A festa da lamprea e a prensa

Publicado por Antonio Cortés en

Estamos xa a venres e non teño constancia de novas nos xornais dixitais (que son os que podo ver dende o sur) da Festa da Lamprea. Non sei de que maneira o concello xestiona a comunicación institucional, so sei que non o fai ben.

Un exemplo claro témolo en que a única referencia atopada (hoxe) non é dunha nova dunha edición xeral de Galicia, nin dunha nova da edición Arousa, é da edición Deza-Tabeirós da Voz de Galicia (ver nova), que ven a ser unha entrevista ó pregoeiro.

Fai un mes estaba a ver na televisión, nun canle de cociña (non me preguntedes porque vexo esas canles 😉 ) e atopeime cunha reportaxe sobre a lamprea, saía a festa, a preparación … estaba quedo, mirando aparvado, todas esas imaxes, veciños, e esa exaltación desa importante riqueza gastronómica que temos: A Lamprea.

Agora parece que pasa o de sempre, non facemos publicidade do noso, e esperamos que nos coñezan, esperamos ter presenza e so temos silencio. A miña moza leva un gabinete de comunicación e fai milagres: Para a apertura dunha pequena tenda de zapatos consigue que a prensa (televisión, radio e xornais) esté alí, no noso caso temos producto, temos historia, temos bo facer … pero non teñen constancia, nin os noso veciños, nin os forasteiros, nin a prensa. Non dúbido que a TVG esté na festa, só faltaría o contrario, só que tiñamos que estar antes.

Categorías: Turismo

1 comentario

Carmen Barreiro · 24-03-2006 a las 10:58

Si, pois non esperes, que creo eu que esto non pasa do de tódo-los anos, a TVG e pouco máis?
Non temos unha boa concejalía de turismo, se é que a temos?. porque sincéramente dúdoo moito.
Unha pequena anécdota:
Hai un par de anos fun á feira de turismo de Silleda: Turiocio. Bueno, pois eu diríxome o stand de ulla-umia a ver que atopo de Cesures e danme un cartel de TODOS CON BEA, que era o único que tiñan do municipio.
DE BERGO?A!!!!!
Logo en Enero fun a FITUR (Feira Internacional de Turismo) e observo que tódo-los concellos dos arredores (Padrón, Valga, Catoira?) estaban presentes dalgún modo, e Cesures ausente coma sempre.
¿De que te extrañas? Se nin folletos no stand de TURGALICIA?.
E sen falar dunha oficina de Turismo que está pechada dende que se comprou?. !Menos mal que estamos no camiño Portugués a Santiago e no da Ria de Arousa! que sinon?.
Nin nos mapas apareceríamos!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.