COMEZA A TEMPADA 2007 PARA O NÁUTICO
Este vindeiro sábado comeza a tempada oficial a nivel galego para todos os clubes da autonomía nas categorías cadete, xuvenil e senior ca disputa do Control Galego de Inverno na distancia de 5.000 metros. Esta será a primeira das tres probas do calendario de inverno, dando paso o Campionato Galego e finalmente o Campionato de España.
As grandes bazas do Náutico para estas primeiras probas do calendario son os tres canoístas que se atopan concentrados en Pontevedra, Adrián Vicente e Álvaro Loureiro ca selección galega cadete e André Oliveira na selección española xuvenil; sen olvidar o resto dos rapaces que se atopan adestrando día a día no Ulla.
Este ano será un ano dificil, encontramonos cun cambio de instalación, sen apenas duchas e auga quente, na que as condicións non son as mellores, pero o esforzo pagará a pena para nun futuro poder disfrutar dunhas instalacions acordes a este duro e sacrificante deporte. Pese a todo isto o obxectivo será intentar superar os resultados da tempada 2006.
Sen máis, un sáudo, Javier Bouzas
1 comentario
sorte!! · 7-03-2007 a las 14:14
sorte no campionato de fondo de españa!!!que xa e este fin de sema. moita sorte pero xa sabemos todos quen vai triunfar: AS TORRES DE CATOIRA teñen moi bos palistas este ano!arriba o piraguismo do salnes!!