Carta íntegra de Sabariz a Anxo Quintana sobre discriminación política na selección de persoal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado 14 de agosto tivo lugar na casa do concello de Pontecesures a entrevista para seleccionar un conserxe para edificios para 8 meses (programas de fomento do emprego da Consellería de Traballo) e foi enviada unha relación pola Oficina de Emprego de Vilagarcía de 6 traballadores/as residindo unicamente en Pontecesures unha delas.

Sorprendentemente non foi seleccionada ningunha e o alcalde o propio 14 solicitou á Oficina de Emprego mais candidatos para complementar o listado (ampliación do sondeo). Como práctica xeral nestes casos sempre foi seleccionada a candidata residente no municipio para fomentar o emprego no mesmo e valorando que para ser conserxe precísase coñecer o termo municipal.

O grave disto é que a traballadora de Pontecesures foi rexeitada non polo contido da entrevista (os datos que lle preguntaron pouco ou nada tiñan que ver co cometido a realizar ou coa experiencia ou corrículo) senón porqué está casada cun cuñado deste concelleiro, actualmente na oposición. Tratóuseme de castigar e así Angeles Barreiro Ferro non foi seleccionada con clara discriminación política.

Isto xa foi denunciado nos medios e o alcalde,cunha absoluta falla de respecto, trátame coma enfermo mental ó dicir que a miña actitude «raia na paranoia».

Pois ben; a Oficina de Emprego enviou despois da petición do alcalde outra candidata (só unha), tamén de Pontecesures, que, como estaba previsto, foi seleccionada para o posto marxinando á miña familiar. E unha segunda inxustiza xa que:

1-A miña familiar ten unha antigüidade como conserxe na Oficina de Emprego de varios anos, mentres a candidata seleccionada de tres días, pois foise a apuntar, por consello de alguén, o día 11 de agosto cando a lista xa fora elaborada e enviada ó concello.

2-Demorouse a contratación desta muller ata o 1 de setembro para darlle tempo a traballar nunha substitución de persoal na Xunta de 4 ou 5 días a partir do 21 de agosto, e así non perder dereitos de cara a unha futura contratación pola administración autonómica.

Para comprobar todo isto solicitei comprobar o expediente no concello e o alcalde autorízame a facelo nada menos que o 3 de novembro. Tiven entón que facer as comprobacións en Vilagarcía tras pedir autorización alí.

No pleno do pasado 30 pregunteille á concelleira nacionalista Margarita García Castro, que estivo no tribunal entrevistador, que razóns foron as que motivaron que Angeles Barreiro Ferro fora rexeitada o 14 de agosto para seren conserxe sendo a única candidata. Para a miña sorpresa a Sra. García Castro manifestou que non era a persoa «adecuada» para o posto sen concretar as razóns a pesar da miña insistencia.

Houbo un caso parecido en 2004 xa que o BNG (en especial un dos concelleiros) non quería contratar polo programa Labora á única candidata de Pontecesures envíada pola Oficina de Emprego por fóra na lista do PP en 2003. Daquela eu, que estaba no goberno, non permitín iso e a traballadora foi contratada.

Prégolle a vostede que interveña neste tema pois resulta incribel que no BNG se permitan este tipo de marxinacións. Ocupa vostede o cargo de Vicepresidente da Igualdade e dende ese cargo escóitanse tódolos días mensaxes para evitar discriminacións. Que maior desigualdade e marxinar e rexeitar unha persoa por razóns políticas.

Dende logo en Pontecesures estas actitudes do BNG lembran os tempos mais escuros das persecucións políticas e provocan o enfrontamento dos cidadáns. Aquí o clientelismo e o amiguismo nas contratacións e práctica habitual. Pero agora xa non só son contratados amigos e simpatizantes, senón que se impide ó acceso dos familiares dos membros da oposición aínda que sexan os únicos candidatos.

Pontecesures, 1 de setembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán. Concelleiro ACP

SR, D. ANXO QUINTANA GONZÁLEZ
PORTAVOZ NACIONAL DO BNG


10 comentarios

Vaticanista · 2-09-2006 a las 11:13

Non te podes enfadar Sabariz. A elixida me dixeron que foi unha tal Carmen Dios. Lóxicamente sempre e mellor elixir a Deus nas nosas vidas. Mira que ben queda: Maribel e o BNG deciden que «Dios» este no concello.
Con tristura aprecio que xa retiraron aqueles crucifixos que había nas oficinas. Con ledicia teño que dicir que Deus volta a reinar no concello de Pontecesures.

Paspallás · 3-09-2006 a las 00:36

Moi ben Vaticanista. Así cando lle chamen o alcalde ¿Con quén está vostede? respostará: Estou con Dios.

Tiroliro II · 3-09-2006 a las 17:04

Boa idea a da carta Sabariz, pero gardarase nun caixón no mellor dos casos. Poder dicir o que queiras pero a túa cuñada esta fóra e os discriminadores son os que dirixen o cotarro.
Pero home que esperabas que che dixera Margarita «a Xuliana» no pleno. Esta perde a cabeza polo alcalde que o seu guía, o «conducator» dende a nenez. Estando Angueira por medio e para defendelo esquece a súa formación, a traxectoria da súa familia e o que faga falla. Un sorriso do bombeiro-toureiro para ela é a mellor mediciña nesta vida.
Admiro a túa valentía, Sabariz, porqué non te arrugas ante as provocacións, pero ten coidado coa garda pretoriana e outros acompañantes forofos de Angueira. Vanse quentar en canto se aproximen as eleccións e non é a xente que está ahí. Son perigosos.

Paspallás · 5-09-2006 a las 01:08

Quintana non lle contesta a Sabariz nin por asomo. Estará mirando se as súas xemelgas manteñen a igualdade.
Non atopo nesta páxina a nova «La fotocopìadora de la discordia» cos seus interesantes comentarioa. Administrador Cortés ¿Onde está?

Tiroliro II · 5-09-2006 a las 13:00

Pois e verdade, desapareceu a nova que dí Paspallás e os seus comentarios. ¿Haberá censura?

Antonio Cortés · 5-09-2006 a las 14:55

Fora de tema: No meu weblog persoal está unha explicación de este comentario así coma unha reflexión persoal sobre esta web, os comentarios mellor no meu weblog que aquí.

http://weblog.dr-zippie.net/pontecesures-situacion

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-09-2006 a las 19:16

Penso que debe voltar á páxina a entrada «La fotocopiadora de la discordia» cos comentarios adecuados. Deberíanse eliminar só os que o administrador considere improcedentes.

Antonio Cortés · 5-09-2006 a las 19:42

Sabariz, Xa estaba visible, e coma comentaba, os comentarios sobre eso e similares no meu weblog e non nesta web …

Bécquer II · 19-09-2006 a las 18:07

Quintana leyó la denuncia
dicen que le sentó mal
en Santiago el personal
estudia ya la renuncia.

En el Náutico sigue estando
las mañanas sin excepción
en músculos será un campeón
como alcalde fracasando.

Sólo o acompañado
se mete en el edificio
la alcaldía es un suplicio
tiene el pueblo abandonado.

Paspallás · 20-09-2006 a las 00:09

Bécquer II recolle o sentimento do pobo que comenta a realidade cotiá de Pontecesures e do alcalde que é o persoeiro principal.
Se o alcalde co equipo de goberno fixera algo polo pobo e non escapara dos plenos, ou non levantara sospeitas co gasoil, non lle dera traballo á familia ou ós amigos do BNG, ou non se doblegara ante Tino Taibo, seguro que o poeta faría versos agradecidos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.