«Con mellores prestacións poderíase cuadriplicar o número de usuarios do tren de Catoira e de Pontecesures».

a29c5f2.jpg

O experto. Carlos Abellán Ruíz. Presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril

A chegada do AVE ao Eixo Atlántico no horizonte de 2012 leva aparellado un cambio no modelo galego de transporte ferroviario. O presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del F.F.C.C. e máster en Transporte Terrestre pola Universidad Complutense de Madrid, Carlos Abellán, critica o modelo de tren impulsado por Fomento. Avalado pola súa dilatada carreira profesional no sector empresarial do ferrocarril, Abellán defende a posta en marcha en Galicia dunha liña de tren-tran -metro lixeiro en superficie-.
-As estacións de ferrocarril de Catoira e de Pontecesures moven ao día unha media de pouco máis dun cento de viaxeiros. ¿Moitos? ¿Poucos?
-Son poucos. Pero se houbese mellores servizos, poderíanse cuadriplicar. Sería convinte facer un convenio cos concellos para fomentar o uso do ferrocarril.
-¿Comparte o criterio de Fomento de suprimir as paradas de Catoira e de Pontecesures?
-Non. En absoluto. Non podemos esquecer que a nosa é a única autonomía sen unha rede de cercanías. Habería que crear unha xerencia ou xefatura a nivel galego por parte de Renfe Operadora que permita desenvolver o tren de proximidade nas áreas da Coruña, de Vigo, e de Santiago-Vilagarcía. A seguinte cuestión que habería que conseguir é que Adif non poida levantar o treito ferroviario. Naqueles lugares nos que se pon en marcha un novo servizo, caso do tren de altas prestacións do Eixo Atlántico, en canto entra en funcionamento, quitan as vías antigas. Acabamos de velo no treito entre Gorgullos e Cerceda, a finais de abril. No prazo dunha semana levantaron todo o trazado orixinal da vía. E temos máis exemplos. Isto non debe facerse. Non se pode permitir que se retiren as vías da actual liña Vilagarcía-Padrón. Non estamos ante unha cuestión baladí. Porque as liñas de cercanías permiten subvencionar os billetes, a construción de novas estacións… Poñen a disposición do usuario un tren tranvía, moi atractivo para dar conexión a localidades próximas. E na zona de Arousa, do Baixo Ulla e de Padrón hai ademais referentes turísticos e culturais importantes que deben estar conectados, coma a Casa-Museo de Rosalía, a Fundación Camilo José Cela, as Torres do Oeste… O tren de cercanías debe servir para o transporte de persoas, pero tamén como instrumento turístico. Hai que usar o sentido común. Se se permite que se quiten as vías actuais vaise cometer un grave erro.
-¿Cal debe ser o papel da Xunta ante a posible desaparición do servizo ferroviario nas vilas e nas pequenas localidades?
-A Xunta debe implicarse máis nesta cuestión. Debe poñer as ferramentas necesarias para potenciar os servizos de tren na comunidade, comezando pola elaboración e aprobación dunha lei de ferrocarrís de Galicia, e a creación dun ente autonómico de ferrocarrís, que se encargue de observar os prazos das obras de alta velocidade e de promover e de construír novas infraestructuras para o desenvolvemento dunha rede de cercanías, habilitando novas paradas.
-¿Que prestacións tería que ofrecer ese servizo de cercanías?
-Tería que conectar co Eixo Átlántico, e contar con moitas máis paradas cas actuais, en Bamio, as Torres do Oeste, Cordeiro… seguindo a fórmula do tren tran, máis acorde coas necesidades dos tempos actuais. A velocidade sería máis reducida ca que hoxe prestan os trens da liña Vilagarcía-Santiago, pero contaríase con paradas máis cercanas aos puntos de orixe e de destino dos usuarios, dando resposta ao fenómeno galego da dispersión. Resultaría ademais unha boa solución para as economías dos usuarios ante a constante suba do prezo dos combustibles.
-Estariamos a falar tamén de maiores frecuencias…
-Por suposto. Unha das características do tren de cercanías é a maior frecuencia do servizo. Tamén sería preciso deseñar boas conexións entre as paradas do tren e as liñas de buses, e a construción de aparcadoiros disuasorios, para que o usuario poida deixar alí o seu coche e optar polo transporte público para traxectos curtos. Hai que potenciar a intermodalidade, e ofrecer un medio rápido e confortable. E para todo isto ten que haber un investimento por parte da administración central, da operadora e da Xunta.

LA VOZ DE GALICIA, 29/06/08

Acta de selección de peóns de xardinería.

En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar de xardiñería (peóns) do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 12.15 h. chamase ós/ás catorce aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Non se presentaron: Dna. Mª del Mar Mosquera Cascallar, e Dna. Isabel Rey García.

Primeiramente unha das aspirantes indica que non estaban interesadas no traballo: Dna. Ana Isabel Eitor Vázquez, polo que renuncia.

Seguidamente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Mª Pilar Andrade Martínez, D. Antonio Bernal Gonzalez, Dna. Amparo Boullón Pérez, Dna. Isolina Caldelas Agrasar, Dna. Manuela Enrique Casal, Dna. Rosario Lestido Gerpe, Dna. Natalia Potel Saborido, Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo, Dna. Remedios Rodríguez Requejo, Dna Beatriz Saborido Dios, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

Dna. Isolina Caldelas Agrasar……………….. 5,50 puntos
Dna. Yolanda Vieites Dos Santos………….. 4,50 puntos
Dna. Remedios Rodríguez Requejo……….. 4 puntos
Dna Beatriz Saborido Dios…………………… 3,50 puntos
D. Antonio Bernal Gonzalez…………………. 3 puntos
Dna. Manuela Enrique Casal…………………. 2,50 puntos
Dna. Rosario Lestido Gerpe………………….. 2 punto
Dna. Natalia Potel Saborido………………….. 2 punto
Dna. Mª Pilar Andrade Martínez……………. 1,50 punto
Dna. Amparo Boullón Pérez…………………. 1,50 puntos
Dna. Mª Carmen Rodríguez Castrelo……… 1,50 puntos

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección: Dna. Isolina Caldelas Agrasar, e Dna. Yolanda Vieites Dos Santos.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Acta de selección de peóns en xeral.

En Pontecesures, a vinteseis de xuño sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 4 postos de peón en xeral do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 11 h. chamase ós/ás trinta e tres quince aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Ramona Agrasar Castrelo, Dna. Coral Agrasar Crespo, Dna. Mª Angeles Blanco Moreiras, Dna. Mª Concepción Castro Ferro, Dna. Stella Maris Comparada Mosquera, D. Miguel Devesa Lamas, Dna. Mónica Esperón Guerra, Dna. Mª Reyes Galán Castiñeiras, Dna. Mª Carmen Garabán Paz, Dna. Fuensanta Gascía Castro, Dna. Margarita García Castro, D. Bautista Gil Magariños, D. José González Castro, Dna. Vanesa Lafuente García, D. Genaro Lafuente Lestón, Dna. Monica Lafuente Otero, Dna. Susana Lagoa Jamardo, Dna. Beatriz Lamas Blanco, Dna. Nayra Martín Cabrera, Dna. Mª Teresa Mosquera Jamardo, Dna. Concepción Rodríguez García, Dna. Jesica Ruiz Iglesias, D. Agapito Sanchez Otero, Dna. Ana Serantes Codesido, Dna. Mª Begoña Souto Martinez, D. Marcial Villamarín Grela, e D. Antonio Villar Iglesias.

Non se presentaron: Dna. Yolanda Alvarez Angueira, Dna Rosa Blanco Blanco, Dna. Mª Soledad Carballeda Catoira e Dna. Mª Concepción Gimemez Silva.

Primeiramente duas das aspirantes indican que non estaban interesadas no traballo: Dna. Cruz Llerena Portas e Dna. Carmen Portas Troans, polo que ambas renuncian.

Seguidamente os/as vintenove aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

Dna. Ramona Agrasar Castrelo………………… 4,50 puntos
D. Agapito Sanchez Otero……………………. 4,50 puntos
Dna. Ana Serantes Codesido………………… 4,25 puntos
D. José González Castro………………………… 4 puntos
Dna. Mª Angeles Blanco Moreiras……………. 3,75 puntos
Dna. Concepción Rodríguez García……….. 3,50 puntos
Dna. Coral Agrasar Crespo……………………… 3,50 puntos
D. Antonio Villar Iglesias…………………… 3,25 puntos
Dna. Fuensanta Gascía Castro………………… 3,25 puntos
Dna. Nayra Martín Cabrera, …………………. 3,25 puntos
Dna. Jesica Ruiz Iglesias……………………… 3 puntos
Dna. Mª Reyes Galán Castiñeiras……………. 3 puntos
Dna. Margarita García Castro…………………. 3 puntos
Dna. Beatriz Lamas Blanco…………………… 3 puntos
D. Miguel Devesa Lamas……………………….. 2,50 puntos
D. Bautista Gil Magariños……………………… 2,50 puntos
Dna. Vanesa Lafuente García…………………. 2,50 puntos
Dna. Mª Teresa Mosquera Jamardo……….. 2,50 puntos
Dna. Monica Lafuente Otero………………….. 2,25 puntos
Dna. Mª Begoña Souto Martinez…………… 2,25 puntos
Dna. Mª Concepción Castro Ferro……………. 2 puntos
Dna. Stella Maris Comparada Mosquera…… 2 puntos
Dna. Susana Lagoa Jamardo…………………… 2 puntos
Dna. Mónica Esperón Guerra………………….. 1,50 puntos
Dna. Mª Carmen Garabán Paz………………… 1,50 puntos
D. Marcial Villamarín Grela………………… 1,50 puntos
D. Genaro Lafuente Lestón……………………. 1 punto

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección:
Dna. Ramona Agrasar Castrelo, D. Agapito Sanchez Otero, Dna. Ana Serantes Codesido, e D. José González Castro

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Acta de selección de peóns de construcción.

En Pontecesures, a vinteseis de xuño sendo as 10.45 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de peón de construcción do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, según os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 11 h. chamase ós/ás quince aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose D. Francisco Carril Portas, D. Francisco Dominguez Chazo, D. Diego Alejandro Dopazo Otero, D. Rafael Gomez Rodriguez, Dna. Dolores Pardal Moure, D. Juan Ramón Pardal Moure, Dna. Nieves Rodríguez Grela, D. Sergio Rumbo Moure, D. Manuel Sobradelo Vicente, Dna. Carmen Souto Durán, e D. José Juán Suarez Manteiga.

Non se presentaron: D. Miguel Custodia Llerena, D. Gerarado García Castromán, Dna. Mª Concepción Gimenez Silva e D. Juan Carlos Rumbo Moure.

Primeiramente os/as once aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

D. Juan Ramón Pardal Moure……………… 3 puntos
Dna. Carmen Souto Durán………………….. 3 puntos
D. José Juán Suarez Manteiga……………… 2,75 puntos
Dna. Dolores Pardal Moure…………………. 2,50 puntos
D. Sergio Rumbo Moure…………………….. 2,50 puntos
D. Manuel Sobradelo Vicente……………… 2,25 puntos
D. Rafael Gomez Rodriguez………………… 2,25 puntos
D. Francisco Carril Portas……………………. 2 puntos
D. Francisco Dominguez Chazo…………… 2 puntos
Dna. Nieves Rodríguez Grela………………. 1,50 puntos
D. Diego Alejandro Dopazo Otero……….. 1 punto

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección, D. Juan Ramón Pardal Moure, e Dna Carmen Souto Durán.
.
De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Acta de selección de persoal de limpeza.

En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 10.30 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 11 h. chamase ás sete aspirantas de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Antonia García Liñares, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo e Dna. Albina Salvete Tuñez.

Non se presentou Dna. Carmen Magán Castiñeiras.

Primeiramente duas aspirantes indican que non estaban interesadas no traballo ben por razóns de horario, ou por razóns persoais: Dna. Antonia García Liñares, e Dna. Albina Salvete Tuñez.

Seguidamente as catro aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo.

A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

– Dna. Delfina Pardal Pardal………………………… 2,75 puntos
– Dna. Begoña Coira Lafuente………………………. 2 puntos
– Dna. Mónica Pesado Taibo………………………… 1 punto
– Dna. Mª do Carmen Perez Bandín………………. 0,75 puntos

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Dna. Delfina Pardal Pardal.

De todo o cal se extendese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

I Trofeo de Piragüismo Pontecesures 2008.

Dentro do programa das Festas do Carme 2008, o luns día 7 de xullo, ás 17:30 horas celebrase no peirao de Pontecesures a proba de referencia para palistas das categorías alevín e infantil.

Información e inscricións no Club Náutico de Pontecesures, tfno: 609-762437

Organiza: Club Náutico de Pontecesures.
Patrocina: Concello de Pontecesures (Concellería de Xuventude e Deporte)
Colaboran: Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra