O cesureño Jesús «Chus» Abalo presenta hoxe a súa Tese Doctoral

Publicado por fru en

O noso veciño Chus Abalo, licenciado en bioloxía, estivo preparando estes últimos anos o seu doctorado, que xira entorno ós primeiros anos de vida das lampreas, na fase larvaría nas orillas do Ulla. As aplicacións da súa tese terían que ver cas dificultades de reproduccion da lamprea en medio artificial, pois reproducir as condicions de vida das mesmas, nos anos que permanecen medrando no Ulla é complicado, xa que habería que reproducir tanto o escenario onde se crian, coma o alimento que inxiren. Na preparación da súa tese traballou con membros da universidade de Oslo, Noruega, e mantivo contactos ca zona lampreeira do Canadá, onde son pioneiros na investigación das posibilidades de acadar a reproduccion das lampreas en granxas.

De todolos xeitos, as conclusións ás que chegou na tese, as presenta hoxe, a partires das 11 da mañán na facultade de bioloxía.

Como cesureño, forma parte do Club de Baloncesto dende 1995. Sorte pois!!!


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.