Grave accidente de tráfico en O Pino. Un cesureño implicado.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na mañá de hoxe nunha curva da zona de Ameal, no termo municipal de O Pino, un Audi A3 guiado por una muller colisionou cunha furgoneta da empresa “Espina y Delfín” na que ían tres traballadores que se dirixian a Touro. Faleceu o traballador que ía no asento do copiloto, de 44 anos e natural de Bueu. Resultaron feridos os outros dous traballadores da furgoneta e a conductora do Audi.
A furgoneta ía guiada polo cesureño e traballador de “Espina y Delfin”, Rufino Diz García, que vive na rúa Ullán 52 (é o home de Mª Teresa Gil García que traballa na biblioteca de Pontecesures). “Rufo”, como así o coñecemos, está ingresado no Hospital Clínico de Santiago e, o parecer, ten contusións múltiples en cara e pernas pero o seu estado non reviste gravidade. Envíolle unha mensaxe de ánimo que fago extensiva á súa familia.

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-02-2007 ás 14:17

Confírmase que “Rufo” non ten lesións de gravidade. Recibeu puntos de sutura na língoa e perdeu algunha peza dentaria. Pola tarde vai ser intervido dun sionllo. Ten un estado anímico delicado pola perda do seu compeñeiro de traballo.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.