Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Comezou a exposición “Castelao grafista”.

Por Redacción ·

O pasado xoves tivo lugar a inauguración da Exposición Castelao Grafista no Concello de Pontecesures. A Alcaldesa Maite Tocino, recibiu a Paloma Vela, da área de Cultura de Afundación, ademáis de representantes das asociacións locais.

Na mostra poderán ver facsímiles de Castelao, onde se tratan diferentes temas sociais, políticos e culturais, coa retranca, humor e sátira que o caracterizan.

Lembrade que está dispoñible ata o 19 de abril, de luns a venres de 10.00 a 14 e 18.00 a 20.00 horas. Ademáis haberá un punto para a recollida de alimentos non perecedoiros, xa que a exposición está no programa Cultura por alimentos.

Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.