Nota íntegra sobre o «Ponlle a pilas ao teu bocata».
Unha vez máis se critica a nula difusión que fixo o goberno local desta actividade da Consellería do Mar organizada en colaboración co Concello de Pontecesures e que se celebrou hoxe na Plazuela de Pontecesures ás 10:30 horas. Nin un bando, nin un anuncio, nin publicidade algunha. Tan só na mañá de hoxe algúns pais/nais que leron o periódico antes das 10:30 horas, (como este concelleiro), atopamos unha breve nota de prensa, reaccionando con sorpresa ante a inminente celebración do acto. Por suposto o concello xa tiña información do día e hora dende hai tempo.
A pobre asistencia á actividade acto (pouco máis de 15 nenos/as, cando estaba previsto segundo os datos facilitados polo concello que chegaran a ir 50), foi o resultado do desinterese do goberno local por difundir esta nova.
Parece que ser que o acto estaba dirixido só aos nenos/as que participan na ludoteca do verán do Centro Social que ten lugar polas mañás, algo realmente censurable. Todos os nenos/as de Pontecesures (acudan ou non á ludoteca) deben ter a posibilidade de participar neste tipo de actividades e para iso hai que difundilas con todos os medios posibles. Por certo; a actividade estaba dirixida a nenos/as de entre 5 e 16 anos.
En fín; un acto moi interesante de fomento das conservas de mariscos e peixes que pasa practicamente desapercibido, despachándose apenas en tres cuartos de hora, quedando mal ademais o concello coa Consellería do Mar pola nula difusión e a escasa asistencia de nenos/as.
Estiveron eso sí na actividade o concelleiro de Educación, Servizos Sociais e Deportes, Roque Araújo, e a concelleira de Muller, Xuventude e Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela que deron un agradable paseo nunha mañá de bo tempo, tratando de xustificar así a retribución que perciben ámbolos dous pola dedicación exclusiva e que pagamos todos.
Pontecesures, 24/08/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
24 comentarios
Lola Flores · 25-08-2011 a las 11:30
Sabariz ,Sabariz como te duele no estar gobernando ,nada te vale de lo que estan haciendo estos,todo son criticas….
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-08-2011 a las 12:10
Non son críticas por sistema, «Lola Flores». Resultou lamentable que un acto dirixido a nenos/as de 5 a 16 anos fora un auténtico fracaso pola falla de difusión, e que só se contase cos asistentes á ludoteca (por certo, poucos había ese día en dita ludoteca). Evidentemente recibín queixas de pais e de veciños en xeral e a obriga da oposición é informar e criticar esta desidia do goberno local. Lembra que temos tres tenentes de alcalde con dedicación exclusiva. Cando se acepta que veña a Pontecesures unha actividade da Consellería do Mar, ou doutra administración ou institución, é que se estima interesante para a veciñanza, neste caso os nenos/as, e hai que volcarse potenciando a mesma.
Non é cuestión de dores. Por suposto que cando me presentei ás eleccións aspiraba a seguir no goberno, sería de hipócritas non recoñecelo. Pero seis concelleiros de tres forzas forman o goberno e outros cinco, tamén de tres forzas, estamos na oposición. O papel que me toca é estar nesta última, e mentres siga sendo concelleiro debo cumprir coas obrigas de informar, propoñer e fiscalizar. Para iso formo parte da corporación.
Caminante · 25-08-2011 a las 16:36
Acertada denuncia e acertado comentario do señor Sabariz.
Eu dende logo, repito EU, de nada me enterei e van dúas veces nos últimos vinte días.
Creo que xa poucos actos hai no concello, para que os que hai non nos enteremos.
Iso, non mo tome como unha crítica pero creo que todo Pontecesures sabe que tres concelleiros cobran tres adicaccións exclusivas. Simplemente quitaría iso, a reiteración, o resto, intachable.
javahacks · 25-08-2011 a las 13:46
Xa está o Saba a poñer él mesmo as pilas a todos…
Agora xa sei quen foi o artista que creou a publicidade de IKEA
ESTÁ TODO MAL!!!!
o palillo · 25-08-2011 a las 14:27
que razon tes LOLA FLORES nada do que fai o novo goberno esta ben feito .SE?OR SABARIZ non cree que chegaron eses 2 conselleiros para estar neste acto» CLARO para vostede o mais normal e que fora toda corporacion .ESO e o que facia o antigo goberno . TODOS O MONTON QUE POUCO SON. deixe traballar a quen esta que cada quen pensa a sua maneira .UNHA COUSA di vostede que eses 2 conselleiros deron un gran paseo . si lle chama pasear a eso vostede en 4 anos recordolle que non fixo mais que pasear .pd PARA VER O LIXO NOS OLLOS DOS DEMAIS PRIMEIRO TEMOS QUE VER O NOSO .RELAGESE.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-08-2011 a las 23:17
O problema, «palillo», non foi que foran dous concelleiros. Foi que non foran os nenos pola nula difusión que fixo o goberno local.
? certo, traballei e estiven en moitos actos dándose sempre a publicidade axeitada. Gran diferenza: Non cobraba e os tres tenentes de agora si.
Becquer II · 26-08-2011 a las 21:04
Una cita vergonzosa
ninguna convocatoria
cuatro gatos, poca historia
con Ceci, Roque y esposa.
o palillo · 26-08-2011 a las 21:43
señor sabariz: a caso foi contar vostede os nenos que había nese acto? ou son noticias que lle chegan da boca de outra xente?. Non todos os actos teñen o mesmo resultado. E referenta ao do soldo eso é o que vostede di . Só vós, os tres en punto o sabedes e de ser como vostede di parécelle pouco soldo o que cobraba a señora maribel cartos. Deixese de dicir que son tres conselleiros a cobrar porque o soldo non é tan elevado (podía ser menos, é verdá, pero tamén bastante máis , como vostede sabe). En vez de preocuparse dunha tontería coma esta porque non vos preocupades de resolver os problemas do pobo?????? Que algúns son bastante máis graves.
pd.: deixe gobernar a quen está e dentro de catro anos as seleccións falarán por elas mesmas ou pa ben ou pa mal, relájese non se extrese que aínda queda moito tempo.
Caminante · 27-08-2011 a las 03:12
Non estou dacordo, «palillo». Independentemente que dentro de catro anos as urnas «dicten sentencia», ata daquela a función da oposición é a de controlar ao goberno e denunciar, acertadamente neste caso, os erros do equipo do goberno.
Niso consiste a democracia, ou o que entendemos como tal.
Por certo, cales son os problemas do pobo?
outro · 27-08-2011 a las 10:54
Despois do que se anda dicindo na entrada dos 6 anos de Pontecesures.net, referido á moderación, comentarios fora de tema, comentarios ofensivos ou insultantes, teño que dicir, O Palillo, que o te último comentario para min ofensivo, porque ofende á intelixencia. ¿Tan difícil é de entender que os comentarios teñen que ir sobre a entrada? ¿Liches o que dixo Antonio de facer un resumo do comentario a ver se sae algo relacionado coa entrada? Dislle a Sabariz que se «relaje» ¿pero tan difícil é vivir sen pensar uns minutiños en Sabariz?
A entrada vai de alimentación, Consellería, Concello, asistencia, publicidade ó acto e a ti todo o que se che ocorre é preguntarlle a Sabariz se estaba alí para contar os nenos o se llo dixeron ¿Non te das conta da irrelevencia da pregunta?
Veña, home, a ver se entre todos somos quen de darlle un pouco de «nivel» ó debate.
Perdón a todos por este comentario meu tan fora de tema coma o de O Palillo. Gustaríame que unha vez que estivera exposto un tempo, como estivo o de O Palillo, os dous desapareceran desta entrada e mesmo do apartado de moderados. E repito ó mesmo referido ós primeiros comentarios de Lola Flores, Javajacks e O Palillo.
o palillo · 27-08-2011 a las 16:18
mira CAMINANTE repitoche ati tamen hai actos que salen mellor uns que outros e non por eso hai que andar a falar do novo governo senpre pa mal´´que pasa nunca fan nada ben ou que . referente os problemas do pobo preguntalle o teu amigo que el seguro que o sabe para eso se encarga de preguntalo todo dalle igual a quen.o peor e saber como resolbelos porque hai cousas que tiñan que deixar eles feitas e deixaronas sin resolber e agora que o aregle quen esta . PD OS CIDADANS NON TEMOS CULPA DOS MALES QUE TE?EN ENTRE ELES PERO O FINAL SOMOS QUEN NA PAGAMOS.
Caminante · 27-08-2011 a las 20:32
«Palillo», supoño que saberás que o señor Sabariz forma parte da oposición, e que a súa laboura é a denunciar o que el cree que o actual goberno fai mal.
Outra cousa moi distinta é que a ti non che guste esta labor, a min as veces paréceme cómica pero non neste caso, pero queiras ou non, gusteche ou non, este é o cometido da oposición, que o fin non é outro que desgastar ao goberno.
Nunca escoitaras a un político na oposición falar ben do grupo de goberno, e viceversa.
Polo demáis, perdeste en planas explicacións.
Nesta entrada, estou totalmente dacordo co señor Sabariz.
Amigo do señor Sabariz, por que? por darlle a razón?.
Señor Sabariz, agora que somos amigos poderiamos se iso quedar para cantar un tema no seu karaoke?
Tachenko · 28-08-2011 a las 09:58
Non entendo moi ben, dis que o concello tiña previsto que acudisen 50 nenos, e logo dis que so ía dirixido os nenos que acuden a ludoteca.
¿Cantos nenos van a ludoteca entón?. Por saber, mais nada, como non me entero de nada…
Luis Angel Sabariz Rolán · 28-08-2011 a las 10:56
A critica «Tachenko» foi pola nula difusión, e porque a actividade fora dirixida só aos nenos da ludoteca, cando o normal era que fose unha actividade para todos os nenos do municipio de entre 5 e 16 anos.
Sí, o concello fixo unha previsión de 50 nenos. Non coñezo a cifra exacta dos nenos inscritos para a ludoteca. Pero o que está claro é que uns días van uns, outros días van outros, nunhas horas da mañá hai máis, noutras horas menos. Temos un dato concreto: o día 23 de agosto ás 10:30 horas había por aí uns 15 que asistiron na Plazuela ao «Ponlle as pilas oa teu bocata».
Lola Flores · 28-08-2011 a las 14:36
Y yo me lo creo,sabiendo que lo controlas todo,que no sepas cuantos niños van a la ludoteca,pues me parece que 45,lo que tu deseas ,es que fracase el Roque Araujo y compañia…
Luis Angel Sabariz Rolán · 28-08-2011 a las 17:19
Mira «Lola Flores» estamos a falar a raíz da entrada do fracaso estrepitoso da actividade en cuestión pola nula difusión da mesma, non dos nenos que van á ludoteca.
Se sabes que son 45 os inscritos, pois xa tes a información. Ágora ben; ás 10:30 horas do 23 de agosto apenas había un tercio desa cifra. Non sei onde irían os outros 30.
Lola Flores · 28-08-2011 a las 18:22
Pues si a las madres no le di la gana de mandarlos ,por los motivos que fueran ,llama a Paco lobatón y que te los busque…
outro · 28-08-2011 a las 21:09
A ver, Lola Flores, iso de que foron 45 ¿quen cho dixo? ¿Manolo o do bombo?
Lola Flores · 29-08-2011 a las 12:23
TU sabes leer outro,yo no dije que fueran 45 niños a la plazuela ,que van a la ludoteca ,me lo dijo Sabariz que lo niega ,pero lo sabe todo…..
outro · 29-08-2011 a las 16:48
Sei ler, Manolo o do Bombo… ¡Perdón, quería dicir Lola Flores! ¿en qué andaría pensando?… o certo é que me trabuquei na miña expresión de que «foron» 45 en vez de «eran» 45 os inscritos.
Pero mira ti por donde, Manolo… ¡Perdón, quería dicir Lola Flores!, que o que a min me andaba na cachola era quen che dixo a ti que eran eses 45 os inscritos na ludoteca. E non me digas que Sabariz xa o sabía (non me interesa o mais mínimo).
Segundo intento: ¿quén cho dixo, Lola Flores? ¿? posible que fose Manolo o do Bombo?
Lola Flores · 29-08-2011 a las 17:40
Cada uno es libre de pensar lo que quiera ,yo no estoy jugando a detectives,ultima respuesta para outro..
outro · 29-08-2011 a las 23:08
¿Alguén negou a libertade de pensamento, Lola? Perdón, Manolo… Alborada.. Chiquitas.. ¡qué líoooooo!!!!!… ¿Detectives? Non me fagas rir… é tan evidente…
Lola Flores · 30-08-2011 a las 12:29
Reir me rio yo a carcajadas,de verdad que mal vas amigo DESPISTAR HACER PERDER LA PISTA ,A LOS QUE SE CREEN LISTOS COMO TU….
Antonio Cortés · 30-08-2011 a las 13:27
Por favor. Que os comentarios non sigan outra liña que sexa diferente ó tema da entrada.
Os últimos comentarios son en «modo Chat», cousa que non é esta web.