Festa aniversario do Show dos Pallasos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Celebrarase o 29 de decembro co seguinte programa:

-As 17 horas no Pavillón Municipal, reparto de merendas e agasallos. Haberá xogos (touro mecánico, granxa, exipcio, circuitos e futbolín humano).

-Actuación do SHOW DOS PALLASOS.

-Xabaxira do XABARIN CLUB con entrada gratuita. Que ninguén se esqueza de levar o carnet de socio/a.

-As 21, 30 horas no peirao, pregón a cargo do grupo RISOTERAPIA.

-Actuación dos humoristas PACHECO E LORENZO DE ARCADE.

-Espectacular verbena coas orquestras OS SAT?LITES e CAPITOL e o dúo internacional MONTSE e LUIS QUEIMADA.

Colaboran o Concello de Pontecesures, a Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago da Consellería de Cultura e o XACOBEO.
No festival colabórase coa Asociación contra o cancro.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.