Moción da ACP para o pleno ordinario de 27.12.06 sobre a comisión de seguemento do obradoiro de emprego.
Para o día 26 de decembro de 2006 está previsto o comezo das actividades do obradoiro de emprego de Pontecesures. Esta agrupación considera moi convinte que se forme unha Comisión de Seguemento para as funcións de coordinación das obras e actuacións de interese municipal a realizar polo alumnado, e as relacionadas coa súa formación.
Esta comisión trasladaría o seus acordos ao delegado do obradoiro nomeado pola alcaldía para tratar tódolos temas de interese co representante da Delegación de Traballo encargado da fiscalización e desenvolvemento do propio obradoiro.
Consideramos, asi mesmo, que tódalas forzas políticas deben estar representadas nesta comisión para garantir a transparencia e a pluralidade. Non debe repetirse o ocorrido co grupo de traballo mixto de selección de persoal no que o alcalde non cumpreu a palabra manifestada no pleno e deixou á oposición fora dese órgano colexiado.
Polo exposto, proponse ao pleno a adopción do seguinta acordo:
# Que se constitúa unha Comisión de Seguemento do obradoiro de emprego de Pontecesures con reunións periódicas mensuais.
# Que dito órgano este constituido polo director do obradoiro, o técnico facultativo nomeado pola alcaldía, o delegado tamén nomeado pola alcaldía, o técnico local de emprego, e os representantes de BNG, PP, PSOE, ACP e IP.
Pontecesures, 14 de decembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
1 comentario
Flor · 15-12-2006 a las 18:49
El alcalde diga lo que diga el pleno, va a hacer lo que la da la gana. Cómo va a dejar de que la oposición participe en el obradoiro. Quiere apabullar en las elecciones y necesita ser el protagonista principal de cara a los votantes que compondrán el obradoiro