El Concello y la ANPA instan a Educación a dotar al colegio de comedor escolar

Publicado por Carmen Barreiro o

*Representantes del gobierno local y de la ANPA del colegio de Infesta mantuvieron una reunión para estudiar la posibilidad de instalar un comedor escolar financiado por la Consellería de Educación en el colegio de Infesta. Ambas partes consideran positivo que se implante este servicio para frenar la pérdida del alumnado que se produce en la actualidad debido a esta carencia.*

En el encuentro barajaron varias opciones para ubicar el comedor, como ampliar las instalaciones del colegio o utilizar las viejas viviendas de los maestros cuando estén desafectadas. En breve solicitarán una reunión con el subdirector xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos, Juan Porrúa Pardal, para solicitarle que la Consellería de Educación realice una inversión en el colegio con el objetivo de dotarlo del servicio de comedor.

DIARIO DE AROUSA 05/05/2006


13 comentarios

canso · 5-05-2006 ás 09:17

comedor e xornada continuada ¿?

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-05-2006 ás 09:59

Como presidente da ANPA comunico que a xunta directiva desta asociación sempre tratou de que o colexio contase con comedor. Para nós é fundamental co fin de potenciar o centro (pódese deter a perda de alumnado por traslado dos nenos a outros colexios con este servizo coa conseguinte supresión de unidades escolares, facilitase ó traballo de pais/nais, etc..) e non queremos misturar isto co tama da xornada única ou partida, coas pasadas votacións ou coas posturas de cada persoa ou agrupación política.

Martin T. · 5-05-2006 ás 21:28

Eu non creo que mereza a pena ter comedor xa que creo que a maioria dos alumnos viven preto do colexio. A pérdida de alumnado débese mais ben a que Valga e Padrón contan con institutos onde despois da E.S.O. poden seguir ali a sua formación, ben bachiller ou ben en Ciclos Formativos, e para a xente lle é mais cómodo matriculalos ali dende un principio e non aqui e logo ali. Esa é a miña opinión.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-05-2006 ás 11:58

En varias asembleas de pais/nais moitos asistentes solicitaron o comedor (bastantes nais de nenos pequeniños por razóns de traballo).
A perda do alumnado débese sobre todo a que unha vez superada a educación infantil no noso centro, algúns nenos/as de primaria vanse para o colexio de Baño-Valga por que teñen servizo de transporte (incriblemente hai 2 paradas en Pontecesures para alumnos do CEIP de Baño -A Charca e Redondo-) e comedor gratuito.
Tamén hai nenos/as que se van, por outros motivos, a colexios concertados ou privados (San Fermín en Caldas, Peleteiro, Alca, etc..) pero o problema fundamental é o comentado anteriormente.

canso · 8-05-2006 ás 09:15

Por suposto que merece a pena o comedor, mentras non sexa obrigatorio non lle debe molestar a ninguén. Reforzar o ensino público implica reforzar os centro en todo tipo de dotacións para facer máis fácil o acceso ao traballo da muller e dar máis descanso aos avós. Se queremos potenciar o ensino público temos que potenciar os centros que é o lugar ideal no que deben estar os nenos.

uxia · 1-03-2007 ás 16:03

Independientemente que teñamos comedor ou non, o ter xornada partida ,pois claro que pode ser un motibo moi grande pa perder alumnos
xa que a maioria queremos a xornada ùnica… e pensamos na posibilidade de cambiar de colexio.
Esa e a miña opiniòn, sauduños.

24h · 1-03-2007 ás 19:01

A algunha faille falta a xornada única, pero de 24 horas. Eu apoio iso de que cambien de colexio.

Paspallás · 2-03-2007 ás 00:20

Uxía, isto e un atraco, xornada única mais comedor…isto e un atraco…Dame a impresión que os únicos interesados na xornada única son os maestros.

nai · 2-03-2007 ás 10:01

Eu son unha nai traballadora con xornada partida interésame o igual que moitos pais na miña situación o comedor no colexio porque así os nosos fillos non se teñen que mollar a medio día cando chove,nin teño que ter unha persona pendente dos rapaces a esas horas.En canto a xornada única sería unha de tantos que teríamos que coller os nosos fillos e cambialos de colexio pois non tería forma de conciliar traballo con fillos. Son das que penso que son os mestres os que mais tiran pola xornada única,pois si a un pai lle costa traballo levar o fillo a tarde o colexio creo que tamen lle vai costar levalo despois as actividades, co ben que se está na casa, quentiño e en zapatillas no inverno. E a miña idea e non quero faltar a nadie.

24h · 2-03-2007 ás 15:53

Talmente.
Pero xa vai sendo hora de que neste debate, año tras año, se empece a falar do que é mellor para os nenos e nenas; non para os pais, nen para as nais, nen para os avós, nen, por suposto, para os mestres. Nen tampouco para o medio ambiente…

uxia · 8-03-2007 ás 16:10

Pois pr iso
pensando nos cativos,nos o menos,
queremos que salga a ùnica
pero bueno, imos ver que pasa…
tamos nun pais libre ¿non?
Pois o que o pobo diga

nai · 9-03-2007 ás 09:41

Alguén me pode informar da lei a hora das votacións para a xornada única, segue igual ou consigueuse algún cambio. Gracias.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-03-2007 ás 11:42

O procedemento para a implantación da xornada lectiva única para os centros de infantil, primaria e básica aparece regulado na Orde la Consellería de Educación de 13 de abril de 1993. Por Orde de 25 de xaneiro de 1999 aplicase a normativa anterior tamén aos Centros Públicos Integrados. A Orde de 18 de xuño de 2002 modificou o artigo 1 da Orde de 1993 en canto á tramitación do expediente.
Os requisitos seguen a ser os mesmos: acordo de dous tercios do censo no Claustro, no Consello Escolar e no colectivo de pais/nais (un voto por familia neste último caso).

Deixa una resposta a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.