Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre o Concurso de Redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O vindeiro luns día 29 de maio ás 17,30 horas celébrase na biblioteca do CPI Pontecesures a entrega de premios do Concurso de Redacción «LETRAS GALEGAS 2006» no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria de catro colexios da comarca: CEIP «Ferro Couselo» de Cordeiro-Valga; CEIP de Baño-Valga; CPI «Progreso» de Catoira e CPI de Pontecesures.

Neste 2006 corresponde a organización do acto a este ANPA (xa levamos varias edicións e vai rotando a organización entre as ANPAS dos distintos centros) e no acto de entrega de premios (están convidados os alcaldes dos tres concellos) haberá unha charla da filóloga Elvira Riveiro Tobío sobre a obra de Manuel Lugrís Freire.

Os traballos que participan no concurso son individuais, manuscritos, en galego e sobre tema libre e mañá xoves día 25 ás 16,00 horas reúnese o xurado no colexio de Pontecesures que está composto por representantes do profesorado dos tres centros.

Coa organización deste evento as catro ANPAS queren potenciar o uso do galego na nosa comarca.

Para rematar, quérese salientar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra con este acto.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.