NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA
p(centrado).
Logo de case un mes sen disputar partidos, entre o Antriodo e a falta de arbitros, o Extrugasa Rio Ulla disputou na tarde do pasado Domingo un novo encontro da liga zonal arousana. esta vez trasladouse a Lalín á xogar co BAsket Deza, e foi quen de conseguir a victoria a pesar de ter ata 4 baixas no equipo.
O partido empezou ben para o Extrugasa, pois nun primeiro cuarto xogado moi ben, cunha forte defensa, que impedia xogar ó ataque local, mais rapidez no contraataque e bo lanzamento exterior, pronto colleu as primeiras diferencias importantes (min 6: 2 – 9). Os puntos de Diego e o xogo interior de Santi mantiveron esa diferencia entorno ós 8 – 10 puntos, para chegar ó final do 1º cuarto 10 – 19.
O 2º cuarto xogouse con mais precipitacións por ambas partes, costándolle máis ó Extrugasa sacar o contragolpe. Os puntos do base Peñaño mantiveron por diante ó Extrugasa, ant eun Lalín que se estrellaba na defensa en zona cesureña. Así chegouse ó descanso cun 19 – 27.
O Laín anotou de entrada 5 puntos poñéndose a tan só 3: 24- 27, pero de novo o Extrugasa empezou a anotar no xogo interior, con Pepi e Santi, co que mediado este3º cuarto voltaron as diferencias 24 – 32. Pero inda o Lalín se acercou a 3 puntos de novo:29 – 32. Pero o Extrugasa anotou un novo parcial de 0 – 7 ó seu favor, co que voltou a ampliarse a diferencia: 29 – 39.
No ultimo cuarto apretaron os locais, que foron acortando o marcador (min 35: 38 – 43). Costáballe anotar ó Extrugasa, que perdeu varios balóns en ataque. Lalín puxose a 3 puntos: 42 – 45, quedando 2 minutos, pero Gulli decidiu o partido anotando 2 triplas á falta de minuto e medio, mais logo 2 tiros libres, cortando o intento de remontada local.
Os anotadores do equipo foron: Gulli (11), Peñaño (16), Diego (6), Pepi (9), Felipe (2), Santi (9). Tamén xogaron Cachote e Pedrito que non sumaron puntos.
O Extrugasa mantén a 4ª posición que lle da opcións de xogar a «final a 4» para pelear polo ascenso, e segue tendo o 3º posto a unha victoria.
Outro resultado do club foi a derrota por 15 puntos dos Infantiles do Extrugasa Rio Ulla ante o potente BBC A de Vilagarcia, no seu campo, nun bo encontro dos nenos do Extrugasa.
Por último, as nenas cadetes que tiñana que xogar en Pontecesures, diante do Meco de O Grove, non o poideron facer ante a humidade que presentaba a pista do polideportivo, e ante o risco de lesión que conlevaba ambos clubs decidiron aprazar dito encontro.
3 comentarios
jhon Pino · 7-03-2007 a las 00:47
Desde que marchei eu, ao equipo faltalle a sangue e frescura de antes. Se mo pedides igual, se me colledes de boas, me rebaixo e volvo xogar
fru · 7-03-2007 a las 23:21
Canta razon tes, Pino. Botamos de menos ó xogador mais elegante, ó «Beckhan» do baloncesto cesureño… Aquel que tiraba de espaldas a canasta con mais estilo que ninguén (inda que nas mesera). Queda recollido o teu ofrecemento e non te preocupes: cando fagamos equipo de basket en silla de rodas: fichámoste coma o crack.
Saudos e haber se apareces mais por aquí, e polo pabellón tamén. Inda entrenamos os martes e venres a partir das 21.15 h.
peñaño · 9-03-2007 a las 23:57
Eche o que me faltaba por escoitar. Se volve Pino o basket cesureño non volverá a selo mesmo. Volverá o espectáculo, porque xogar non xogaba a nada, pero espectáculo……. VAMOS HOSTIA JODERRRRRRRR