Preguntas que formula a ACP ao alcalde para que resposte hoxe no pleno.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

PREGUNTAS QUE FORMULA O CONCELLEIRO DA ACP AO SR. ALCALDE DE PONTECESURES PARA RESPOSTAR NO PLENO ORDINARIO DO 27-09-06.-

PREGUNTA Nº 1.-Manifesta vostede o día 24 de setembro nos medios de comunicación que este concelleiro molesta, persoalmente ou por teléfono, e interrumpe as tarefas diarias do técnico de emprego, arquitecto, axentes de policía, secretaria, bibliotecaria e demáis empregados engandindo que os traballadores déronlle as queixas polo meu xeito de proceder. ¿Podería dicirme qué traballadores concretos queixáronse ante vostede?.

PREGUNTA Nº 2.-Hai tempo solicitei no concello que se fixeran xestións para atopar un terreo axeitado onde celebrar as festas do lugar de Carreiras en xaneiro de 2007. ¿Podería dicirme como van estas xestións e se temos xa solucionado este tema?.

PREGUNTA Nº 3-Ao figurar na factura ??Sr. Alcalde y acompañante?¿Con quén comeu vostede o día 28 de outubro de 2005 nun restaurante de Pontecesures e qué relación con temas do concello tiña a comida?.

PREGUNTA Nº 4-A mesma pregunta pero referida á comida do 3 de novembro de 2005.

PREGUNTA Nº 5-A mesma pregunta pero referida á comida de 18 de novembro de 2005.

PREGUNTA Nº 6-A mesma pregunta pero referida á comida de 28 de novembro de 2005.

PREGUNTA Nº 7-O día 31 de outubro de 2005 comeu vostede no mesmo restaurante co xerente da empresa Turnauga e un acompañante. ¿Podería dicirme os datos do xerente e que asunto de interese municipal xustificou esta comida?.

PREGUNTA Nº 8-No pleno ordinario de agosto a concelleira do BNG Margarita C. García Castro reconoceu que a miña cuñada Angeles Barreiro Ferro era a única traballadora de Pontecesures que enviara a oficina de emprego de Vilagarcia o día 14 de agosto para seren conserxe xunto con outras 5 persoas doutros municipios. Afirmou asi mesmo a concelleira nacionalista que se pediron máis traballadores á oficina porque Angeles Barreiro non era a ??adecuada? para o posto. ¿Qué razóns ou impedimentos observou vostede para que esta traballadora de Pontecesures non fose seleccionada para ser unha simple conserxe?¿Cáles son esas causas para considerala inadecuada?.

PREGUNTA Nº 9-Das cinco limpadoras que enviou a oficina de emprego o día 14 de agosto seleccionouse xusto a única que non estaba empadroada en Pontecesures. ¿Qué criterio se utilizou na entrevista para efectuar esta selección?.

PREGUNTA Nº 10-Por orde súa, non funciona a fotocopiadora existente na planta alta do concello e alí permanece desconectada e sen uso algún. Os traballadores que están nesa planta teñen que subir e baixar para utilizar a fotocopiadora de abaixo cando disponen dunha a carón deles. ¿Cándo pensa vostede ordear que se poña en marcha a fotocopiadora de arriba?.
PREGUNTA Nº 11-O promotor Constantino Taibo Tojo está a oucupar o cauce dun regato na rúa Sagasta que é de titularidade pública ¿Qué medidas vai tomar vostede para impedir a usurpación do terreo?.

PREGUNTA Nº 12-O espazo de terreo que vai dende o paso a nivel de San Xulián, na rúa Cantillo, ata o río Ulla, paralelo á vía do tren, continúa pechado e así non se pode acceder á zona marítimo-terrestre. ¿Qué xestións fixo vostede para que ós veciños poidan acceder ao río por ese camiño, como fixeron toda a vida?.

PREGUNTA Nº13-Hai unha gran confusión e desinformación na vila pola posible ubicación dun parque empresarial e se está a facer un claro electoralismo con este tema.¿Cándo pensa convocar vostede unha xuntanza de veciños, empresarios, corporativos e técnicos de Xestur, para falar seriamente do parque empresarial?

PREGUNTA Nº 14-Practicamente en tódolos tickets de combustible da estación de servizo de Redondo figura a sinatura do mesmo traballador do concello. ¿Este traballador sempre estivo presente cando se botaba o gasoil no depósito dos vehículos ou asinaba os tickets con posterioridade?

PREGUNTA Nº 15-Teño constancia de que, aproximadamente, dende mediados de decembro de 2005 non circulaba por avaría o Patrol de obras. Tiña inservible o eixe da transmisión dianteira e encargouse unha peza de reposto que tardou varios días en chegar e adaptarse ás medidas do vehículo municipal nos Talleres Santiago Iglesias S.L. (Nissan de Vilagarcía). O vehículo foi reparado o 3 de xaneiro de 2006 (factura nº 06*000061 de 05-01-06) colocándolle a nova transmisión. ¿Cómo explica vostede que un coche avariado faga unha carga de gasoil por importe de 47 ? na estación de servizo de Redondo ás 20,37 horas do 31 de decembro de 2005?. ¿Cómo fixo o empregado municipal para levar o Patrol na noite de fin de ano para repostar?.

PREGUNTA Nº16-No Pleno de 28-06-06 formulei a seguinte pregunta:

??As 10,37 horas do xoves día 5 de xaneiro de 2006 o Patrol de obras M-3287-LS reposta na estación de servizo ??A Palmeira? de Redondo 58,76 litros de gasoil por un importe de 54 ?. O mesmo vehículo carga na mesma estación de servizo 52,23 litros de gasoil (48 ?) ás 10,03 horas do sábado día 7 de xaneiro de 2006.
Tendo en conta que o venres día 6 de xaneiro foi festivo (día de Reis): ¿Cómo é posibel que na xornada do xoves día 5 o Patrol consumira 58,76 litros de gasoil percorrendo 489,67 quilómetros, computándose un consumo de 12 litros por cada 100 quilómetros??

Vostede manifestou no pleno, que neses días, ademáis de cargarse gasoil nos depósitos do Patrol, levouse tamén combustible en garrafas para os coches que participaron na Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, recoñecendo que os tickets son incorrectos pois imputóuse o gasoil ao vehículo cando se levou parte en garrafas. ¿Qué traballadores levaron as garrafas?. ¿Onde e a que hora se botou o contido das garrafas neses vehículo?. Quén o fixo?..

PREGUNTA Nº 17.-Quedamos no texto anterior en que o Patrol cargou 52,23 litros de gasoil ás 10,03 horas do sábado día 7 de xaneiro de 2006. Pois ben; o mesmo sábado 7 reposta de novo o coche ás 14,16 horas con 63,12 litros (58,01 ?).
¿Cómo é posibel que en catro horas dun día en que non traballa a brigada de obras se consuman en 4 horas 52,23 litros de gasoil, percorrendo 435,25 quilómetros có criterio exposto anteriormente?.

PREGUNTA Nº 18.-¿Cómo se explica que haxa unha doble repostaxe na mañá do sábado día 7 de xaneiro do Patrol de obras cando ese día non traballa a brigada de obras?.

PREGUNTA Nº 19.-¿Pódeme dicir qué traballadores de obras prestaron servizo o sábado día 7 de xaneiro e cal foi a razón para que o Patrol de obras saíra da nave almacén do concello ese día e cargara pola maña un total de 115,35 litros de gasoil?.

PREGUNTA Nº 20.-Quedamos en que o sábado día 7 de xaneiro de 2006 ás 14,16 horas o Patrol cargou 63,12 litros de gasoil. Pero xa ás 9,13 horas do martes día 10 de xaneiro de 2006 o tan citado vehículo repostou de novo con 61,36 litros de gasoil (57 ?). Tendo en conta que o día 8 de xaneiro foi domingo e o luns 9 foi festa local en Pontecesures: ¿Cómo é posibel que o Patrol de obras consumira na tarde do sábado 7 nos dous días festivos a cantidade de 63,12 litros de gasoil, facendo un percorrido de 526 quilómetros?.

PREGUNTA Nº 21.-O sábado día 18 de febreiro de 2006 ás 11,48 horas o Patrol de obras repostou 51,12 litros de gasoil (48 ?). O mesmo fixo o luns día 20 de febreiro de 2006 ás 12,47 horas (50,05 litros; 47 ?), o mércores 22 de febreiro ás 10,48 horas (53,25 litros; 50 ?) e o venres día 24 de febreiro ás 8,40 horas (50,79 litros; 48 ?)
¿Cómo é posibel que en seis días (entre o 18 e o 23 de febreiro de 2006 cun sábado e un domingo polo medio) se subministraran no Patrol de obras 154,42 litros de gasoil facéndose un percorrido neses días de 1.286,83 quilómetros?

PREGUNTA Nº 22-Despois da denuncia de consumo excesivo de gasoil en marzo de 2006 do Patrol de obras (8 ou 9 repostaxes ao mes), nos meses de abril e maio o consumo descendou moitísimo (1 ou 2 repostaxes ao mes). ¿Cómo é posibel semellante descenso do consumo? ¿Deixáronse de facer traballos ou de arranxar avarías de repente?

Pontecesures, 26 de setembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.

.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.