la PO-548.
«Ata este intre hai unha situación de inmobilismo que preocupa ó Concello e ós veciños da zona, que están en risco evidente de que a auga, tras rebosar a estrada, entre nas súas casas». Las lluvias del domingo casi inundan el vial «e a auga continúa alí embalsada na cuneta sen que se adopten decisións».
Es por ello que solicita quw «se resolva este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares de vivendas da zona».
Por otra parte, denuncia que la glorieta carece totalmente de alumbrado. «A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica». Este hecho se ve agravado por que el viento mueve los elementos rojiblancos que forman la rotonda provisional y que se convierten en obstáculos en la carretera. «Como non hai alumeado, poden ocasionar un accidente de tráfico», advierte el edil.
Finalmente insiste en la necesidad de construir aceras en los 500 metros correspondientes al término municipal cesureño, igual que se hizo en Valga. «A discriminación é evidente», sostiene.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 08/12/09

Contestación ao BNG de Pontecesures sobre o uso da pick-up de emerxencias.

Critican os nacionalistas cesureños o uso do vehículo municipal para tarefas de obras, e que se lle priva o uso ao servizo de protección civil, engadindo que van dar conta disto á Xunta de Galicia.

Temos que dicir, que nestes días estase a utilizar dito vehículo por persoal municipal para baldear as pistas que van ser pavimentadas con maquinaria da Deputación Provincial que chegou a Pontecesures para botar novos firmes nunha pista variante do Camiño de Regadio de Condide, noutra que une Condide con Carreiras polo Couto, nunha terceira na rúa Cantillo de San Xulián e tamén noutra zona do Souto, en Porto.

O convenio asinado no seu día por eeste concello para a adquisición do vehículo municipal (A Xunta fíxose cargo do 75% do custo, mentres o concello achegou o restante 25%) para nada impide estes usos de baldeo, por suposto dándolle preferencia en caso de coincidencia horario a un sinistro, de producirse.

Naturalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso, e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder.

Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, (non habendo sinistros ou risco de producirse), e en lugar de utilizado, alugar maquinaria prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos.

Hai ben pouco o BNG criticaba precisamente que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido, tampouco lles convence. En fin xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move.

En fin; fuximos de polémicas, pois o verdaderamente importante son dúas cousas:

1. Este goberno local foi o que xestionou a subvención, e conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures.

2. Tamén este goberno xestionou que a Deputación Provincial acometa, coa colaboración de persoal municipal, que se pavimenten pistas que estaban deficientes. Haberá máis seguridade para vehículos e peóns. Se ademais participa, aínda que minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, pois mellor que mellor.

O concelleiro de relacións institucionais
Luis Ángel Sabariz Rolán

Menos para emerxencias, para todo

pick-up

O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.

Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.

Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.

O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.