Catro gaiteiros de Algueirada participan no concurso “Xiradela”.

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

Os gaiteiros do Grupo Folclórica ??Algueirada?, pertencente a ANPA do CPI Pontecesures, Adriana Rivas Seijo, Lorenzo Rivas Seijo, Eric Torres Naveira e Miguel Castaño (este último é o monitor) participarán o domingo 1 de abril no VIII Concurso de Música tradicional ??Xiradela 2007? que se celebra no Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo
No concurso de cuartetos, os integrantes citados interpretarán ??Vals tradicional? e ??Muñeira de Maio?
No concurso de solistas, Adriana Rivas Seijo interpretará ??Lixeiriña? e ??Muiñeira de Maio?, mentres que Eric Torres Naveira interpretará ??Muiñeira de Teixeira de Bao? e ??Xota de San Clodio?.
Dente a Xunta Directiva da ANPA desexámoslle moita sorte aos nosos gaiteiros neste prestixioso concurso de música tradicional.

Pontecesures, 30 de marzo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán

La Xunta mejorará el transporte escolar en Pontecesures e impulsará el comedor del Infesta

El delegado de Educación, José Armando Cristóbal Fernández, visitó ayer Pontecesures para conocer en persona las necesidades del colegio Infesta. Acompañado por Luis Álvarez Angueira (el alcalde) y por Luis Ángel Sabariz (edil independiente, presidente del APA y candidato del PSOE), el responsable de la Xunta comprobó las carencias que hacen que el alumnado del Infesta no crezca al ritmo previsto.
(máis…)

Novo administrativo para o obradoiro de emprego.

Por renuncia da titular Ana Luz Tarela Barreiro (pasa a ser traballadora da Xunta), o xoves día 22 de marzo comeza a prestar servizos como administrativa do obradoiro Carmen Iglesias González que reside en Pontecesures. Esta traballadora fora a segunda nas cualificacións do Grupo de Traballo Mixto logo da baremación e da entrevista celebrada na Delegación de Traballo de Vigo en xaneiro pasado.

Lista completa do PSdeG-PSOE para as eleccións do 27 de maio.

O sábado día 17 tivo lugar unha xuntanza dos membros que van integrar a candidatura do PSdeG-PSOE de Pontecesures para fixar os postos concretos na lista e para tratar varios temas relativos ás eleccións locais do 27 de maio.

A candidatura que se vai presentar ao partido para a súa aprobación pola Comisión de Listas é a seguinte:

1. Luis Angel Sabariz Rolán
2. Alfonso Diz Villar
3. Concepción Gómez Figueira
4. Raquel Lafuente Lafuente
5. Mª Teresa Gil García
6. Mª José Cajaraville González
7. Antonio Lorenzo Miguez
8. Mónica Calvo Moreno
9. Angel Manuel Fernández Lafuente
10. Lidia Andrade Domínguez
11. Marina Buceta Balado

Suplente 1º José Manuel Crego Carrillo
Suplente 2º Rosana González Penedo
Suplente 3º Manuela Senín Iglesias
Suplente 4º Rosa Iglesias Campos
Suplente 5º José Alfonso Iglesias Puente.

Quérese salientar a gran presenza de mulleres nesta ampla lista (10 de 16). Isto é moi importante para incorporar a cada vez máis mulleres de Pontecesures á vida pública municipal.
Este candidato quere agradecer aos integrantes da candidatura o seu interese por este proxecto que vai presentar o PSdeG-PSOE e quere comunicar á cidadanía de Pontecesures que o noso grupo vai traballar con ilusión e seriedade para defender á nosa vila e aos seus veciños.
A presentación oficial da lista será realizada nos vindeiros días.

Pontecesures, 19 de marzo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Candidato á alcaldía