Preguntas da ACP sobre o consumo de combustible
Para que sexan respostadas polo Sr. Alcalde no Pleno do 28-06-06 Que se celebrará ás 21,00 Horas.
PREGUNTA Nº 1.-As 10,37 horas do xoves día 5 de xaneiro de 2006 o Patrol de obras M-3287-LS reposta na estación de servizo ??A Palmeira? de Redondo 58,76 litros de gasoil por un importe de 54 ?. O mesmo vehículo carga na mesma estación de servizo 52,23 litros de gasoil (48 ?) ás 10,03 horas do sábado día 7 de xaneiro de 2006.
Tendo en conta que o venres día 6 de xaneiro foi festivo (día de Reis): ¿Cómo é posibel que na xornada do xoves día 5 o Patrol consumira 58,76 litros de gasoil percorrendo 489,67 quilómetros, computándose un consumo de 12 litros por cada 100 quilómetros?.
PREGUNTA Nº 2.-Quedamos no texto anterior en que o Patrol cargou 52,23 litros de gasoil ás 10,03 horas do sábado día 7 de xaneiro de 2006. Pois ben; o mesmo sábado 7 reposta de novo o coche ás 14,16 horas con 63,12 litros (58,01 ?).
¿Cómo é posibel que en catro horas dun día en que non traballa a brigada de obras se consuman en 4 horas 52,23 litros de gasoil, percorrendo 435,25 quilómetros có criterio exposto anteriormente?.
PREGUNTA Nº 3.-¿Cómo se explica que haxa unha doble repostaxe na mañá do sábado día 7 de xaneiro do Patrol de obras cando ese día non traballa a brigada de obras?.
PREGUNTA Nº 4.-¿Pódeme dicir qué traballadores de obras prestaron servizo o sábado día 7 de xaneiro e cal foi a razón para que o Patrol de obras saíra da nave almacén do concello ese día e cargara pola maña un total de 115,35 litros de gasoil?.
PREGUNTA Nº 5.-Quedamos en que o sábado día 7 de xaneiro de 2006 ás 14,16 horas o Patrol cargou 63,12 litros de gasoil. Pero xa ás 9,13 horas do martes día 10 de xaneiro de 2006 o tan citado vehículo repostou de novo con 61,36 litros de gasoil (57 ?).
Tendo en conta que o día 8 de xaneiro foi domingo e o luns 9 foi festa local en Pontecesures: ¿Cómo é posibel que o patrol de obras consumira na tarde do sábado 7 e nos dous días festivos a cantidade de 63,12 litros de gasoil, facendo un percorrido de 526 quilómetros?
PREGUNTA Nº 6.-O sábado día 18 de febreiro de 2006 ás 11,48 horas o Patrol de obras repostou 51,12 litros de gasoil (48 ?). O mesmo fixo o luns día 20 de febreiro de 2006 ás 12,47 horas (50,05 litros; 47 ?), o mércores 22 de febreiro ás 10,48 horas (53,25 litros; 50 ?) e o venres día 24 de febreiro ás 8,40 horas (50,79 litros; 48 ?)
¿Cómo é posibel que en seis días (entre o 18 e o 23 de febreiro de 2006 cun sábado e un domingo polo medio) se subministraran no Patrol de obras 154,42 litros de gasoil facéndose un percorrido neses días de 1.286,83 quilómetros?
Pontecesures, 27 de xuño de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
2 comentarios
pionsinho · 27-06-2006 a las 14:28
Hai que ser constructivo… porque en vez de preguntar todo eso, non facedes unha proposta:
PROPOSTA: Dadas as grandes cantidades de gasoil consumido pola patrulla de obras, nalgúns casos facendo medias de velocidade superiores ás de coches de rali nos tramos. Queremos propoñer que se dote ao vehiculo de obras con xaula protectora, baquets con cintos de seis anclaxes, así como mono innifugo clase 2 FIA para cada obrero, casco, botas e guantes.
E si pode ser, avisarnos dos horarios e recorridos para velos pasar a esas velocidades de 109km/h o sabado 7 de xaneiro. A vosa brigada fixo que salta nos rasantes.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-06-2006 a las 15:04
Quero facer un chamamento para que os veciños acudan masivamente ó pleno de mañá xa que no apartado de rogos e preguntas o alcalde debe respostar a estas 6 preguntas é as 17 do PP relacionados co consumo desorbitado de gasoil.
Tamén quedan pendentes outras preguntas que o alcalde non quixo responder no pleno ordinario de abril (varias sobre presuntas irregularidades)
Sempre e mellor, para xulgar a actitude de cada quén, asistir ós plenos. Recíbese información de primeira mán e non a que se conta interesadamente por ahí.
Como nos últimos tempos, ACP vai pedir que ó rematar o pleno haxa unha quenda de rogos e preguntas do público. O alcalde non permite isto pero vou insistir para que se acepte esta medida de participación cidadá e de normalidade democrática.