Rotura hai tempo dun taboleiro das canastras do peirao

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

O taboleiro dunha das canastras de baloncesto da pista polideportiva descuberta situada no peirao rompeu e desplomouse ó chan hai máis dun mes por mor posiblemente dos ventos e das choivas sen que, afortunadamente, alcanzara a ninguén.

Dende a caída permanece alí a canastra sen uso algún e dando unha imaxe de abandono que prexudica á institución.

Solicítase así á alcaldía que se repoñan ámbalas dúas canastras colocando taboleiros novos (os que están nesta pista son de interiores e así púdrense co auga) resistentes para que os nenos/as poidan practicar o baloncesto sen ningún tipo de risco.

Pontecesures, 31 de marzo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


4 comentarios

Romano · 4-04-2006 a las 00:39

Pero ¿Quén é o concelleiro de deportes?

Refoxo · 5-04-2006 a las 13:04

Está bien que se arregle, pero siempre y cuando se cuide el material. En esas pistas desde luego nunca se ha cuidado el material. Por otra parte, que pinta en una pista de deporte, una monumento para la gente que anda en monopatín. Ese tipo de obras hay que colocarlas en otro lugar, no ahí donde está.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-04-2006 a las 14:05

Recoñezo que foi un erro colocar alí o xogo para patinar. Os campos de xogo desta pista exterior foron repintados recentemente e as porterías son practicamente novas. Agora o deterioro máis importantes (canastras ó marxe) e a verxa perimetral que está destrozada en varios puntos. Tamén a acumulación de area no espazo colindante coa pista (como coñecemos véndense áridos nesta zona do peirao) as veces prexudica ás instalacións (verxa e terreo de xogo). Sería necesaario corrixir todas estas deficiencias.

MartoV · 5-04-2006 a las 14:41

A rampla esa volveu a ser unha das tantas cafrada dos nosos politicos ou politicuchos. Resultou que mediante un tempo moitos xovenes cesureños adoitaban a patinar polas ruas ou plazas do pobo pero debido a non sei que extraña razon non gostaba (ou non gostaban os xovenes que practicaban ese deporte) A polizia local como non, dedicouse a multar e «asustar» a todos os xovenes que simplemente levaban a cabo ese deporte, multas de 25000pts e demais ameazas… Vergonzoso pero certo, asi funcionaba o noso pobo e dubido que cambiase a situacion. Pola contra os xovenes reclamaron ao concello que se fixese unha pista para patinar ou un simple «half» mismo mobilizaronse mediante unha recollida de firmas. O concello respondeu que non era tan necesario e ademais moi custoso pero sin facer ningun negocio cunha tenda de deportes que financiase a obra a cambio de publicidade na mesma (como se fixese por exemplo en padron) Resumindo pasaron de todo, enton ahi atrás levaron a cabo esa «rampla» feita por xente inexperta en ese tipo de instalacions unha rampla cun grao altisimo de peligrosidade e casi imposible de sacarlle utilidade porque pola contra si xogas na pista ao futbol ou baloncesto perxudica seriamente pero bueno. «Se queren patinar que vaian a Pista a romper a cabeza e asi non molestan» asi para ben ou para mal eu creo que para mal funciona o noso concello que mediante obras tontas intentan agochar as necesidades

Un Saudo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.