A ACP acepta a oferta de integrarse no PSOE de Cesures con Sabariz como cabeza de lista

Publicado por Antonio Cortés en

PSOEA integración da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) no PSOE está cada vez máis preto. A agrupación independente acordou onte á tarde aceptar a oferta dos socialistas, que inclúe incorporarse á disciplina socialista – polo tanto disolverse como grupo político – e situar ao seu portavoz municipal, Luis Ángel Sabariz Rolán, como cabeza de lista do PSOE.

A pelota está agora no tellado dos socialistas que deberán empezar xa a tomar decisións. A cuestión e que o ofrececemento a Sabariz chegoulle do secretario comarcal Juan Froján, e está por ver que a agrupación local acepte estas condicións do pacto político.

O que está claro é que a dirección do PSOE quere relevar ao actual portavoz municipal ?scar Gerpe e a súa aposta pasa por un veterano na política local como é Sabariz Rolán. Pero aínda pode haber moita historia por escribir pois mañá reúnese a executiva para falar do asunto cun ?scar Gerpe que esta semana aínda non daba por descartada á posibilidade de presentarse ás eleccións.

O feito de que sexa Sabariz o home elixido para substituílo pode ser, ademais, outros motivo de disensión interna entre as bases a dirección do partido.

Os independentes decidiron dar o paso porque consideran que a integración pode ser «positiva» para Pontecesures no obxectivo de acabar coa fragmentación política que hai neste concello e que está a condicionar a gobernabilidade desde hai anos.

De materializarse este acordo político será a primeira vez que Sabariz entra na disciplina de partido pois toda a súa traxectoria municipal, tanto desde goberno como desde a oposición, foi sempre en calidade de independente.

Condicións

Unha das condicións que porá a ACP para integrarse no PSOE será a incorporación da súa xente á futura candidatura; entre seis e sete persoas, indicaba onte Sabariz, entre as que se situaría Alfonso Diz.

Segundo informou Sabariz, a decisión de disolver a ACP foi tomada por consenso e xa matizou que en caso de non saír adiante a alianza, o que é seguro e que se presentarán ás eleccións de maio.

Sexa cunhas siglas ou outras, Sabariz volverase a atopar como rivais políticos a Luís Álvarez Angueira no BNG e a Maribel Castro por Independentes por Pontecesures.

O candidato do PP aínda é unha incógnita e todo indica que deberá dirimirse entre o presidente local Rafael Randulfe e o portavoz municipal Ángel Souto Cordo.

:: La Voz de Galicia :: B. Costa


ACP se integra en el PSOE y Sabariz acepta encabezar el cartel socialista


Los integrantes de ACP mantuvieron en la tarde de ayer una asamblea en la que decidieron, por unanimidad, integrantes en el PSOE. Luis Sabariz confirmó también que aceptará la invitación realizada por el responsable comarcal del PSOE, Juan Froján, de encabezar la candidatura de esta formación para las próximas municipales. Sabariz dejó claro que en ningún momento puso esta condición para la integración de la formación independiente en las filas socialistas, pero se siente «con ganas y capacidad» para acceder a la Alcaldía de Pontecesures.

Ayer mismo Sabariz comunicaba a Froján el resultado de la asamblea. Los socialistas deberán ahora ratificar al candidato en asamblea y lo harán mañana mismo, en una convocatoria a la que está previsto que también asista Juan Froján.

Luis Sabariz confirmaba ayer el nombre de Alfonso Diz para integrar la lista socialista a la vez que anunciaba que aportará también a personas «nuevas, sin experiencia en política, pero con muchas ganas de trabajar». Considera que esta nueva iniciativa «es ilusionante y buena para Cesures». De esta forma concurrirán a los próximos comicios un total de cuatro listas frente a las seis de las anteriores.

:: Diario de Arousa ::


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.