O alcalde tampouco se presentou no pleno de onte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No pleno ordinario celebrado no día de onte ás 20,30 horas en 2ª convocatoria noutro acto máis de covardía tampouco se presentou o alcalde (así mesmo estivo ausente a 1ª tenente de alcalde Maribel Castro). A sesión foi presidida por José Antonio Baliñas como alcalde en funcións, asistindo os restantes concelleiros.

Os membros da oposición sentímonos enganados por un alcalde que en lugar de vir aos plenos qúedase no festival do Xabarín no polideportivo. E unha falla de respecto tremenda aos concelleiros, ás 20 o 25 persoas que estaban no salón, e a tódolos veciños de Pontecesures. O Sr. Baliñas dixo, nada menos, que o Sr. Alvarez Angueira qudou na festa en tarefas de coordinación o que motivou as queixas tanto da oposición como do público. Incluso os 4 concelleiros do PP abandonaron o salón antes do apartado de rogos e preguntas como xesto de protesta por esta actitude do alcalde, segundo manifestou o seu voceiro Angel Cordo.

Antes aprobouse unha Moción da ACP para constituir unha comisión de seguemento do obradoiro de emprego e outra do PSOE presentada por urxencia para reprobar a actitude do Sr. Baliñas o mércores pasado cando nos quixo expulsar do «hall» da Casa do Concello con ameaza de chamar a Garda Civil. Hai que recoñecer que o propio Baliñas disculpouse no Pleno.

O alcalde en funcións nin contestou as preguntas pendientes do Sr. Alvarez Angueira, nin tampouco as que lle fixeron ACP e o PSOE neste pleno. Este concelleiro tamén lle fixo preguntas a Margarita García que tamén fixo mutis polo foro. E un verdadero escándalo que o BNG de Pontecesures practique esta política obstruccionista e antidemocrática.

Só quero denunciar hoxe a actitude provocadora do Sr. Baliñas no Pleno. Cando estabamos no debate do obradoiro de emprego acusoume de que eu quería formar parte do equipo de selección do persoal para meter a miña dona coma directora ou titora. Incribel cando o único que fixo foi presentar unha solicitude en tempo e forma na oficina de emprego de Vilagarcía tendo en conta que é licenciada. Foi rexeitada e nin sequera baremada por non teren experiencia. Bastante desgraza ten ao non traballar para que agora nun pleno este concelleiro nacionalista faga este tipo de acusacións contra este concelleiro e a súa familia que nunca se meteu con ninguén. Coma calquera cidadán a miña dona presentou unha instancia e iso ata lle pareceu mal ao goberno local. Xa non é que na selección do persoal o BNG estea a colocar a militantes, familiares, achegados, etc.. nunha política que estou a denunciar, senón que agora se arremete contra mín cando son alleo totalmente a esas prácticas. Queren confundir á opinión pública porque están á desesperada.

E mellor non comentar agora máis nada. Tan só facer un chamamento aos veciños para que vaian en masa aos plenos. Teñen que comprobar «in situ» a actitude provocadora e antidemocrática dos que nos gobernan.

Luis Angel Sabariz Rolán


18 comentarios

Tiroliro II · 30-12-2006 a las 18:02

Como son as cousas. O alcalde prefireu estar con Xabarin no pavillón que con Sabariz no pleno. O primeiro é un porco bravo pero o segundo aínda que non e porco é máis bravo. O BNG quere dar unha batida capitaneada por Xurxo o da pretoriana pero cada vez aparecen en Cesures máis persoas bravas e cabreadas que lle fran fronte a Angueira e a o BNG e comezan a ires en manada (Marité «A cacharra», Marina «A Salleira», Verónica Carlés, Agapo, Pepe «o do Chindo», Marcelina «a Cotela», Toño o que foi chófer do lixo, Laura «a Carriza», Mar «a do peixe», A Batalla da praza, Manel «o raposo» e moitos máis..).

Latín-Quasi-Retro · 30-12-2006 a las 23:06

Variadas as cuestións a comentar.

O Alcalde, ¿Quén é o Alcalde? ¿Cántos Alcaldes temos no pobo no mesmo día e a mesma hora?. O que vos digo nos vivimos en Smallville, a relación espacio-tempo. Xa o dicía Albertiño Einstein aquél da E=m.c(ó cadrado). Todo é relativo podes estar no Pabellón vendo o Xabarin e o mesmo tempo estar no Pleno vendo a Sabariz.

Eso es una gracia, para endulzar. Pero detrás de la gracia está la realidad y la realidad es triste….moi triste.

Que dí o R.O.F. no Art. 47 over delegación da Alcaldía, !!!puafff¡¡¡ que diga o que queira a Angueira que máis lle da, iso é fraude ó escrito na norma, pero que máis da, ¿quén se entera?. (por se hai alguén que non o saiba esas siglas ROF din que hai unhas normas de xogo no funcionamento dos concellos, que hai que respetar, o malo e que nos partidos que se xogan no noso concello, non hai árbitros, e así cometense faltas sen sanción….

Bueno, minucias a un lado, dicir para xeral coñecemento que:

Unha vez máis digo que hai que ser moi educado, ter moito temple, ser un home en definitiva, un home templado con fondo de político rancio para capear o temporal de infamias que o Alcalde en funcións verteu sobre o representante da ACP

LLanero solitario, Perseverante, Formiga currante, Molondro…. Bla..Bla..Bla….. Outro mortal calqueira, citaría o Sr. Baliñas ó remate do Pleno, e acabaríase entendendo como se entenden os humanos non evolucionados….. Pero neste caso pinchamos en un hueso….sólo dixo non me cabrée Sr. Baliñas…. Que as verbas do Alcalde en funcións (co obxecto de defenderse coma un espiño que agocha a cabeza e pon o corpo) queden rexistradas nas actas do Pleno da Corporación citando a «Epi» e «Blas» ten gracia, intentou o Sr. Baliñas aclararlle ao representante da ACP o que era estar «fóra» do governo e «dentro» do governo local…. obviamente trátabase dunha reacción á desesperada…. é normal, aos que non temos non se nos pode pedir… Sr. Baliñas… humildade, primeira norma da dialéctica… sobre todo para os beginneers (digo eu).

Rematou a faena o Sr. Baliñas con moitas estocadas, sabrosa foi a utilizada para encandilar ao Sr. representante da Casa do Pobo, chamado «Charlton Heston», perdón digo «Cabalo», non, un home chamado: «QUERO PERO NON ME DEIXAN», encandilouno (tras observación feita por dona Margarita Carolina, preciosa mujer y precioso nombre) pois coa data da moción que o home do puño e da rosa, sinou con efectos de setembro, cando estamos en decembro, o inxenioso «Tuzarillo do Umia» non agardou trinta segundos é espetoulle a don Oscar Gerpe que, cando asinou a moción na que lle esixía disculpas pola intención de expulsión da casa do concello a concelleiros e veciños, non estaba en plenas facultades xa que de estar no uso das mesmas non cometería a tropelía de enganarse con setembro en lugar de decembro…..

Ayyy!!! Baliñas xa me gustaría verte no proceso inverso, veríamos se tiñas tanto talante….

Auténtico «don Luis Angel»… da gusto velo, é un loitador nato, despois de ser agredido verbalmente cunha crudeza debida á ira irracional dun pobre de espíritu, soubo saír coma de cotío, aireado, coa cabeza alta e (tivo sorte, deixaranno falar)sombra de dubida negativa, sobre a súa persoa, todo un profesional do mellor «fair play» na política… hai tempo que non temos disto eiquí… da lástima non aproveitalo, e máis lástima é non coñecelo….. o peor é se troca, se torna, se cambia ou se xira….(xa non sería o primeiro)

Hai que nacer ou hai que aprender, pero estes deleites da dialéctica hai que vivilos in «Live»… que queredes que vos diga…. xa sabedes hai dúas opcións, a do coñecemento ou a do descoñecemento..

A elección está nas vosas mans, o pozo do coñecemento é público…

«Tiroliro II» dis xente cabreada, persoas bravas, dis ben, os máis cabreados poden ser os que non cobran as súas leiras a prezos razoables, ….

Non hai cartos, xa o dicían os Dire Straits : «Money for nothing»…

kaka-tua · 31-12-2006 a las 14:25

Nesta miña ultima mensaxe de 2006 quero reproducir unhas verbas creo que moi apropiadas para estes tempos convulsos:

??Alguien puede pensar que las dudas no se han aclarado, que el hermetismo del Presidente ha sido incluso superior a otras ocasiones, que todo sigue igual.

Pero en mi opinión algo ha cambiado, y es que el deportivismo renace después de un largo período de aletargamiento, una época que nos ha brindado nuestros mayores éxitos, sin duda superiores a los que nunca habíamos soñado, donde nos dejamos llevar influidos por la magia de ese magnífico general ganador de batallas, magia de tal calibre que hasta llegó a anular nuestra voluntad individual, a convertirnos en súbditos convencidos de su autoridad.

Pero la historia nos enseña que ni el mejor de los gobernantes puede despreciar a su pueblo, pues éste siempre terminará imponiendo su voluntad. Y esa semilla de libertad ha prendido, ya que muchos deportivistas nos sentimos despreciados, y queremos saber la verdad por dos importantes razones.

En primer lugar porque tenemos derecho a conocerla, pues nosotros somos los propietarios del Club, y necesitamos que nuestras dudas sean debidamente aclaradas. En segundo lugar, necesitamos conocerla, pues somos nosotros y solo nosotros quienes tenemos que decidir sobre nuestro futuro.?

(Voz de Galicia 31-12-2006. Artigo de Manuel Pardo a propósito de Lendoiro e a creise do Deportivo)

http://www.lavozdegalicia.es/se_deportes/noticia.jsp?CAT=107&TEXTO=5415249

¿qué podemos sacar en conclusións, eh Alcalde? Que a todos lle chega a sua hora.. (que llo digan a Sadam Husseim); e que algúns creen que algo público (unha S.A., un club deportivo ou un concello) é seu e son os donos e señores del, e poden facer e desfacer sen dar contas…
Como home de cargo público as veces non se trata de canto fixeches, senón de saber rematar (ben), e sair no momento oportuno, e non que che teñan que botar a patadas (ou por votos)… Habia un Deportivo antes de Lendoiro, e había un concello de Pontecesures antes de Angueira… e os haberá cando xa non esteades. A xente cada vez entende mais que a DEMOCRACIA ten que ser RESPETADA SEMPRE…

E condenar ós medios de comunicacion (Lendoiro á Voz de Galicia, ti Luis a esta sinxela web) é a proba de que algúns vos creedes superiores ós demais, e non é iso… Democracia, Liberdade, Igualdade, fraternidade ¿recordas Molu?

Así que Feliz 2007 a todos menos a un.

Vaticanista · 31-12-2006 a las 16:39

Claro que sí: «O poder é poder renunciar ao poder» e este alcalde quere eternizarse e vai saír pola porta falsa.
Vexo como un pouco tristón a kaka-tua que é o persoeiro que mellor coñece a Angueira no pobo. Parece coma resignado e aburrido polos escándalos do alcalde.

Tilán · 31-12-2006 a las 17:29

Verdadeiramente, estou dacordo co delegado da SS (santa sede), kk-tua, parece que faltaba algo in this web. Dear! kk-tua, sigo pensando que o Alcalde non soubo retroceder en tempo nin en forma, ¿por qué?… digo que na súa andaina atopou unha muleta que lle axudou a tirar para adiante, pero cansouse da muleta e pensou que podía seguir sólo,pero enganouse, e non só iso, senón que quere romper a muleta, facela desaparecer, pero a muleta é terca, coma él mesmo,…. o eterno dilema da condición humana… «tú si… pero yo más»…

Carlos Luis de Secondat, tivo nunha noite de vran un sono, (parecido o de luther king), pero anticipado no tempo…. tivechesme dito que te alegrabas, kktua, de que este comentarista tivera unha ilusión (é o mellor que se pode ter, senon…¿que sería de nós?)digo pois que o barón de la Brède tivo un «dream» este que ti anhelas neste intre «liberté, equalité…» soa ben, ¿verdade? pois o teu colega deixou de crer nese sono….polo tanto recomendoche, unha «novatio» no teu pensamento, na túa intención….hai que mudarse e se é preciso aplicarlle aquelo de «laissez faire laissez passer, le monde…..» toda transfusión cara a vida é boa. Obviamente nesta ámbito local non hai moito onde picotear… pero sempre haberá algo «mellor» que o «peor» polo que te anímo a tirar pra diante…. (Conditio: se me engano sobre o «animus kkatuanico» retiro o dito). Dixit.

Boa tarde.

Vaticanista · 31-12-2006 a las 19:28

Hai que recomendarlle paciencia a Sabariz para o 2007 polos ataques que está a sufrir do alcalde e do bloque. Que lembre aquelo de que a paciencia e unha árbore de raíz amarga pero de froitos moi doces.
Por moi duros que sexan esos ataques para poñelo por tolo que non lle afecte. Por exemplo, ten que pensar que a língua resiste porque é blanda; os dentes ceden porque son duros.

kaka-tua · 2-01-2007 a las 20:40

Que Vaticanista deixe de dar os seus consellos católicos para interesarse polo meu estado de ánimo consideroo unha ??obra de caridade?.
Que Tilan tamén se interese xa me deixa preocupado ¿estarei enfermo acaso? ¿Eso aparento?…
Pero sinto decirvos que ides errados:
Tristón??? Non, pois estes dias estou disfrutando das festas ca familia, e reencontrándome cos amigos cos que noutros momentos do ano non coincido. E charlando moito sobre o noso pobo, entre outras cousas. Mal llo vexo ó goberno do BNG polo que me din na rúa (e nos bares)…
Resignado??? Porque???Pasará o que o pobo queira que pase… sen mais. E alá cada quen ca súa conciencia.
Aburrido??? Para nada… pero inda que fose así, que mais da!
Eu só digo que son 6 votos na casa. Antes eran de Angueira e o BNG, pero por creer que pode tomarnos o pelo os veciños co seu xeito de gobernar, non os van levar. Levoo medio ano decindoo e o manteño… pese a quen lle pese.
E non, eu non collezo a este Angueira tan ben coma dis Vaticanista… coñecin hai mais de 20 anos no club nautico a Luis ??molu?, pero se este Alvarez se mirase nun espello dubido moito que se recoñeza naquel mozo… Todos cambiamos cos anos, pero hai certos ideais que non deben de perderse na vida, senón que sentido lle daríamos a esa vida.
Este home parece unha ??CARICATURA? ou ??ESPERPENTO? daquel mozo que un dia coñecín, pero non me aburre nin me resignan os seus actos. Asobrame nesta ??fuxida cara diante? na que se meteu, outras veces os seus actos fanme sentir lastima por él, e ás veces asombrome que nos poida tomar por tontos ós veciños. Pero alá cada quen. Na casa só somos eses 6 votos… e pras eleccións inda veremos ??caralladas? e ??esperpentos? varios, ó tempo.

Pero eu son ??ninguén?, así que non conto. O que importa e do que hai que falar e de Pontecesures. De todolos xeitos agradezcovos o voso interese.

Flor · 3-01-2007 a las 19:27

El alcalde y el grupo de gobierno, en 2006 tuvieron varias actuaciones increibles y esperpénticas. Veamos algunas: Comidas con acompañante sin identificar, cambio de llaves para que no entrara Sabariz en el concello cuándo aún era del gobierno, negativa a contestar a las preguntas en los plenos dela alcalde, ausencias injustificadas a las sesiones, discriminación política de una pariente de Sabariz, comidas con recaudación irregular de la chatarra, contratación a dedo de la hija de la señora que le hacía la limpieza a su familia, comidas del alcalde con su amiguete Alvaro Sanjurjo el que era del Universitario antiguo, gasoil de mogollón, Maribel mete a una de la Barcarola para limpiar a dedo, Maribel se esconde en el Centro Social para no ir al último pleno, Baliñas amenaza con la Guardia Civil para desalojar el concello, uno del BNG utiliza el chimpin del concello para una obra partícular, abogado que paga el concello para un particular amiguete del alcalde, negativa a dar información y queja al Valedor do Pobo…… y muchísimas cosas más. Que más quieres Baldomero Todo esto esta recogido en esta página y yo no me invento nada.
Esperpento contínuo y tienes razón, kaka-túa aún habrá muchas «caralladas» hasta las elecciones. Que desastre.

kaka-tua · 3-01-2007 a las 20:00

Moi bo resumo do ultimo ano… se a eso lle añadimos cosiñas coma alumeado da rúa Ullán, xusto no medio do pobo: impresionante a luz que poden dar uns adornos navideños ¿Quedarán ata que se poñan as novas farolas, ou os veciños desa rúa terán que usar unha lanterna na cabeza?
E curioso como, se mal non me lembro, nas anteriores eleccions arranxouse e peatonalizouse a toda prisa a Rua Nova, ¿que familiares vivirán alí?no que foi o contrapunto a esta outra «obra escorialiana» (de «Escorial», non de «escoria»).
Por se non se gañaba no 2003 a Rua Nova quedou lista antes dos votos. Quero ver a Melanio, Lamas and company como estarán en maio… cos «ollos de moucho» de tanto forzar a vista.
Ahhh, pero os plenos non tiñan ningún contido interesante (alcalde dixit)… E a rua Ullán nese estado… En 2 palabras: «Im presentable»

Tilán · 3-01-2007 a las 21:40

¡¡¡Cómo está esta páxina!!!

Xa dicía no meu interior que faltaba alguén, bien keykey-túa,… ¡¡¡que salsa!!! .

Esta antoloxía de actividades do INDIGNO, ten moito mérito, so falla pegalas polas farolas do pobo, pra recordarllo aos veciños. (bo sistema pra campaña electoral).

Ben dito, nesta páxina está todo recollido.

Boa noite.

Paspallás · 4-01-2007 a las 00:14

Aínda hai máis para o resumo do ano: a traballadora da gardería Verónica Carlés represaliada por opinar, dúas traballadoras da limpeza case andan a ostias no colexio con denuncia no cuartel da Garda Civil de Valga e Angueira pamplinou coas dúas sen facer nada, a ameaza de Maribel foi unha parvada con acusación a un menor de idade sin sentido Onde están eses garpaespaldas, Sacapieles?. Defensa de Tino Taibo no Cantillo embarcando a os seus veciños de San Xulián de toda a vida, problemas agora para o desenrolo de edificacións a carón da igrexa por deixar favorecidos e fora do plan as fincas do seu cuñado e a David Sexto. E mais…

kaka-tua · 7-01-2007 a las 14:22

O noso alcalde, coma bo estudioso dos mellores pensadores e filosofosda historia, (bueno o de bo deixémolos a medias, pois non foi quen de sacar a praza de profesor), aplicou a máxima de Hobbes: ??Autorictas non veritas facit legem? que se pode traducir por ??o que manda, non a verdade, fan as leis?.
Así, non pasa nada por non acudir ó pleno delegando nun concelleiro, mentras él era alcalde ó mesmo tempo para poñerse na porta do pabellón á mesma hora seguindo esta outra máxima: ??Os plenos non dan votos, os actos publicos si?…
O que mais me decepciona é que aquel partido que aspiraba a gobarnar Galicia de ??xeito distinto?, si, o BNG, non tome medidas para, xa non digo reconducir esta situación a outra de transparencia e respecto polas institucions e os distintos representantes do concello, senón polo menos para que quen goberne non o faga de un xeito tan discrecional e caciquil… Toda a vida criticando ó PP e resulta que son iguais maneiras de gobernar.
Pontecesures parece condenado a ter un alcalde que faga o que lle dea a gana sempre, sen ter que render contas.
E o Sr. Gerpe que sigue sen enterarse… Para pasar ós libros da historia coma un heroe hai que estar disposto ó ??sacrificio persoal?, o ben común antes que o propio, a defensa Numantina (¿recordas quen era Viriato?).
Pois iso, uns están (ou non están nos plenos) porque os outros os deixan.

Paspallás · 8-01-2007 a las 00:34

Kaka-tua dis ben. O alcalde non vai os plenos pero si vai a misa de San Xulian, eso si con unha pinta deplorable, casi de insulto (en vaqueiros, camiseta zapatillas; solo lle faltaba unha bufanda azul e blanca, un ateo na casa de Dios, non entendo como D. Arturo o atura, merecía ser botado fora. Apelo ó sentido común de Margarita a Xuliana para que se afaste deste incrédulo e abandone o BNG de Pontecesures antes de que sexa demasiado tarde.

kaka-tua · 9-01-2007 a las 20:25

Esto é o que hai: un «ateo» á procura de votos non dubida en entrar en «templo sagrado»…Non recorda que Cristo repudiou ós mercaderes polo mesmo.
Todo para acadar esa ansiada maioria ¿unha dúbida? Se a consigues, Molu, os plenos deixarán de existir??? Total para o que ian servir, non?

Paspallás · 9-01-2007 a las 23:44

Teño tamen información de que Sabariz si foi coa vestimenta axeitada á misa do Patrón, prestixiando á corporación. Randulfe non foi porque só vai a misa do galo.
Oes, Tilán, tardas en respostar ao meu cuestionario. Ou te chammou Angueira ao despacho?

kaka-tua · 10-01-2007 a las 19:46

Agora, ademais de non presentarse o alcalde ós plenos, resulta que tampouco se preenta Tilán a contestar as preguntas de Paspallás. Por certo, eran moi interesantes.
Debias de repetilas, ou poñer un enlace, por si se lle pasaron a Tilán.
¿ou terá algo que ver a desaparición de Tilán da páxina ca do alcalde dos plenos? (esto é broma)… ja ja ja!!!

Antonio Cortés · 10-01-2007 a las 20:04

Lembro unha cousa : Independientemente de si eran «interesantes» eran fora de tema.

Paspallás · 11-01-2007 a las 00:08

Haber se vai o alcalde ao pleno seguinte ou que disculpa pon. Só faltaría que fixera como aqueles alcaldes do PP e nos fora a Arxentina a captar o voto da emigración. E capaz eh¡
Oes Tilán, eres como o Cava catalán que tanto defende Rovireche. Moita forza ao descorchar e despois queda sen gas ningún. ¡Espabila coño!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.