A panda catódica enrólase nun concerto itinerante por Galicia
Tras os éxitos acadados nas últimas edición de Correlingua e Voz Natura, o xabarín enrólase nun concerto itinerante polas vilas de Galicia, coas melodías das series televisivas versionadas para a ocasión polo músico vigués Pablo Novoa.
Coas voces dos cantantes Ánxeles Lago, Josito Porto e presentada por Manolo Romón, a Xabaxira percorre a comunidade, ao aire libre en verán e nos auditorios durante o inverno. O martes, a panda catódica actuará no auditorio de Vilagarcía (18.30 horas), o día 26 deste mes en Vilalba (19 horas), o 28 en Cangas (18 horas) e o 29 no polideportivo grupo escolar de Pontecesures (18.30 horas). Haberá tamén galas o martes 2 de xaneiro no auditorio Hernán Naval de Ribadeo, o mércores 3 no pazo da Cultura en Carballo e o xoves 4 no pazo da Cultura en As Pontes. Nestas galas, as clásicas cancións do programa (Somos do clube, Socio busca socio, Porco superstar), mestúranse cos temas máis novidosos (Os colegas do xabarín, A festa son eu) e non faltan melodías de series (Evangelion, Son Gokuh) que puxeron en sintonía varias xeracións de espectadores.
:: La Voz de Galicia ::
0 comentarios