Os máis pequenos do Basket Rio Ulla pechan a temporada este sábado

Publicado por fru o

Os equipos alevín e benxamín (8 a 11 anos) do Club Baloncesto rio Ulla vai acudir O Grove a un torneo de clausura da temporada de baloncesto 2005-06 organizado polo Club Baloncesto Meco do Grove. Dito torneo vaio ser durante a xornada do sábado 17 de xunio, pero nesta “xornada de convivencia” os nenos e nenas van ter oportunidade de participar noutras actividades coma un paseo polo pobo do Grove en “chiquitren” ou unha visita á ria nun catamarán que ten o fondo de cristal, para poder ir vendo o fondo do mar.                                          

Dende aqui aproveitamos para agradecer esta invitación realizada polo club local e esperemos que os rapaces o disfruten. Con este torneo o club Rio Ulla pecha a temporada 2005-06 ata despois de agosto.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.