O luns 30 de xullo, primeiro pleno ordinario da actual corporación

Será ás 21 horas no salón de sesións da Casa do Concello, coa seguinta Orde do Día:

# Acta anterior.
# Moción do grupo de goberno sobre os pasos a nivel do municipio de Pontecesures.
# Resolución da alcaldía de data 12/07/07 sobre a composición e competencias da Xunta de Goberno Local.
# Resolucións da alcaldía. Dar conta.
# Informes da presidencia.
# Rogos e preguntas.

Coma sempre, faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno para teren información de primeira man da xestión municipal.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Resolución DOG: Ampliación tráficos da concesión do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada, Vilagarcía-Pontecesures

Sae publicado na sección de Anuncios da administración autonómica no D.O.G. de hoxe:

Resolución do 19 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de ampliación de tráficos da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2646; XG-279, Vilagarcía-Pontecesures, con anexos.
(más…)