Lista completa do PSdeG-PSOE para as eleccións do 27 de maio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O sábado día 17 tivo lugar unha xuntanza dos membros que van integrar a candidatura do PSdeG-PSOE de Pontecesures para fixar os postos concretos na lista e para tratar varios temas relativos ás eleccións locais do 27 de maio.

A candidatura que se vai presentar ao partido para a súa aprobación pola Comisión de Listas é a seguinte:

1. Luis Angel Sabariz Rolán
2. Alfonso Diz Villar
3. Concepción Gómez Figueira
4. Raquel Lafuente Lafuente
5. Mª Teresa Gil García
6. Mª José Cajaraville González
7. Antonio Lorenzo Miguez
8. Mónica Calvo Moreno
9. Angel Manuel Fernández Lafuente
10. Lidia Andrade Domínguez
11. Marina Buceta Balado

Suplente 1º José Manuel Crego Carrillo
Suplente 2º Rosana González Penedo
Suplente 3º Manuela Senín Iglesias
Suplente 4º Rosa Iglesias Campos
Suplente 5º José Alfonso Iglesias Puente.

Quérese salientar a gran presenza de mulleres nesta ampla lista (10 de 16). Isto é moi importante para incorporar a cada vez máis mulleres de Pontecesures á vida pública municipal.
Este candidato quere agradecer aos integrantes da candidatura o seu interese por este proxecto que vai presentar o PSdeG-PSOE e quere comunicar á cidadanía de Pontecesures que o noso grupo vai traballar con ilusión e seriedade para defender á nosa vila e aos seus veciños.
A presentación oficial da lista será realizada nos vindeiros días.

Pontecesures, 19 de marzo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Candidato á alcaldía


16 comentarios

Veija · 20-03-2007 a las 13:48

arrecorona, eu pensei que a lista bomba ia ser a de maribel, pero a de sabaris tiralle do aire! como se lle sincronise a rejla, corre luis, que son de arañar!

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-03-2007 a las 14:03

Un pouco bárbara a broma «Veija», pero, efectivamente,levamos na candidatura mulleres de carácter e moi implicadas. Estou moi satisfeito e penso que a composición da lista caeu moi ben na cidadanía.

follonero · 20-03-2007 a las 18:05

asi que o unico afiliado vai no ultimo puesto. isto é como o celta, cando non se viven os colores, a cousa acaba na segunda division. que pena.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-03-2007 a las 19:47

Pois éu estou moi agradecido a que un socialista histórico como Pepe Iglesias (de 78 anos de idade) teña o detalle de pechar a candidatura. O feito ten a súa importancia e honra á lista.

ddt · 20-03-2007 a las 21:17

Boa a lista, Sabaris, decian que non tiñas xente por non ir os socialistas de antes pero demostraches que hai apoyo da xente.

Paspallás · 20-03-2007 a las 23:26

Carallo, oín no Belsay que falaban ben desta lista e que desperta expectación. O Lebre anda encantado polas rúas e non para de falar de victoria dos socialistas. O problema e que non o escoitan moitos.

Veija · 20-03-2007 a las 23:52

a lista boa disides, a lista e a asp con jomaespuma da que hincha. sabaris e o alfonso de xardineiros e as rosas sosialistas van no carallo, pas proximas elesions xa poran un cartel ben jrande: «traspasase partido sosialista, ben estructurado, capasidade de projreso e dialogo.presio a convenir»

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-03-2007 a las 09:25

Falas irónicamente de rosas e traspasos «Veija» e nós falamos de que temos unha boa lista con xente moi motivada que vai traballar polos cesureños e a potenciar o PSOE en Pontecesures. Hai que darnos tempo, por suposto.
As rosas son moi bonitas e constitúen un símbolo entrañable do partido, pero o que hai ter nas eleccións son votos.

susiño de carreiras · 21-03-2007 a las 15:11

señor sabariz,acabo de ver su lista y hay muchas perosas que no conocemos,nos puede explicar con una breve reseña quien es quien de cada uno de ellos,si son del pueblo o de las aldeas cesureñas,si tienen algún tipo de estudios y sus antiguas experiencias en políticas.sería de agradecer concocer mejor a nuestros vecinos que se meten en política.gracias.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-03-2007 a las 15:38

Home,»susiño de carreiras», penso que non vou a explicar aquí os datos das 15 persoas que me acompañan na lista. Recoñezo que polos nomes e apelidos é dificil, as veces, coñecer ás persoas, pero estou seguro que debes coñecer á maioría. Tampouco é cuestión de expoñer neste medio que tal persoa e filla de fulano, ou neta de mengano para que teñas máis datos. Comprométome, eso sí, a darche persoalmente tódolos datos que queiras para que identifiques aos meus compañeiros se contactas conmigo.

Tiroliro II · 23-03-2007 a las 18:52

Fálase, fálase desta lista do PSOE xa que van persoas totalmemte impensables meses atrás. O alcalde e o BNG están preocupados e non e bo síntoma para eles que persoas con valía e que poden conseguir moitos votos vaian na lista de Sabariz.
Poidera ser o principio do fin de Angueira que perde epoios en sectores significativos e populacheros.

Flor · 23-03-2007 a las 20:33

Demostró Sabariz que tenía gente y kaka-tua ya no puede hablar del llanero solitario. Escuché a una amiga, que un tío de Porto se le fue para el PP antes de cerrar la lista. En Cesures son ya frecuentes estos cambios y siempre mandan las presiones, los tapados, los espías, los que andan a caballo de todos, los pelotilleros, los trepas……

cabesudo · 26-03-2007 a las 12:33

onte oín nun bar que disque que os ferreteiros van montar unha lista independente encabezada por gerpe en vengaza contra sabariz

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-03-2007 a las 13:17

Non penso, «cabesudo», que se forme lista algunha en venganza de ninguén. O bo, e que se formen listas integradas por persoas que desexen aportar cousas e traballar polos intereses dos cesureños. E todo o mundo ten dereito a facelo.

O Rei · 31-03-2007 a las 18:52

Desafortunadamente auguro á lista de Sabaríz uns resultados non merecidos. A verdade é que non hai persoa no pobo máis «político» que ti, para o bo e para o malo.

Trastamara · 31-03-2007 a las 21:50

Para «O Rei» dígolle: que pras poucas veces que saes, lo haces bastante mal, como tus diagnóticos profesionais. O problema do «máis político» deste pobo, é que con ese calificativo probablemente sexa o «mais descoñecido» xa que se fora coñecido, coñecidísimo, sería o Alcalde a día de hoxe,pero como a transición do coñecido ao descoñecido precisa dun factor que arruína ao ser humano, como é o tempo, o «máis político» deste pobo, desgraciadamente, a bo seguro; que non afortunadamente, tardará en solidificar nesta estructura rancia, unha tristura. Queda aquelo de «todo se andará»; ¡xa! pero…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.