A Barcarola celebra hoxe o día de Santa Agueda
A asociación de amas de casa «A Barcarola» celebra hoxe día 10 de febreiro o día de Santa Agueda como día da socia. As 18 horas haberá unha misa cantada polo coro da asociación na igrexa parroquial.
De seguido e no Centro Social o coro deleitará ás asistentes con cancións diversas (habaneras, populares, etc…). Logo haberá merenda e baile solicitándose unha colaboración ás asistentes de 3 ?.
As tarxetas para asistir retiráronse na mercería de Carmen, en Modas Anlo (Lola), na parafarmacia ou chamando ó 986.557369.
Para asistir a estes actos non se precisa seren socia.
2 comentarios
Tiroliro II · 10-02-2007 a las 20:08
Mira como Maribel «abre» a Asociación e invita tamén ás non socias á festa. Fai falla xente para a lista e votos para maio. Isto anímase.
Como pasa en Cesures case sempre, todas botaranlle o sorriso a Maribel por diante (coro incluído) e logo por atrás poñerana a parir (autoritaria, aproveitada, pesada…). Non temos remedio coa hipocresía….
Flor · 12-02-2007 a las 17:03
¡Qué razón tienes Tiroliro II!. Algunas «cantan» más fuera del coro que dentro.