Nota da ACP sobre o pleno ordinario celebrado o 28-06-06
En relación coas respostas dadas polo alcalde sobre as contínuas e desorbitadas cargas de gasoil ó patrol de obras en 2005 (18 preguntas do PP que aparecen nesta páxina) e do primeiro bimestre de 2006 (6 preguntas da ACP que tamén aparecen nesta páxina) no citado pleno, comunícase o seguinte:
1-As respostas non convenceron para nada a este concelleiro e pareceron unha burla e un insulto á intelixencia de calqueira.
2-O alcalde quere virar a situación dicindo que a oposición ten a culpa de todo.
3-Non deixou o presidente ningunha opción para rebatir as súas contestacións e vímonos na obriga de interrumpilo pola cantidade de mentiras que estaba dicindo nas súas respostas. Tampoouco nos deixou facer unha valoración final e levantou a sesión con cobardía. Tivemos que quedar no salón de plenos e explicar a nosa valoración ós veciños que quedaban a esas horas da noite.
4-O alcalde dixo que a maioria do consumo era porque deixaba o patrol ó Club Náutico. En 2005 eu penso que o patrol prácticamente non se usou por este club (noutros anos sí) que utilizou a súa furgoneta. Nin así dan as contas e falou de desprazamentos para adestramentos no primeiro e no último trimestre do ano que non cre ninguén.
5-Falou doutras xustificacións incribles e así dixo que ás veces levábanse garrafas no patrol contabilizadas como se fosen botadas no depósito do coche, de que estas garrafas eran para un tractor dun traballador que prestaba o vehículo e para coches que ían na Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, de numerosas avarías que nada teñen que ver co excesivo consumo, de que o «chivato» non funcionaba, de que o día de fin de ano cargouse gasoil para encender o bombeo da Barca cando se demostrou que o coche estaba avariado, etc..
6-As respostas provocaban as gargalladas do público mentras o alcalde desencaixado daba puñetazos na mesa e gritaba dabondo.
Este concelleiro continúa afirmando que é imposible que se subministrasen esas cantidades de gasoil ó patrol de obras sospeitando que as cargas se facían a outros vehículos e nos tikets aparece a matrícula do patrol do concello. Hai que averiguar agora de que vehículos se trata e clarexar todo o sucedido nos últimos anos co combustible de obras.
Por razóns de espazo non é posible agora comentar máis cousas. Só insisto en que as explicacións foron patéticas.
2 comentarios
kaka-tua · 29-06-2006 a las 20:51
¿Agora que queda? ¿Acudir ós xulgados? ¿E quen vai a cantar? Nestes días creo que houbo tempo para «tapar» os presuntos chanchullos e agora ninguén fai «soltar» o que sabe… ¿Salvará o pescozo Angueira e os seus? Camiño imos delo, e de que a oposición quede de atacar o deporte local, en concreto ó naútico. ¡Que malos van a ser os da oposicion!
¿Angueira dando puñetazos na mesa? ¿E tería a vena do pescozo hinchada? O que hai que leer. El hai anos alporizaba ó dictador Piñeiro, e agora outros fan o mesmo con él!!! Ja ja ja. LAstima non poder velo pola tele.
¿Pero que pasou que hoxe a prensa (polo menos en Internet) non falou nada do pleno?
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-06-2006 a las 12:09
Recoñezo que doeume a intervención do alcalde cando me dixo no pleno a gritos: «Sabariz, vou a avisar á policia local para que entre no salón, porqué vde, pode facer calquera cousa». Trátame coma un delincuente, un alborotador cando eu na miña vida non tiven problemas con ninguén. Esa idea de mín é a que quere trasladar ós veciños con evidente mala intención. Lamentable.
Ademáis o alcalde está obsesionado coa seguridade nos plenos cando nunca houbo alteracións da orde nas sesións. Neste do día 28 fixo vir a dous policias locais (por suposto causando gastos ó concello por traballos fora da xornada laboral que hai que aboar ós axentes)sen xustificación algunha.
Como cambian os tempos. Quén recoñece agora o Sr. Alvarez Angueira facendo uso das forzas de seguridade ante concelleiros, veciños e incluso sindicalistas, cando na década dos 80 falaba da represión policial, do antimilitarismo, da disolución dos corpos represivos, etc.. Verdadeiro transformismo.