O centro do pobo asolagado

Publicado por Antonio Cortés en

p(centrado).

Imaxe captada por un móbil fai uns intres, onde se pode ver como está o centro da nosa vila.

Si xa impresiona o estado desta rúa, impresiona máis saber como están outras zonas que tamén sufriron asolagamentos tralas anteriores choivas.


En El Correo Gallego

[…]
En Pontecesures, la situación también era complicada. Según el alcalde, Luis Álvarez Angueira, además de los núcleos habituales como Redondo, Condide o Chancela, el agua entró en varios bajos y anegó la calle central, que estuvieron a punto de cortar al tráfico. Desde el Concello se ha pedido permiso a Augas de Galicia para limpiar los riachuelos y tratar de buscar una solución a las inundaciones localizables. «Fueron momentos muy tensos porque la gente se puso muy nerviosa», dijo Angueira.
[…]


10 comentarios

Antonio Cortés · 27-11-2006 a las 23:44

¿ Que está a pasar ?, lembro fai 7 anos, recén chegado a Sevilla, no que non paraba de chover en Galicia, ó final o río votou por fora, cunha forza tal que levou por diante pantaláns, barcos, e todo o que atopaba.

Sempre as enchentas eran do río hacia arriba, votaba por fora, e era previsible, esta vez estamos ante o contrario, vai a auga de arriba para abaixo (ó río).

¿ Que fai que esto ocurra ? , o único que se me ocorre é que e un problema de limpeza e mantemento do sistema, construccións novas que cambian, ou cortan, o discurrir dos regatos, … esta vez, coido (e é unha valoración persoal) que o problema non está na choiva coma tal, senón na previsión de algo moi normal na nosa terra, que son as intensas choivas.

Que teñamos inundacións en Sevilla, e moi normal, non pensan en que vaia ocurrir, e cando pasa salen co discurso de que é unha situación excepcional e que non voltará a pasar… ata as seguintes choivas. Pero en Galicia, onde a choiva e parte de nos, ¿ cómo e posible que nos pille de sorpresa e provoque o que está a desfacer?

Rodrigo · 27-11-2006 a las 23:54

Una de las cosas más curiosas del agua, no era la fuerza a la que bajaba, que también era algo digno de ver; si no que era agua toda llena de lodo. Supongo que la recogida de pluviales estaria más que atorada y junto la marea llena que dificulta notablemente el drenaje, provocó esta inundación. Sinceramente creo que seria evitable con un mínimo esfuerzo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-11-2006 a las 10:50

As inundacións de onte foron máis graves que as do 22 de outubro e as do 24 de novembro.
En Redondo desbordouse de novo o regato do que falei o outro día e asolagouse de novo (uns 40 cms.) a vivenda de Ramón Seoane «O Budiño» e o soto de Rosana Vicente na rúa Doutor Mosquera. Houbo moitos problemas para a circulación dos vehículos sobre todo na intersección da nacional coa rúa Doutor Mosquera e, sobre todo, fronte á estación de servizo «A Palmeira». Era un verdadeiro río a auga que viña polas leiras ata a estrada fronte mesmo á gasolinera.
Na zona da Charca houbo tamén moito auga na estrada
autonómica Pontecesures-Vilagarcía que estivo cortada ao tráfico perante un tempo.
Tamén baixaba moitísima auga pola parte alta da´rúa Ullán provocando problemas de tráfico na intersección desta coa estrada nacional. Nesta zona entrou auga no soto da vivenda de Cruz Limeres.
A rúa Carlos Maside estivo totalmente asolagada e polo Telleiro o auga incluso retrocedía. Entrou moito auga na planta de aparcadoiro do edificio da rúa Carlos Maside nº10 e no soto do Super Froiz. Tamén entrou na vivenda unifamiliar de Amparo Taibo e xa en Porto na vivenda de Elisardo «Coruñita» e na de Pepa a de Vieites (case medio metro de auga). A praza dos Valeiros parecía, por momentos, unha auténtica lagoa.
Como en anteriores ocasións, fronte a casa de Gonzalo Porto levantáronse as tapas da canalización do regato da Chancela e por elas e pola parte traseira da vivenda de Claudina Limeres (auga tamén procedente do mesmo regato) entrou, pola rúa Portarraxoi e ata o paso a nivel central, gran cantidade de auga que entrou na propia casa de Claudina, na mercería de Lola, en A Pía, en Salcar, na vivenda e garaxe de Baldomero Sanmarco, no garaxe do edificio onde está o Banco Pastor, na xoiería San Lois, en Banesto, etc.. Nesta zona da rúa San Lois houbo bastantes críticas e protestas (totalmente xustificadas) por non cortar o tráfico xa que o paso dos vehículos provocou ondas considerables que facían que o auga entrara nos locais. Eu comenteillo varias veces á Policía Local pero me dixeron que non tiñan orden de facelo. Tamén se criticou polos presentes que as grandes tapas dos servizos, que permitiron a evacuación de moito auga, foran retiradas tan tarde polos operarios municipais. Non vou comentar agora máis deficiencias para que non diga logo o alcalde que me aproveito das desgrazas e das catástrofes.
O que sí e preocupante e que a tubaría de canalización do regato da Chancela é insuficiente e hai que estudar unha actuación para solucionar este problema.

antonio · 28-11-2006 a las 13:54

me cagho en diola.A culpa é do concello, e xa dos tempos de sabariz.Todo foi por poñer na baixada que ven de condide para galasa un tubo cativeiro que ainda por riba non se limpa.A pista nova de detrás de redondo,atrancou o desaugue natural das leiras e auga estancouse e botou por fora como se fora unha lagoa,e indo a auga a mares por detras de casa gómez cara a carretera,que por certo,non se lle puxo recollida de auga e desemboca ó bravo na n-550,haber si se fan cursos de hidroloxía para esto non pase.Na vida inundouse Redondo,eso que ten chovido moito máis ( e para proba delo,e que o río uLla non chegou a botar por fora no campo da insua).Haber si estudiamos máis hidrografía para que non pase o que pasou onte no pobo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-11-2006 a las 14:35

A acumulación de auga na intersección da estrada nacional coa rúa Doctor Mosquera e un problema de sempre e ademaís da sección da tubaría hai un problema de orografía (vaguada). Efectivamente hai que buscar unha solución porque alí con moita menos choiva que onte xa hai auga acumulada.
O que foi espectacular foi a saída de augas polas leiras fronte a estación de servizo e que é algo que eu nunca vira. Efectivamente «antonio» influeu, segundo me comentaron algúns veciños, a pista que se asfaltou en 2003 e que une a Paxareira coa rúa doutor Mosquera por detras de Casa Gómez. Esa obra foi realizada pola antiga Consellería de Politica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza (hoxe Consellería do Medio Rural)e eles fixeron o proxecto, adxudicaron a obra e levaron a dirección da mesma. A eles correspondía estudar e recoller as augas. Eu é certo que formaba parte do goberno e asumo a critica (solicitei esta obra coa mellor intención e baseada nas inquedanzas dos veciños) pero xa non estou no mesmo e correspóndelle ao actual equipo solucionar este asunto.
Moi interesante a túa opinión «antonio» pois coñecer suxerencias, protestas, e opinións e o mellor da páxina para que se solucionen os temas.
Ogallá houbera moitas intervencións deste tipo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-12-2006 a las 14:38

Tamén houbo o luns inundacións importantes na Charca e así, por exemplo, entrou auga nas vivendas de Pereiras e de Paulina. Desbordouse un rego que está fronte das súas propiedades e anegou a estrada autonómica. Incluso cortouse ao tráfico.
O xoves unha pala encargada polo propietario da finca estivo a limpar o regato en cuestión. Cando estaba a traballar na zona da entrada da parcela para instalar un tubo de maior sección para conducir as augas, sorprendentemente presentouse o alcalde de Valga que ordeou ao palista rellenar de novo de terra a entrada para que non correra moito auga para a Devesa. E insólito que o alcalde de Valga pare unha obra no municipio de Pontecesures pois as augas corren pola gravidade e non entenden de termos municipais.
Intereseime polo tema e presentei un escrito no concello de Pontecesures e onte venres pola mañá unha pala contratada polo noso concello efectuou a limpeza completa interrompida o xoves polo alcalde de Valga.
Foi curioso que o alcalde Angueira preguntou a unha veciña se eu estivese alí e ao dicirlle que sí, díxolle que sólo ía alí para sair na prensa e que era un enfermo. Así me trata o noso alcalde cando me intereso polos problemas do pobo e fago xestións para que o auga non entre nas propiedades dos veciños. Dende aquí ata as eleccións vai utilizar Angueira a táctica do desprestixio persoal. Isto é producto da desesperación. Alá él.

latin-retro · 2-12-2006 a las 17:07

A verdadeira pena da vida política municipal é a deixadez que a maioría dos veciños amosamos ó respecto.

Se nos chegamos a enterar das falcatruadas que publicamente o señor alcalde escenifica diante do máximo órgano de representación no concello, repito se todos os veciños ou unha gran parte souberamos o que alí fai ese home non estaría moito tempo no governo deste concello.

¿Entón cal é a razón para que siga de Alcalde? preguntarase alguén que lea este comentario, pois moi sinxela, porque a oposición non se pón de acordo,(o culpable o PSOE ou o sr Gerpe). A oposición tén o deber e a responsabilidade de que, ante a falta de respecto do sr. alcalde hacia o pleno, hacia os concelleiros da oposición e hacia os veciños de pontecesures en definitiva, a moción de censura, instrumento legal que permite destituir do seu cargo ó sr. Alcalde, non vaia adiante.

O Sr. Sabariz pode presentar todolos escritos do mundo, e facer gran cantidade de cousas polos veciños, (INUNDACI?NS) pero sempre topará coa descalificación do sr. Alcalde, que lle tén medo porque nunca foi corredor de fondo, e o sr. Sabaríz, vai e ben, e dalle catro voltas do dereito e do revés, ese é o gran medo do Sr. Alcalde para co Sr. Sabariz.

Pero Angueira fai ben, mentras lle deixen….

Tiroliro II · 2-12-2006 a las 19:50

Neste tema das inundacións hai o «sabelotodo» da garda pretoriana de Angueira, Xurxo Gerpe, que parece un catedrático das augas falando a todo o mundo dos problemas dos regatos, da sección das tuberías, dos caudales previstos. Podería fichalo a Confederación Hidrográfica haber se nos deixaba en paz. Falando en serio, a súa prepotencia está afundindo a Angueira pois éste non pinta nada. O home da gorra e o jefillo absoluto das obras e o noso bombeiro-toureiro vai tras del como un canciño sen rechistar.
E non vexades como mete a pezuña o jefillo. Hasta discute cos veciños para levantar ésta ou aquela tapa cando hai auga e logo non acerta e fai un ridículo espantoso. En qué mans estamos, mi madriña.

Bécquer II · 2-12-2006 a las 20:19

Alcalde ¡limpien el río!
dijo ayer una fulana
¡Qué venga la pretoriana!
Ese no es problema mío.

Vaya caso más curioso
palista ¡le digo que salga!
ordenó el alcalde de Valga
un ridículo espantoso.

Vaticanista · 4-12-2006 a las 21:13

Angueira presentouse nas inundacións cunhas botas de auga e un paraugas a cadros para lucir que facía moito. Sabariz non veu equipado pero está en todas partes. Dixéronme que andaba polas augas e non se afundía como Xesús no lago Tiberíades segundo contan os Evanxeos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.