As herbas nos camiños de Porto

Publicado por Antonio Cortés o

Un veciño de Porto ven de enviar un par de fotografías do estado, polas herbas, dos camiños de Porto.

Herbas en Porto: Premer para ampliar Herbas en Porto: Premer para ampliar

Premer sobre cada foto para ampliar

Este veciño incluía, xunto ás imaxenes, os seguintes versos:

San roquiño, San roquiño,
Ven pronto para que nos
Limpen o camiño

Podedes seguir mandando as imáxenes e calquera nova, información, anuncio a admin @ pontecesures.net para seres publicado.

Categorías: Sin Categoria

6 comentarios

Paspallás · 7-08-2006 ás 00:10

Como se nota que Sabariz xa non está no goberno e non pode facer nada para que se corten as herbas.

kaka-tua · 7-08-2006 ás 20:03

¿E logo, ia Sabariz a arrancar as herbas dos camiños? Pois eu nunca o vin ca funda posta… ¿E o Alcalde que temos que pasa, non sabe mandar a limpeza dos camiños? Pois que marche para casa… de Rianxo e deixe ós cesureños cos seus problemas!
¿Qué lles diches Sabariz para que te añoren? ¿Seriedade e Traballo? ¿políticas de camiños e corredoiras? Jo jo jo !!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-08-2006 ás 09:56

Home “kaka-tua” xa me criticas por estar en todo e aínda querías que me puxera a funda para arrancar as herbas dos camiños de Porto. Como coña vale, pero xa sabes que ese non é o cometido dos concelleiros. Ademáis non podería ó non estar asegurado na empresa….
Tratei sempre, eso sí, de que os camiños estiveran limpos e ademáis doutras cuestións tamén hai que coidar en Pontecesures os camiños e as corredoiras. ¿Porqué non?

Moscón · 8-08-2006 ás 18:33

Aínda non temos o auditorio, Maribel. Teatro, puro teatro…

tita · 17-08-2009 ás 19:29

que vergoña que teñamos que esperar a que sean as festas do san roque pa que limpen os camiños..

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2009 ás 19:52

O das herbas e a maleza nos camiños é un problema sí, sobre todo cando chove bastante e logo fai sol. Case sempre hai que esperar a contar con persoal dos programas de cooperación de desempregados. Rematas nunha zona, limpas en outra, e xa está a primeira con maleza. Non é doado.

Deixa una resposta a Moscón Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.