O Concello de Pontecesures precisa contratar un arquitecto/a técnico.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No Faro de Vigo do día 16 de marzo aparece o seguinte anuncio:

No taboleiro de anuncios do concello publícanse íntegramente as Bases da convocatoria realizada polo concello de Pontecesures para prover por concurso-oposición, co carácter laboral a tempo parcial, unha praza de Arquitecto/a Técnico Municipal.
O prazo de presentación de solicitudes sera de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello. O alcalde: Manuel Luis Alvarez Angueira.

Trátase dun contrato a tempo parcial (dous días á semana) e o prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 21 de marzo.

Esta contratación ven motivada a que o arquitecto que viña desempeñando esta función, D. Carlos Besada Ferreiro, vai ocupar o posto de arquitecto da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo e así queda vacante o posto no concello de Pontecesures.

Deséxolle ao técnico que se traslada, e que estivo máis dun ano connosco, os mellores éxitos no seu novo posto de traballo.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN


1 comentario

Paspallás · 19-03-2007 a las 23:41

Viron a este técnico que se vai moitas vece con Maribel «A Sacapieles» polas rúas, e parecía que este home xa non podía máis coas ocorrencias desta xefa das obras. Queda aliviado de non aturala máis. Iba tolear con tanto lío que armaba Maribel polos camiños.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.