Pontecesures réndese á Xabaxira e ós pallasos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Nadal en Pontecesures viviu o pasado venres un punto de inflexión. Entre Papá Noel e os Reis Magos, os rapaces gozaron coma nunca cuns personaxes ben distintos áos tradicionais nestas datas.

O pavillón municipal ateigouse ata os topes para celebrar a Festa Aniversario do Show dos Pallasos. Houbo merenda e agasallos e os cativos brincaron canto quixeron nos inchables (touro macánico, granxa, exipcio, circuitos, futbolín humano..)

Logo actuaron os protagonistas do Show dos Pallasos e, como estrela da xornada, chegou o mismísimo Xabarin da Televisión de Galicia, o animal multimedia máis famoso de Galicia. Tras pasar por Vilagarcía, a Xabaxira que recalaba en Pontecesures por primeira vez antes de partir cara a Cnagas, Vilalba, Ribadeo e Carballo.

Os asistentes gozaron coas sintonías de series tan populares como Detective Conan, Evangelion, Bleybade ou Dragon Ball, entre outras, que foron adaptadas para esta xira polo músico Pablo Novoa. As pezas musicais compleméntanse con atractivas coreografías, sorprendentes acrobacias e divertidos xogos malabares que fixeron as delicias de cativos e maiores. Ademais os asistentes participaron en diferentes xogos para conseguir agasallos.

A velada non rematou aí, xa que pola noite o peirao acolleu unha festa co pregón a cargo do dúo Risoterapia e a actuación dos humoristas Pacheco e Lorenzo de Arcade que continuou cunha verbena amenizada polas orquestras Os Satélites e Capitol e o dúo internacional Montse e Luis Queimada.

DIARIO DE PONTEVEDRA 03/01/07 ESPECIAL VIVIR EN CALDAS

Categorías: CulturaNa Prensa

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.