A ACP vaise presentar ás eleccións locais 2007.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

No día de onte tivo lugar unha xuntanza dos membros desta agrupación independente para tratar aspectos relacionados co funcionamento do concello, a gobernabilidade do mesmo e as necesidades a plantexar fundamentalmente en materia de obras e servizos.

O único concelleiro da agrupación Luis Angel Sabariz Rolán, que agora está na oposición, e o ex-concelleiro Alfonso Diz Villar deron conta das iniciativas e suxerencias presentadas e das tarefas de fiscalización e control realizadas sobre as últimas actuacións do alcalde e do grupo de goberno do concello.

A conclusión máis importante desta xuntanza é que esta agrupación decideu presentarse ás eleccións municipais do vindeiro ano. Considerouse moi negativo ó labor do alcalde e do grupo de goberno BNG-IP e esta agrupación considera que é unha forza política que ten moito que aportar na defensa dos cidadáns de Pontecesures como grupo independente sen ter que depender de instruccións ou directrices superiores de partido algún. Impórtanos a nosa vila e imos continuar a traballar para a súa mellora.

Vanse facer xestións para incorporar a máis persoas na agrupación e quérese reiterar á opinión pública que imos acudir con gran ilusión ós comicios locais 2007.

Pontecesures, 27 de maio de 2006


11 comentarios

calamar · 29-05-2006 ás 12:15

Estamos todos de noraboa, contaremos outra vez co partido “bicefálico” mais veleta de todos os tempos, a incógnita está hacia onde vai ir?a esquerda? a dereita? non vai? e cales van a ser as suas novas propostas? Xa me imaxino o programa, non sei si pactaremos cos de aqui ou cos de ali, nin se imos ir con estes ou aqueles, segundo veña o vento..e tamén me pregunto se seguirán usando o lema “nos preocupamonos por pontecesures” e todos contentos,!deixen o comodín¡ e propoñan algo de seu.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 ás 12:40

Dende 1999 e ata que fomos expulsados do grupo de goberno, sempre apoiamos o BNG. Explicamos as razóns no seu día, como tamén explicamos porqué perdimos a confianza no actual alcalde. Non se pode predecir o futuro pero sí afirmar que cumprimos ben o noso lema da última campaña electoral: “Seriedade e traballo”
Nesta agrupación non hai bicefalia e, por suposto, comunicaremos as nosas propostas con tempo. Somos optimistas e penso que obtendremos bós resultados nas urnas. Cada día máis xente me demostra que confía en nós.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 ás 12:59

Xa me esquecía. Pídolle a Calamar que non arroxe tinta sobre nós, non somos veletas. Lóxicamente, os demáis grupos é posible que prefiran que abandonemos, pero queremos continuar con ilusión. E o noso dereito e a ninguén lle debe molestar.

calamar · 29-05-2006 ás 13:17

Se non hai bicefalia, podeme decir cantos membros son agora na acp? 3? 4? e non me molesta que sigan na política, paréceme ben ,eu o mellor voto por vos , e que xa me convenciches co lema “seriedade e traballo” e o de “desde” 1999 quedou perfecto. Respecto o de bos resultados nas urnas, refirese a ir de de primeiro e sair elexido? exito rotundo !chave maiúscula da gobernabilidade pontecesureña!

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 ás 13:38

Por suposto, somos máis de “tres ou catro” da lista que presentamos en 2003 e estamos tratando de incorporar xente. Eu non son dos que ando por ahí tirando “faroles”. Non temos reunións secretas pero tampouco estamos agora para dar máis detalles. Cada cousa ó seu tempo.
Claro que aspiramos a obter máis dun concelleiro. Imos loitar por iso a pesar de non ter voto de partido. En gañas e traballo seguro que non somos superados. Ah! Calamar, conto to teu voto.

calamar · 29-05-2006 ás 13:54

lembrolle un provervio chino que di que o importante non e traballar moito , senon traballar ben por que cando o traballo esta ben feito avánzase (7 anos, espero que sepa por que o digo). E é lóxico que non queira dar mais detalles,(só as mentes mais agudas sabran o motivo), o que non comprendo é esta nota (in-des)formativa, xa que como vostede di , “non e o momento de dar máis detalles” (non se estará autopublicitando, non?)

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 ás 14:23

Home, en sete anos traballamos o que pudemos e as veces con erros. Pensa que no goberno que estaba había bastantes máis concelleiros ca mín.
Hai que ter tamén certa discreción sobre e xuntanza que tivemos o venres. A nova máis importante foi que o grupo preséntase de novo ás eleccións e así se anuncia. Houbo tamén debate sobre outros aspectos e sobre a gobernabilidade actual. Sacamos conclusións internas moi importantes.

calamar · 29-05-2006 ás 14:26

Pois moi bien, e cando as compartirás con todos nos? informa a plebe, como bo valedor!

Fátima · 29-05-2006 ás 15:38

Pero ti non ves que non e momento de que o faga público…
Senón pon sobre aviso á competencia…. Un bo contrincante nunca revela as súas cartas ata o momento clave…

Romano · 30-05-2006 ás 00:07

Este Calamar é sospeitoso. Para estar en augas profundas pretende saber demasiado, salvo que sexa un ex-membro da ACP. Pode ser un nostálxico que quere volver.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2006 ás 15:06

Penso que Romano non debe atacar a Calamar. Está claro que é unha persoa próxima á vida municipal, que non simpatiza coa ACP e que desexa coñecer cousas e de “tirarme da lingua”, pero as súas intervencións foron correctas.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.