Paralizan o peche dunha finca por exceder a altura legal e impedir o acceso ó río Ulla
O Concello de Pontecesures entregou onte o decreto de paralización dos traballos, sen embargo, por tratarse dun festivo de convenio, os obreiros do promotor Constantino Taibo Tojo non acudiron onte a traballar.
A obra conflictiva estase a levar a cabo nunha finca de considerables dimensións coñecida como A Papeleira ¯un eucaliptal que no seu día foi propiedade de Papelera Española e hoxe o é de Constantino Taibo¯ que é un terreo incluido na zona de protección de Costas e que linda cun marxe do río Ulla e tamén coa vía férrea Coruña-Vigo.
As obras en cuestión provocaron xa máis dun enfrentamento entre os veciños da zona e os propios traballadores que executan as obras.
Os veciños, que xa presentaron diversas queixas no Concello, aducen que o peche se constrúe cunha altura moi superior á permitida na licenza. Na zona afectada pola vía férrea o cerre é de troncos de madeira por esixilo así ADIF, que non permite peches de obra, pero elevouse antes a cota da rúa Cantillo con formigón e agora a altura total é moi superior .
ACP, que se fixo eco do malestar veciñal, indicou tamén que o promotor cerrou a finca no linde coa vía do tren xusto cando remata o talud e o balasto da vía. Queda así dentro da finca unha tubería de saneamiento municipal que vai ó río Ulla e hai que plasmar por escrito acordos co propietario que garanten que se poida entrar na finca e arranxar posibles avarías na conducción .
Outra das cuestións que molesta ós veciños e que tamén recolleu a Agrupación Cidadá de Pontecesures é o feito de que se estén a construir bases de formigón para instalar cuadras para animais sen ningún tipo de licenza. Estas cadras preténdese instalar a uns 20 metros das vivendas que terían que soportar malos cheiros constantemente. Esto é gravísimo pois calquera actividade de estabulación de gando ten que ter licenza tramitada polo Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas .
Sen embargo unha das cuestións que máis enfada ós veciños é que as obras pechan unha zona de paso ata o río dende a rúa Cantillo e paralela á vía do ferrocarril, moi utilizada dende sempre por bañistas, pescadores e cidadáns en xeral .
:: Diario de Arousa ::
10 comentarios
Tiroliro II · 25-07-2006 a las 17:27
Xa vedes que Sabariz convírtese en referente da oposición. A pé de obra e posicionándose cos veciños. ¿Porqué non colle os cabalos e os porcos Tino Taibo e os leva para Taragoña ó lado da casa de Angueira?. Con gando ou sen el en Cesures todo cheira mal.
Diego BonitoConMexillon · 26-07-2006 a las 01:17
Xa que falamos de San Xulián pareceme ben(demasiad) q cesen as obras do cerre da papelera como veciño pero non apoyo ós veciños que se enfrentan ós obreiros porque eles serán uns mandados nó que o único responsabel é o propietario da finca.
Agora haber canto tempo votan así porque xa non había moito sitio para aparcar,agora inda menos.
por outra banda querrialle pedir ó concello un recolector mais da basura,para a parte da ruca cantillo-Do pilar, xa que non é a primeira vez q as bolsas están depositadas no chan porque os outros dous están a tope de bolsas e os animais roenas e queda todo asqueroso mais do cheiro q hai.
Gracias
Bécquer II · 27-07-2006 a las 09:54
A la gente del Cantillo
el amigo Tino exprime
les quiere echar el «molime»
pasándose de listillo.
Tiroliro II · 27-07-2006 a las 11:26
Moita xente do pobo enterouse que tres valentes mulleres puxéronse diante da máquinaria impedindo que se construisen as cortes para o gando preto das casa do Cantillo. Como cambia á vida. Angueira, con moita xente do bloque, acampado hai anos diante do Náutico para impedir unha cacicada de Piñeiro Ares que ía impedir saír os barcos para o río, e agora na zona onde se criou de San Xulián provoca a rebelión popular dos veciños ó permitirlle a un promotor facer o que lle da a gana. Como a cantiga de Pedro Navaja «La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida».
Se foran os anos 80 ou 90 o BNG faría ós seguintes carteis:
¡Viva a revolución do Cantillo!
Tres mulleres heroínas como Marisa Angueira, Carmen Amoedo e Rosita a filla da «Palleira» plantan cara a un alcalde tirano e a un especulador. Veciños de San Xulián ¡Tomemos o concello! ¡Abaixo as cacicadas!.
Xa fora de bromas. Doulle o meu apoio incondicional a esta xente da rúa Cantillo. Non abandoedes a loita. Contades con moita xente da vosa parte. Me dixeron ademáis que Sabariz non sae de alí estes días e a ese téñenlle respeto.
Diego BonitoConMexillon · 27-07-2006 a las 14:42
Hay que darlle un voto a Sabariz kagondiola que se pasa mañan e tarde diante da casa donde se criou o señor alcalde.
Veño e marcho de/para traballar e Sabariz alistá.
Caesme ben Sabariz
Moscón · 27-07-2006 a las 17:21
Amigo Tiroliro, hai outra muller que tamén se puxo diante da máquina me dixeron. A cuarta muller foi Lidia a neta da Palleira e filla de Rosita. Sombrerazo tamén para ela.
Como lema a berrar nunha posible manifestación ó seguinte:
NO CANTILLO
NIN DE CO?A
LEVA O GANDO
A TARAGO?A
Vaticanista · 27-07-2006 a las 23:04
Pola rúa Cantillo pasa a camiño Portugués do Xacobeo e o Apostólo Santiago protexerá ós seus veciños. O máis triste do alcalde é que non defende o barrio onde naceu. E unha ouvella negra e descarriada que traiciona ós seus amigos e veciños de toda á vida. Iso tamén fixo Xudas con Xesucristo. ¿Quén vendeu ós do Cantillo? LUIS ALVAREZ ANGUEIRA.
Tiroliro II · 28-07-2006 a las 17:55
O peor de todo é que Angueira naceu no Cantillo de San Xulián e unha persoa que esquece os seus orixes e prexudica ó barrio onde se criou non ten sentementos. Prefire a Tino Taibo que ós amigos cos que xogou dende neno. ¡Vaite co capital Angueira!. Os do Cantillo son humildes pero van coa cabeza alta e o alcalde ó pasar pos alí ten que facerse o avión.
kaka-tua · 28-07-2006 a las 20:15
Angueira ten unha crise con el que non se lambe! ¿Será a crise dos 40? Nin sabe de onde é nin se preocupa. So mira polos intereses da familia (postos de traballo, urbanismo, deixar a rúa dos pais de p. madre, emprego para os seus do Bloque etc) O concello elle unha excusa para poder seguir sendo interino no seu posto de traballo, pois despois de 20 anos non ten a praza de profesor quitada! Así que mentras estea ahí, coma se fose todo del!!! E cree que pode mexar polo pobo, ja ja ja!
Moscón · 28-07-2006 a las 21:07
¡Qué traidor o alcalde! Prometeu á xente de San Xulián hai tempo que iba facer un parque infantil na papelera cunha cesión de parte dos terreos.
E un mintireiro e ademáis permite que se peche ó paso ó río dende o paso a nivel. Dende sempre houbo unha zona de paso ata o río e por alí pasamos todos, tamén o alcalde.
Dende estos días non se pode facer. Tivo que ser Angueira o que permitira esta desgracia. Pasará á historia como o alcalde do Cantillo que vendeu ós seus veciños.