A Fundación Castelao celebra en Bonaval o cabodano 57 do galeguista
A Fundación Castelao conmemora mañá en San Domingos de Bonaval o 57 cabodano do artista e político galeguista.
Nesta ocasión, os actos non se van limitar á ofrenda floral na súa tumba no Panteón de Galegos Ilustres, prevista para as 13.00 horas. Unha hora antes e nas dependencias do Museo do Pobo, os responsables da fundación presentan o libro Castelao e a cerámica, do que é autor Xoán Guitián.
O libro, editado pola fundación, aborda a relación do rianxeiro coa cerámica a traveso da empresa de Pontecesures Cerámica Celta, empresa fundada en 1925 por Ramón Diéguez a partires da que funcionará ate entón como Cerámica Artística Gallega, de Eugenio Escuredo. Nas setenta páxinas deste libro, Guitián documenta a relación entre Castelao e Ramón Diéguez coa reprodución de cartas que o intelectual e político lle dirixira ao empresario falando do seu interese por colaborar «na creación dunha cerámica». E dá conta das pezas que chegaron a facer deseñadas por Castelao e que reproducen debuxos del.
:: La Voz de Galicia ::
0 comentarios