III Festa da Castaña do CPI Pontecesures.
O venres día 10 de novembro, celébrase no patio cuberto do CPI Pontecesures a festa de referencia co seguinte horario:
19 horas. SHOW DOS PALLASOS.
20 horas. M?SICA TRADICIONAL.
21 horas. MAGOSTO.
22 horas. SESI?N DISCO.
Están a venda, ao prezo de 5 ?, os tickets para asistir á Festa con dereito a degustar dunha ración de empanada, un boliño preñado, un refresco e un cartucho de castañas.
Colaboran coa festa O Show dos Pallasos (o grupo de Elías), o concello de Pontecesures, Protección Civil de Pontecesures, o grupo Xarandeira, o grupo Algueirada da ANPA, e a Panadería Basadre.
Os beneficios irán destinados á viaxe de fin de curso de 4º de ESO.
9 comentarios
un4 · 7-11-2006 a las 16:04
xa…o grupo algueirada non quixo vir tocar,dende aqui damoslles as grazas se ainda non rectificaron
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-11-2006 a las 18:50
Efectivamente houbo un malentendido pois a organización non contactou coa directiva da ANPA e sí con algúns dos rapaces maiores e tiñan dúbidas (o mércores día 1 de novembro foi festivo e non houbo ensaio). Clarexouse o tema có monitor e naturalmente Algueirada estará representado no festival como non podía ser doutra maneira. ¿Cómo non vai colaborar a ANPA no festival para recadar fondos para a excursión de 4º da ESO cómo fixo sempre?. Dende logo asumo a crítica como presidente da asociación, pero nada máis ter información do sucedido actouse con celeridade para corrixir o erro facendo xestións tanto có monitor como coa organización da festa.
Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2006 a las 11:41
Como anunciei o grupo Algueirada da ANPA participou no magosto cunha boa representación de gaiteiros, pandereteiras e bailarins. Todos estiveron moi ben e quero destacar cando uns 20 membros bailaron unha polka en «agarrado» e a muiñeira de Abellá. E un baile moi bonito.
Tamen quero felicitar ao Show dos Pallasos e ao grupo Xarandeira polas súas actuacións e agradecer aos profesores do centro que co seu traballo, posibilitan cada ano que os nenos de 4º da ESO teñan a suá excursión.
Reitero a miña decepción pola negativa do concello a instalar unha carpa na Plazuela. Esta sería unha moito mellor ubicación para o magosto. Habería máis xente. Tamén máis iluminación xa que onte no patio do colexio ésta era máis ben escasa.
un4 · 13-11-2006 a las 15:42
asi me gusta que se colabore como se fixo ata agora pero ese malentendido foi un tanto chocante,posto que os encargados de comunicar que non se actuaba foron os propios integrantes do grupo,pero bueno grazas que se solucionou polo ben comun.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-11-2006 a las 17:05
Para iso estamos os directivos, para resolver problemas. Os nenos de Algueirada fixéronno moi ben e fóronse moi satisfeitos.
Grazas pola túa intervención «un4». Anímoche para que opines máis doutros asuntos. Un saúdo.
hola · 18-11-2006 a las 16:07
pero esos malos entendidos podense evitar sobre todo cando son os propios integrantes do grupo os que comunican que non se vai a actuar en dito festival.por outro lado decir que menos mal que se arranxou.
Tiroliro II · 18-11-2006 a las 18:01
Carai, xa está ben de «picar» aos nenos e aos responsables de Algueirada. Parece que hai alguén interesado en que lle vaia todo mal. Pode haber envexa porque teñen segundo me dixeron unha gaiteira formidable e o baile bordárono. Naturalmente xa me imaxino de onde veñen estes comentarios. Que pena de pobo. Se cada un se adicase a mirar polo seu grupo en lugar de preocuparse como van os do outro grupo…
interesado · 18-11-2006 a las 21:46
vamos haber por un comentario formulado por un rapaz,que pola pinta ten que ser de un grupo do colexio de infesta,non temos por que profundizar en outros temas que non son de interese de nadie que non pertenza a ese grupo ou a outro,foi un malentendido que xa se aclarou.
respecto o outro tema de que teñen ou deixan de ter creo k non debemos sacar importancia os demais gaiteiros do pobo e demais grupos de baile,que son tan bos como os demais,podemos observar os grupo de valga,cordeiro etc…e mesmo a outra agrupacion musical cesureña,que demostran ter o mesmo dominio por non decir mais,un saudo!
Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2006 a las 15:48
Xa esta todo aclarado. Hai que ramatar con este debate estéril que só pode conducir a enfrontar aos grupos folclóricos da vila. Ogallá os dous teñan moitos éxitos no futuro.