Sabariz contesta ás acusacións do alcalde en TV SALN?S.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En lugar de debater nos plenos, o alcalde prefire contar na televisión local as súas mentiras ou verdades a medias para tratar, sen que ninguén lle poida rebater as opinións, de gañarse aos veciños. Fixo un mitin á desesperada porque cada vez máis poboación coñece as evidencias sobre a deficiente xestión que está a facer o alcalde.

Minte o alcalde ao dicir que non botei unha man no tema dos lumes. Por falta de medios, de coñecementos e porque non me atopaba no municipio en algún intre, non participei na loita directa. Sí fixen moitas xestións para a limpeza de fincas particulares polo perigo de incendio, para que voltase o subministro de enerxía e o teléfono en Grobas e Fenteira tras os lumes, para que unha cuba estivese preparada por se avanzaba o lume ata as casas en San Xulián, O Castro ou Chan de Marco, etc.. O alcalde nin convocou a oposición para nada e tiven que ir enterándome dos acontecementos como podía. O Sr. Alvarez Angueira veume persoalmente en Cortiñas e tamén en Grobas (sobre as 3 de madrugada a víspera do gran incendio cando avanzaban as chamas ata alí) e agora trata de dicir que estiven ausente.

Critiquei que a canle de regadío estivese baleira os días dos incendios e que non se conseguira o tractor cisterna. Ridiculiza o alcalde isto dicindo que o tractor non houbera feito nada cando sabe que no monte evidentemente non, pero preto das casa por suposto que sí. Houbo meros conatos de lume nos prados de Condide e tivo que vir a motobomba de Valga. Os veciños apreciaron estas deficiencias e a oposición ten a obriga de comentalas.

Segue o alcalde sen identificar aos acompañantes das comidas dicindo que foron interesantes para o pobo e afirmando ademáis que eu tamén comía cando estaba gobernando. Falso, as poucas veces que fun a comidas do concello sempre estiveron identificados os asistentes e o motivo da comida.

Minte o alcalde ao dicir que eu quería meter á miña cuñada a toda costa. Repito: de Vilagarcía a oficina de emprego envíou 6 aspirantes (5 de fóra e a miña cuñada). Como non lle quedaba máis remedio que collela, pideu máis candidatos. Nunca se fixo isto en sete anos e sería contratada de tratarse de calqueira outra persoa da vila. Discriminación política pura e dura.

Minte o alcalde no tema do gasoil e non explica as evidencias. En 2006 o Náutico non utilizou o Patrol para nada e nas preguntas que enviei aos veciños figuran datos demoledores (dobles repostaxes nun día, carga co coche avariado na noite de fin de ano 2005, garrafas no día da cabalgata que non veu ninguén, etc..). Que se deixe o alcalde de utilizar ao Náutico e aos deportistas. Penso, de tódolos xeitos, que o asunto vai rematar no Xulgado. Por certo, eu pedínlle disculpas á estación de servizo porque quero deixala fóra disto. Pero no concerniente ao concello sigo e seguirei adiante para tratar de que tódolos cesureños saibamos o que pasou.

Minte o alcalde ao dicir que atranco o traballo do persoal cos meus escritos e que xa tiña os datos a disposición cando estiven no goberno (denuncia ao Valedor do Pobo). E coñecedor o Sr. Alvarez Angueira de que preciso datos posteriores a febreiro de 2006, e algún, os funcionarios do concello, poden facilitarmo en dous minutos.

Minte o alcalde dicindo que a oposición só pon atrancos a todo e non apoia nada. Dende que deixei o goberno houbo 6 plenos ordinarios e o goberno local nestos meses só incluei en todas estas sesións un asunto para adoptar acordo. Os outros foron vacíos de contido (só informes da presidencia e rogos e preguntas). Aprobáronse mocións da oposición (ferrocarril, Finsa e Nestlé, novo réxime de sesións, etc..). O alcalde por non presentar, nin presentou os orzamentos 2006.

En fin xa non vou a seguir por seren asuntos moi reiterativos. Estou seguro que o alcalde, se estivese eu alí o outro lado da mesa para debater, outro galo cantaría porque alí non podería levantar a sesión. Haber se no pleno ordinario de outubro (mércores 25) da a cara porque as preguntas acumúlanse.


13 comentarios

Aturuxo · 6-10-2006 a las 20:08

Respecto ó tema dos incendios dúas cousiñas:

1. Atopo lóxico que a oposición critique as actuacións do alcalde cando estas son merecedoras de tal pero, ¿qué prioridade hai que establecer nun caso como o dos incendios?. Refírome a que criticas que o alcalde non convocou á oposición; ¿e que non érades conscientes da situación ou qué? ¿qué é prioritario; convocar á oposición ou apagar o lume?. Dos acontecementos enterácheste como todolos veciños, nin máis nin menos; foi unha situación impredecible e con moitos frentes abertos ¿qué queríades? ¿un gabinete de crisis? ¿Qué hai criticable en apagar ó lume ou evacuar ós veciños? ¿Qué fixo a oposición, qué fixo ACP, qué fixeches tí en concreto?. Eu vinte na Barca á apuntar nun papel, pero coller unha mangueira na man, non.

2.¿De qué xestións falas?. Como membro da oposición, ¿qué competencia tes para levar a cabo a xestión da limpeza das fincas?. ¿Teño que entender que o desbroce e limpeza de leiras que se está a levar a cabo é gracias ás túas xestións? Porque se tí tes competencia para tomar esas decisións volvemos á eterna pregunta ¿porqué non se fixo antes? Falas dos veciños do Castro e Chan de Marco; a leira de Saborido e a finca do castro metían medo, ¿porque non tomáchedes medidas antes?. Ah!, deberías falar cos veciños de Grobas; xa che diran o que pensan do alcalde.

Paspallás · 7-10-2006 a las 00:32

Ten razón Aturuxo porque Sabariz moito fala e dirixe pero non da o callo coa ferramenta. Tamén na cabalgata vai de director pero o traballo duro fanno os outros da organización. Anda a lucirse por alí para que o vexan.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2006 a las 15:07

Penso que xa expusen,»Aturuxo», nos medios a miña actuación relacionada coa vaga de incendios. Queres máis explicacións pois adiante:
Sobre as 16,20 do luns 7 de agosto cheguei a Pontecesures e xa había pasado o lume preto das casas na pista da Barosa, A Toxa, Carreiras e Condide. Fun a este último lugar e estiven coa cuadrilla de extinción de Pontecesures que estaba, pasado o lume principal, actuando cunha mangueira sobre pequenos focos entre unha gran fumareda. Estiven con afectados, recibín críticas pola escasa presión de auga e visitei a zona queimada por toda a pista da Barosa. Logo fun á Tarroeira e Baño e fixen máis o menos o mesmo presenciando como chegou a cuba de Tarela e como operarios municipais apagaban pequenos focos coa mangueira do camión cisterna.
O día 8 pola noite despois de facer varias xestións con veciños da parte alta de Infesta e da rúa Mimosas de San Xulián en canto á necesidade de contar cunha cisterna porqué o lume podía vir de Cortiñas e sobre a limpeza de varis fincas de particulares, fun, efectivamente, á Barca precisamente detrás dos camións cisterna e comprobei alí que o lume remitía e coa gran axuda dos camións apagouse rapidamente. Había moita xente nas labores de extinción e vin ao alcalde cun batelume e colaborando no traslado dunha mangueira que era conducida por moita xente.
Despois fun a Grobas e presenciei de madrugada xunto con varios veciños como se queimaba o monte Castro Valente e como había preocupación por se chegaba o lume a Grobas e Fenteira, Sobre as tres da madrugada chegou o alcalde xunto con Fran e Xurxo no Patrol municipal. Pararon para comentar o perigo cos veciños e para ofrecer mascarillas (a min ignoráronme por completo e non me ofreceron nada).
O mércores 9 foi o gran incendio de Grobas e Fenteira e pola tarde (pola mañá traballaba) quixen ir alí en varias ocasión e impideumo a Garda Civil polo perigo. Fun o xoves 10 pola mañá e pola tarde e falei con variaos veciños e fixen sextións con Fenosa para que voltase o subministro eléctrico.
Reitero que non participei na lita directa contra o lume (non quererías que collera unha mangueira para figurar como se acusou a Núñez Feijóo)pero fixen xestións para a limpeza de fincas. Para a limpeza do Castro a requerimento de varios cidadáns contactei co dono Avelino Navarro que estaba nas Illas Baleares e comprometeuse a aboar o custo da limpeza. Comuniqueille a Maribel Castro os datos para que continuara dende o goberno a facer as xestións. Falei con moitos veciños e con Saborido para que se limpase a «toxeira» que está detrás da de «Galvao», preparáronse escritos, trasladouse alí un depósito de auga de 5000 litros por un particular, etc..
Solicitei nese días no concello que se enchera o canle que estaba baleiro e o alcalde negouse dicindo, segundo as miñas información, que faltaba un collarín. Isto podía afectar a traída de auga aos domicilios pero non afectaba para nada a que funcionase o bombeo dende a Barca.
En fin «Aturuxo» eu fixen o que puden dentro das miñas posibilidades. Non tiña material nin teño coñecementos para loitar directamente contra as chamas. Que os veciños de Grobas falan ben do alcalde, pois mellor para él. De mín tampouco creo que falen mal e tampouco esos veciños escoitaron unha crítica miña do Sr. Alvarez Angueira en relación cos incendios.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2006 a las 15:11

Esquecíame de ti «Paspallás». Eu non vou a lucir a parte algunha e no entendo como podes dicir iso. Levo moitos anos loitando pola cabalgata e xunto con outra moito xente, facemos un esforzo, cada ún no seu cometido, para ilusionar aos nenos cada 5 de xaneiro.

Aturuxo · 7-10-2006 a las 16:05

Segues sen responder a miña pregunta: ¿porqué non antes? ¿porqué criticas agora; porqué acusas ó alcalde de mintireiro?. Durante sete anos a meirande parte das fincas particulares non cultivadas ou explotadas estaban a monte; igualiño que o estaban en agosto cando foi o tema do lume.

Ninguén actuou; nin tí, nin o PSOE nin o BNG. Deixouse estar ¿por qué? ¿acaso tiñades medo a perder votos se lles esixíades ós veciños limpar as súas fincas?

Agora dirasme que non era competencia túa ese tema, como o do gasoil, igualiño.

Paspallás · 7-10-2006 a las 16:47

paréceme que aturuxo ten unha finca sen limpar a sua carón, e pola maneira de acosar a Sabariz debeu ir na lista da ACP, senón non se entende. Eu tamén critico a Sabariz, pero quererlle cargar toda a merda do goberno non me parece xusto, sobre todo no tema dos incendios donde si hai algún responsable e o BNG porque demostrou a ineficacia e abandono en que tiña o tema.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2006 a las 19:24

Eu acusei do alcalde de mintireiro «Aturuxo» por dicir nos medios que estiven ausente do tema dos lumes para prexudicarme ante os veciños. Xa aclarei o que fixen e agora éstos terán a súa opinión.
Quererme responsabilizarme a mín de que as fincas non estivesen limpas xa é unha pasada. Mira, cando estiven no goberno fixéronse xestións par limpar algunhas zonas (o Castro limpouse en 2004, un terreo municipal onde ían a construirse hai anos vivendas de protección oficial na rúa Calera de Porto tamén, a finca traseira ao edificio de Taibo en Avda. de Vigo 12 tamén, etc..) pero case sempre por denuncias de particulares. Colocáronse tódolos anos bandos para a limpeza pero faise caso omiso.
O tema do abandono das fincas (de aproveitamento forestal ou agrícola) e un problema xeral de Galicia e de feito en xuño a Xunta aprobou a normativa para obrigar aos particulares a ter as fincas limpas arredor das casas. Na vaga de incendios influeu moi negativamente en Pontecesures que Autopistas non tivera limpa a zona de afección nas marxes da mesma. Mira como despois dos lumes limparon todo (o pouco que quedou verde en toda a AP 9). O que pasa que sempre nos lembramos das cousas cando ocorren. E digo TODOS incluíndo a cidadanía en xeral.
Terei a miña responsabilidade, pero eu non podo ser un policía que ande a mirar as fincas particulares do pobo en visitas de inspección. Temos que estar todos concenciados e aceptar que os propietarios de terras temos a obriga de mantelas en condicións.

Aturuxo · 7-10-2006 a las 21:06

Paspallás, empregando a túa vara de medir, cabería pensar, enton, que tí foches na lista do BNG (digo polo «acoso» ó alcade).

Eu non teño finca sen limpiar ó meu caron basicamente porque non hai, pero coido que podo opinar igual do tema; ¿ou é que só se pode falar do que lle afecta a cada cidadán persoalmente? Eu falo do que vexo, como o fai calquera, como o fas tí.

A palabra «acosar» non é a máis correcta para definir a miña maneira de entender a política de Sabariz. ?l é unha persoa pública e, mentras o que eu diga non ultraxe a súa persoa ou a da súa familia, podo opinar como calquera. ¿Ou é qué por «acosar» entendemos «non compartir a mesma opinión?

Paspallás · 8-10-2006 a las 01:22

Aturuxo, utilizas unha lóxica correcta, pero que eu fose na lista do BNG no e trascendente, critico todo o que está mal e procuro que a crítica sexa responsable non responsabilizando a quen non corresponde. Sen embargo ti sempre estás co mesmo, os incendios e Sabariz. Mentras pouco criticas temas coma o gasoil que consumeu o náutico (segundo di o alcalde), a garda pretoriana empregada no concello, as irmans do alcalde traballando na consellería, as comidas do alcalde con non sei quen, as oposicións de Fran (segun din unha lumbrera), etc….
Convídote a que expreses a tua opinión a pesares de que Sabariz non tivo nada que ver nestes casos.

kaka-tua · 8-10-2006 a las 14:39

Interesante debate o das ultimas horas entre Paspallas e Aturuxo, coma non con Sabariz polo medio… Particularmente estou mais na liña de Aturuxo que de Paspallas, pois creo entender que somos da opinión de que mais mais duns responsables da situación actual (os malos NON son só os do BNG, pois quen cogobernou durante 7 anos non pode pretender quedar de ??rositas? agora, nin antes era todo branco e agora negro, eh Sabariz ), inda que as cousas dagora pois claro que son responsabilidade de Molulo e Maribel..
(Mirade o comentario que poño sobre o do seto na rotonda de T?TEM, outro exemplo de IN ??congruencia? do noso ??llanero solitario?…

Sobre o tema de Tacon que queredes que vos diga: ninguén dixo que fose delincuente ou asasino, pero 24 de 25: uffff !!! Ademais se ten tantas luces, debería de analizar e convencer a Angueira de que este non é o bo camiño para un goberno democrático do BNG, non?
Vou acuñar un novo termino na páxina…. ??Il Consiglieri?. ¿Vichedes ese peliculon que é ??El padrino?: ??Il consiglieri? é un home que esta por detrás do xefe, e que sen pertenecer á familia ten a confianza deles, e dalle os consellos necesarios para a boa marcha dos negocios. A ??familia? (os concelleiros do BNG cesureños) e o Padrino (molulo) suelen ter en gran estima a opinión do consiglieri ??Tacon?…
.
De todolos xeitos Paspallas, ¿eu quen son agora? ¿de que se me vai acusar de ser?:
¿ Son un simple loro? ¿Unha cotorra acaso? ¿Ou son kaka-tua quizais? ¿Acaso serei un fascista-nacionalista-bloqueiro do PSOE exmilitante da ACP e amigo de Maribel? (Ollo con esto, pois de min se ten dito case todo o anterior, o de Maribel creo que non? e non vexades o que nos reimos na casa)

Aturuxo · 8-10-2006 a las 17:27

Dacordo; pero enton tampouco é transcendente que eu fose ou non nunha lista, feito que mencionaches alomenos un par de veces.

Respecto a que sempre estou co mesmo:incendios e Sabariz. No tema dos incendios é a primeira vez que comento, polo tanto non é lóxico que me acuses de repetirme no mesmo. En canto a Sabariz, eu limítome a contestar ás súas entradas ou comentarios.

Respecto a que non crítico o tema do gasoil, sí que o fixen e amosei a miña postura; repítocha de tódolos xeitos: que se investigue, que se chegue o fondo e que se depuren responsabilidades; esta postura pódese extender ás comidas, ós membros do bloque empregados no concello e demáis. En canto ás irmás do alcalde, penso que, se estan a traballar nunha consellería (imaxínome que te refires á Xunta) sera porque ou ben sacaron unha oposición ou ben son persoal laboral, non sei, pero extrañame que o poder ou os contactos de Angueira chegue a tan altas esferas porque de ser así ¿qué fai de alcalde nun pobo como o noso podendo estar a traballar na Xunta, nun posto probablemente mellor?

Eu non fago cábalas con ninguén dos que eiquí escriben; non penso este foí nunha lista ou non ¿entendes?, porque a mín non me interesa; só me interesa a opinión que os que eiquí escriben teñen dos acontecementos do pobo, sexa política, cultura ou calquer outro tema.
Xa dixen unha vez que, ás veces, parece que se te posicionas en contra dalgunhas actuacións de Sabariz como ex-concelleiro, por forza tiveches que ir ou ben na súa lista ou ben ter algo persoal contra él. Eu non estou en ningunha das dúas situacións.

Paspallás · 8-10-2006 a las 23:20

Non estou moi de acordo co que dice a cotorra kaka-tua sobre o Tacón. A éste vaille mellor o de guardaespaldas pretoriano (sen lanza, eh); penso que é un subalterno do noso bombeiro-toureiro.
O verdadero «Il Consiglieri» é o Parracho, un gran teórico sen dúbida, sempre preto do alcalde que é o noso «Cavalieri».
Na Xunta Angueira non tería ningunha gasoliñeira de mán, Aturuxo.

kaka-tua · 14-10-2006 a las 14:04

2ª CARTA A MOLULO
Eu que fun testigo dos mítines políticos de Luis Álvarez, cando falaba de democracia para Pontecesures, e acusaba a Piñeiro Ares (que gran maestre tiveches, Molulo), de que era un tirano e dictador (o polideportivo pechado, a c?crise do náutico?, etc.). Eu que por ser testigo estou dobremente decepcionado e me sinto estafado…
Agora, Molulo, teño que ver que non eres unha persoa NIN HONRADA NIN HONESTA (é a miña opinión logo de coñecerte ó longo destes 25 anos…).
Tv Salnés estaba alí e o pobo tivo ocasión de velo… as imáxenes son reveladoras, sinteste acosado e escapaches coma un raposo cando é collido no galiñeiro… ¿ e aquelas gargalladas finais? Simplemente vergonzoso…

¿E que esperades da ??garda pretoriana?? Seica esta vez foron todos ó pleno… a arroupar ó seu líder, a quen lle supo ??comer a cabeza? cando xóvenes e quen lles da de comer… Deixaron na vez anterior soa a Margarita (pois Maribel é un mero ??instrumento? para prolongarse no poder, unha marioneta en mans do ??Mestre Molulo?. ¿Qué lle van aconsellar agora, Luis?

O POBO ESTÁ SECUESTRADO (mentras queran os seus cidadáns, e para eso deben de sabelo antes): Ocultar información, Botar a culpa do malo ós outros, acusar ós demais de estar tolos ou e ser malos, creerse por riba de ter que rendir contas, creer que o do Concello é propio dun e usalo privadamente… Todas estas son maneiras de gobernar propias dun reximen dictatorial e/ou terceiro mundista… ¿Queremos eso para Pontecesures?

E querer buscar a MAIORÍA ABSOLUTA DESTE XEITO é un SUICIDIO POLÍTICO… ¿Por qué? Por que cada día que pasa estás perdendo adeptos (¿ou tería que decir creentes?). Para poder voltar á alcaldía logo das eleccions, e posto que o da maioría sona a utopia nstes momentos ¿quen te vai apoiar?: ¿Sabariz? O dudo… ¿Maribel?Veremos como a compras e con que… ¿O SOE acaso? Poderia ser… ou non!
Xa non tes a que agarrarte, nin a quen botarlle a culpa. Ata tes a unha señoriña familar tua de Infesta que fala pestes de ti (enganada… estafada porque algún día creeu na tua ?palabra?)

PD: Gustame ver coma termos empregados por min aquí se xeneralizan no uso (??garda pretoriana?, ??bombeiro toureiro?, ??llanero solitario?). Eso faime ver que algúns leen con atención, e inda queda sentido crítico no pobo. Polo menos non falo en balde.

Pero coma non espero contestación tua a esta carta , creo que esta vai ser a miña derradeira mensaxe… a miña cabeza ten precio, e coma só teño unha non a quero perder. Por elo creo que toca despedirse quedando satisfeito por ver que hai outras persoas que poden recoller o meu testigo é denunciar o que é denunciable, e NUNCA DEBERÍAMOS VER NUN POBO DEMOCRATICO.
Adeus.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.