O pasado xoves tivo lugar a inauguración da Exposición Castelao Grafista no Concello de Pontecesures. A Alcaldesa Maite Tocino, recibiu a Paloma Vela, da área de Cultura de Afundación, ademáis de representantes das asociacións locais.
Na mostra poderán ver facsímiles de Castelao, onde se tratan diferentes temas sociais, políticos e culturais, coa retranca, humor e sátira que o caracterizan.
Lembrade que está dispoñible ata o 19 de abril, de luns a venres de 10.00 a 14 e 18.00 a 20.00 horas. Ademáis haberá un punto para a recollida de alimentos non perecedoiros, xa que a exposición está no programa Cultura por alimentos.
El momento lo recogió la cámara de seguridad de la tienda Inforconstenla: a las 3.20 de la madrugada de este miércoles, tres jóvenes -capucha cubriendo la cabeza, mascarilla tapando el rostro, guantes para evitar dejar rastros- agarraron la tapa de una alcantarilla de la calle y la lanzaron contra la puerta del establecimiento. Entraron al local por el hueco. El primero, con un martillo, iba golpeando las vitrinas y deshaciéndolas. El segundo, recogía el material informático que había en su interior y lo depositaba en el saco que llevaba el tercero. «En 75 segundos roubáronme 15.000 euros», afirma el propietario del establecimiento, José Constenla. Táblets, teléfonos móviles y ordenadores portátiles formaban el botín que se llevaron los tres asaltantes, en los que, por su forma de moverse, se puede reconocer «que son tres chavales novos».
José ya ha denunciado los hechos ante la Guardia Civil y ha puesto en marcha toda la maquinaria para poder recuperar la normalidad cuanto antes. Hoy tendrá que comer en su tienda, sin poder moverse de allí porque «estamos sen porta. É día de portas abertas, como no museo», dice sin renunciar al humor. «Xa me enfadei pola mañá», apunta un comerciante que nunca, en los ocho años que lleva en el mismo local, había sufrido un percance de estas características. «Leváronme 15.000 euros en materiais e todos os gastos dos danos que provocaron», con la puerta y todas las vitrinas del negocio hechas añicos.
ESTE VENRES 2 DE XULLO A PARTIR DAS 20 H TEREMOS UNHA OBRA DE TEATRO NO CENTRO SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES. A COMPAÑÍA DE TEATRO VAIA TELA ! REPRESENTARÁ A OBRA “SOMOS O QUE VESTIMOS? VESTIMONOS COMO SOMOS?”. ONDE SE REPRESENTAN SITUACIÓNS SOBRE O CONSUMO DE ROUPA CHEAS DE HUMOR. ENTRADA DE BALDE, PARA PUBLICO A PARTIR DOS 12 ANOS.
Elvira Suárez ten que amorear a recadación e o cambio do día. Os
ladróns entráronlle esta noite no negocio e levaron enteira a caixa
rexistradora e os cartos que tiña a máquina comecartos, que previamente
rebentaron por completo. Pero este non foi o único dano que lle
causaron. Na comecartos non sabe canto había.
“Pouco, porque aínda viñeron o mércores pola recadación”, lembra, “e
na rexistradora moedas e billetes para o cambio, uns 300 euros, pero o
peor é o dano que fixeron na persiana, que teremos que poñer outra”,
explica.
Os feitos sucederon contra as catro da mañá, e os asaltantes deberon
actuar con rapidez porque a alarma do establecemento saltou e a
propietaria acudiu de inmediato. Dáse a circunstancia, ademais, de que a
dona do inmoble vive no andar superior, e non escoitou ruído ningún.
“Espertou a miña filla de oito anos pero cando fun vela xa non se oía
nada, non me enterei ata que me chamou Elvira”, di Neli Doce.
É a
primeira vez que asaltan o Mambís nos 20 anos que leva Elvira
rexentándoo. Pero noutros locais próximos xa levan varios, e hai algo
máis dun ano os ladróns mesmo entraron nesta sucursal bancaria situada
xusto fronte ao bar.
Mentres esperaban pola chegada da Policía Xudicial para recoller posibles pegadas, a clientela e Elvira tomábano con humor.
“Xa nos tocaba”, chanceaba, ao tempo que ironizaba con que “non levaron ningunha botella para celebralo”.
O Concello de Pontecesures continua coa súa programación cultural de verán, neste mes de setembro con 3 espectáculos teatrais no Centro Social. Se o pasado sábado 8 era o turno da compañía Fulano, Mengano e Citano con ??TOP MANTA?, este sábado 15 ás 10 da noite a compañía Píscore ofrecenos ??CONCERTO SINGULAR?. Este ciclo de teatro remata o sábado 22 de setembro coa obra ??LEONARDO E OS FONTANEIROS? da compañía Ubú Teatro para público infantil e familiar, unha obra orixinal de María Victoria Moreno ??autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018-.
PÍSCORE
??Concerto Singular?
A compañía Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Son unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa ??Esther Píscore?, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.
O espectáculo
Premio do Público Festiclown 2017
Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
SÁBADO 8 DE SETEMBRO DE 2018 ÁS 22.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES.
SINOPSE:
TOP MANTA, cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un ??coctel de sete estalos? que nos fará estoupar coa risa.
Divertidas imaxes de transición, intercaladas ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo.
As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.