IMAXENES DO ACTO DE PRESENTACION DA LISTA DO BNG ? CONCELLO
Estas son algunhas das imáxenes do acto de presentación do candidato á alcaldía polo BNG celebrado este pasado xoves 29 de marzo en Pontecesures, e que contou ca presencia do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana.
Anxo Quintana, Luis álvarez e Ana Portas antes de dar inicio o acto de presentación.
Sauda inicial a cargo de Ana Portas
Os integrantes da lista do BNG.
Anxo Quintana presentando ó candidato
Momento do discurso de Luis Álvarez.
Os integrantes da lista do BNG en Pontecesures xunto con Anxo Quintana
17 comentarios
Minotauro · 31-03-2007 a las 12:22
Veo que ya hay cronista oficial del BNG cesureño, suerte en tu nueva labor.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2007 a las 13:05
Non me parece lóxico criticar a Fruqui por colgar na páxina fotografías sobre o acto do BNG colaborando así con este medio. E un acontecemento máis do pobo e Fruqui está en moitos con cámara en ristre para facer a correspondente reportaxe.
Por suposto, eu critico dabondo o que alí se dixo por parte do Sr.Alcalde e do Sr. Quintana e parece pouco serio ese abrazo do Vicepresidente da Igualdade cun alcalde hostil e entorpecedor ante as as institucións, que contrata persoal de servizos a dedo, que discrimina a veciños por razóns políticas, que empadrona a veciños de Taragoña en Pontecesures para gañar votos, que empadrona a unha persoa que vive en Padrón e a outra que vive en Valga para metelos no obradoiro de emprego en detrimento doutras persoas que viven na vila, e outras moitísimas cousas máis. Pero ollo, non podemos matar ao mensaxeiro porque Fruqui non ten nada que ver con isto. Hai que criticar as mensaxes e as fotos, no seu caso, sendo o de menos quen as tomara.
Minotauro · 31-03-2007 a las 13:21
Coño sabariz te metes en todas, aprovechas cualquier cosa para hacer mitin político, que ya sabemos que angueira es malo, que el BNG son malos, que hacen todo mal, que si, pero no intentes hacer de punta de la lanza siempre. Para un poco.
fru · 31-03-2007 a las 13:34
Non, ninguén me nomeou «cronista» de nada, e ademais foi un acto público, ó igual que van ser as presentacións das listas do SOE, PP e IP de Maribel. Xa che digo que tamén teño pensado acudir a esas outras presentacións. Logo poñerei nesta web 6 fotos de cada un deses actos coma puxen 6 fotos do acto do outro dia, con un simple «pe de foto» a cada unha delas, sen mais. E o xusto e así o entendo eu. Ademais aproveitarei para informarme e ver que ofrece cada partido para Pontecesures…..
Logo que cada quen pense (de min, digo) o que queira…..
MAIORIA ABSOLUTA · 31-03-2007 a las 17:25
COMO PRETENDEDES CONQUERIR A MAIORIA SE DEIXADES A Á VERDADEIRA XENTE DO BLOQUE POR O CAMI?O E SEN SITIO NO VOSO CLAM? COA NOVA LISTA INDEPENDENTE NON CHEGAREDES A ELA.
Punto_Pelota · 31-03-2007 a las 18:01
Ti fruqui eres un pelota.(Punto).
Debiches mandalas fotografías ao Administrador para que colgara a reportaxe.(Punto).
Ti coma traballador municipal non deberas de actuar deste xeito e menos na páxina con esta reportaxe, fixeralo con outra, pero non con ésta.(Punto)
Non tes razón.(Punto). Non te xustifiques. (véseche o cú). (Punto)
¿Que opina kaka-túa?
Antonio Cortés · 31-03-2007 a las 18:18
Punto_pelota: fru, coma outros é redactor da páxina. E coma tal, enche de contidos esta páxina. ¿ Por que o teño que facer eu coma administrador ?.
Non hai que xustificar nada, coma outras veces, calquera acto que pase no concello e no que pode sacar fotos publicase aquí. ¿ Ou por por que sexa un acto político non se pode/debe publicar ?.
Meus, pido un pouco de «auto-reflexión» a todos, non misturemos o que é informar con o que queredes ver ou deixar de ver, e moito menos estar todo o tempo a sinalar co dedo a todo o mundo.
«Ti coma traballador municipal non deberas de actuar deste xeito»
Moi mal ese comentario, ¿ Queres dicir que por traballar para o concello non pode poñer nin informar de nada do concello ? . Coido que non tes moi claro que é o traballo e que é a vida máis alá do traballo. E coma si eu traballase nun bar e por eso mesmo, cando vou a dar unha volta cos amigos non podo entrar noutro (que non sexa ó do meu xefe) a tomar unha cervexa.
?ste reportaxe é da primeira presentación dunha lista para as locais. Si non fose a primeira e só se informase dela poderías falar con toda a razón.
Nestes intres estás a falar por falar, e coido que non o pensaches ben. Un consello, antes de dicir afirmacións coma esas deberías dar un pasiño hacia atrás, e ver as cousas dende un punto de vista máis global, e pensando que non todo o que se fai ten un interés velado.
Punto_Pelota · 31-03-2007 a las 18:41
Non hai paso adiante nin paso atrás, si queres censurar o comentario, faino.
Pero ahora xa é para tí, Antón, teño a sensación ás veces de que sinteste coma un orador na tribuna, así coma o Bermudez o Xuiz do 11-M.
Xa non é a primeira vez, Antón, que no teu afán de defender saéche o sangue pola boca, CÁLMATE MININO.
Tivo sorte o aludido porque foi o primeiro acto de presentación, que casualidade, que casualidade quen presentou a lista foi o que lle firma os contratos.
Mira Cortés non defendas esta situación, non é lóxico, o individuo en cuestión, actuou mal, moi mal. Asi como ti opinas que moi ben, eu opino que moi mal. Enviárache a tí o contido e acabouse, quedaba inmaculado, limpio, sin mancha, sin sospeita sobre a súa actuación. Ou ¿é que che cansa facer a publicación, querido Antón?. E máis aínda, xustamente con estas fotos era coas que non tiña que sair o seu nome, xustamente con éstas, e en previsión de que os outros partidos ían facer presentacións oficiais, quedaba como un IMPARCIAL… a autoría da súa reportaxe tiña que quedar no anonimato, para a presentación do BNG, para a do PSOE, para a do PP e para a de IP. ¿Vale?
Iso era o que tiña que ter feito. Pero non, a ver si quedaba sen protagonismo….. venga ya.
Enfríate Toñito, que tí velo doutro xeito… Ahora dí o que queiras, pero hai cousas nas que tí «Dr». non deberas opinar… i ésta é unha delas.
Antonio Cortés · 31-03-2007 a las 19:24
Por que ía censurar nada. So digo o que sempre digo, predicase co exemplo. Convidoche a que pochas un exemplo de imparcialidade por parte de fru neste eido ou miña.
Non é casualidade que fora a primeiro acto presentación, é unha REALIDADE. O que fas e unha suposición, que dende o meu punto de vista, e polo que sei e se demostrou ata o de agora, é incorrecta.
O que non entendo é porque as cousas teñen que facerse as agachadas, si as fotos quitas el, si informa el que para eso estivo, debe aparecer como ¿ «fotos enviadas por un anónimo» ?.
Non me sai sangue pola boca senón pola brazo de xogar esta tarde ca miña gata, e é normal que me encenda un pouco cando vexo algo que non me agrada.
Eu sigo nos meus trece, e penso e así o digo, que a imparcialidade está en estar en todos os sitios, a imparcialidade está en non calar ou dicir as cousas que mais che conveñen.
Entendo porque hai cousas (só unha: política) nas que eu non «deberei opinar»,como xa dixen, de política non falarei, pero o que estas a comentar e levar á politica o que non é mais que ilustrar o que acontece no concello.
O «rol» dentro desta web é a de moderador, o de recibir, si fai falla as broncas eu en nome dos que escriben as entradas e responder por eles, da mesma forma que eles axudan a que esto continue. Ese pode ser un problema, porque sempre escribo co meu nome, e podese confundir un comentario meu (persoal) con un comentario meu (coma administrador). Neste caso é un comentario meu personal, non ten nada que ver con que sexa o responsable deste tinglado.
Esa sensación de que son coma un «orador na tribuna», non deixa de ser certa, estou moi lonxe do concello e so sei o que aquí se pode ler, cando falo ca miña familia en Pontecesures teño máis cousas que falar do que pasa no Concello. E como dicía, e parte do meu «traballo» aquí. Tiña pensado diferenciar os comentarios meus «persoais» dos comentarios «coma administrador», pero coido que xa somos o suficiente maduros todos como para diferencia claramente un comentario como «oficial» fronte a un «persoal».
Como ben dis, eu vexo o asunto «doutro xeito», e sae de velo dende lonxe (non teño que dar o pasiño atrás, xa estou ben atrás).
O Rei · 31-03-2007 a las 19:26
Non me gusta ese tipo de persoas son capaces de dicir nunha discusión;»PUNTO» e menos «PUNTO PELOTA», querendo dici-la última palabra porque el é o que ten «A VREDADE». Iso destapa unha persoa autoritaria, déspota, intransixente que camufla con esa actitude quizáis cobardía, quizáis falla de recursos orais. Isto vai de parte dun que sí é «Doutor».
IRIDIUM · 31-03-2007 a las 20:00
Punto-Pelota, que despota eres, falar de Fruqui, como se nota que non o coñeces, coñeceras ó que traballa no Concello,un empleado municipal, cun «Xefe», como todo o que traballa, pero non a José Fructuoso. Sentes ofendido, ¿porqué?. Neste pobo a xente que traballa non se valora. Soamente ós tunantes, os das saídas nocturnas, os «Aladíns». Un pouco de calma, está páxina non é a «Razón», nin o «Mundo». Non nós tiremos polos pelos, todos imos a parar ó mesmo sitio, nadie vai ser o «rico do cementerio». Como pode haber tanta ignorancia. Ánimo Fruqui, ti si que vales. Deberías presentarte ti para Alcalde. Tes humanidade, outros, nin a ven eles. Punto-pelota: Ti se que eres un pelota, tes o apelativo.
fru · 31-03-2007 a las 21:11
Por desgracia, sabía que esto podía chegar a pasar…. Tamén sei (creo), que por poñer estas fotos dese acto de presentación, ningún dos outros aspirantes á alcaldía, falo de Randulfe (PP), Maribel (IP) e Sabariz (agradezo as suas palabras aqui, igual que as de «Iridium», ou as de «O Rei» ¿de Suecia quixais? 😉 ) se sentiron perxudicados ou ofendidos por min (Maribel, ou Sabariz, poden decir que xa lle tiña comentado que ia facer o mesmo que fixen ca presentación do Bloque, e a Rafa levo dende o mércores sen velo pra falar con él).
¿Poñer as fotos de xeito anónimo? E logo, ¿cometo algún delito por poñelas baixo o meu nome? ¿Acaso non podo ter aficións sen ter que dar explicacións (a fotografia, p. ex). ¿Ser «protagonista» da campaña electoral por facer unhas fotos? Veña xa, que me parto da risa…
E respecto á miña nómina algún dos 4 terama que firmar despois do 27 de maio, polo menos mentras estea contratado. Despois non. Tamén o sei.
Punto_Pelota · 31-03-2007 a las 21:20
Ben Antón, xa entraches noutro ritmo cardíaco. Ao señor «Fru» o acuso de falta de «tacto» para o meu gusto. (Con esto rebaixo a tensión). Imolo deixar como unha cuestión de gustos.
Pra «O Rei» cando dí: «déspota, intransixente que camufla con esa actitude quizáis cobardía, quizáis falla de recursos orais». Certo «O Rei» sobre todo, «falla de recursos orais» ….pufffff. Como fagas así cos diagnósticos, «abra cadabra»; un intransixente non se mete nesta dialéctica, así como non o faría un despota, nin un ignorante, ¿sí ou non?.
Para xeral coñecemento expoño que hai «redactores» nesta páxina que actúan a «contrario sentido» do que estamos a discutir, e aclaro o que digo. Hai «Redactores» que sabendo que Cortés non ten acceso á información impresa en papel e non publicada en versión dixital, envían esa información para que sexa publicada polo responsable da páxina, certo é que esto sucede cando ao «autor-redactor» non lle interesa rubricalo como propio; esto compañeiros de páxina, demostra a «grandeza», cando podendo omitir ese envío a Sevilla da información por ser contraria aos intereses do «autor-redactor», non o fai; e envía a pesares de todo a información para que poidamos coñecela; hete ahí un mensaxeiro que hai que protexer, iso é limpeza na actuación…. i o señor Cortés o sabe. Pois para «autores-redactores» dese calibre, moitos aplausos parte do intransixente, intolerante, falto de humanidade «punto-pelota»….No acceso á casa de todos, o criterio é o de igualdade, mérito, etc.
Punto_Pelota · 31-03-2007 a las 21:34
Non te disculpes «Rodriguez» que despois de todo para min eres un valiente. Ao final trátase de pensamentos, gustos e tactos diferentes, non hai máis, empézase a cousa dun xeito e remata doutro. Eu dendo logo no teu sitio non o faría, por eso digo que se trata de «xeitos distintos» de xeito anónimo non, ahí está xustamente a búsqueda do protagonismo, porque non as deixas baixo outra rúbrica, te quedas tan ancho, sabes que as fixeces tí e sigues enriquecido internamente, porque tes que anunciar que foches ti o autor, ¿por qué non anuncialo?. Pois por eso precisamente que che estou a reprobar, por tacto, gusto. Polo tanto, acabouse o tema, é cuestión de gustos, ben dicía o señor Sabariz «non matemos ao mensaxeiro», xustamente trátase disto, o mensaxe envíase a Sevilla e non o rubrica un traballador do concello, esto según a miña versión, obviamente hai outras. O Señor Sabariz é un daqueles «autores-redactores» con grandeza,… de todo e de todos,(uns dos outros) temos que aprender, pero finalmente «é cuestión de tacto».
fru · 31-03-2007 a las 21:59
Disculparme de que, a quen? Só quero aclarar ou explicarme… E tan respetable é o que publica algo de xeito anónimo usando ó administrador, coma o que o fai poñendo o seu nome. Pero Sabariz aspira á alcaldía e eu non. Cando publica novas co seu nome (incluso as que van en contra sua), ou cando llas manda publicar a alguén e decisión súa, e él sabrá o que fai. Eu non o vou xuzgar por elo.
¿Molesta que poña as fotos de política? O luns espero ter a respostas dos 4 aspirantes á alcaldía do Concello. Se eles non teñen problema seguirei procedendo coma eu queira, faltaría mais. Se hai algun impedimento, pois que as poña o Administrador enviadas por un anónimo… (recorda que era un acto público). Hoxe había unha comida promovida por un partido político e dirixida para un colectivo específico, e inda que pasei cerca de alí ás 2 da tarde, coma non estaba invitado, non parei a facer fotos.
E nin durante nin logo da miña xornada laboral teño mais dereitos que ninguén, pero teño os mesmos que calquera.
Ignorante · 1-04-2007 a las 20:10
Hola a todos!!!
Non pretendo entrar nun debate no cal non entendo practicamente nada, soio deixar no aire unhas preguntas.
-¿? libre fruqui de publicar as fotografías de quen lle dea a gana sempre e cando teña o consentimento das persoas fotografiadas?
-¿? libre fruqui de ter unha ideoloxía politica, manifestela, ocultala, ou facer con ela o que lle dea a gana?
-¿Traballar no concello, conleva renunciar a publicar unhas fotografías de un acto público sexa da cor política que sexa?
-¿Traballar no concello significa que non te podes decantar públicamente por un aspirante a alcaldía? Cousa que penso que non fixo, ¿E se o fixera que?
-¿? libre pra un anónimo arrogante, decirlle a Antonio Cortés, que tanto traballo e empeño pon pra que todos poidamos opinar nesta páxina? «hai cousas nas que non deberas opinar»
Por último,¿é libre pensar que as túas entradas anteriores,Punto_Pelota, pareceronme repugnates, fachas, déspotas e totalitarias?
Creo que nunca falei con Fruqui ou contadas veces, pero a actitude nesta páxina, intachable.
Tuso · 2-04-2007 a las 08:37
Dende o tempo que levo lendo esta páxina web, creo que tanto os comentarios de Fru como os do Administrador son ademais de correctos, moi imparciais (e inda que non o foran tamén estarían no seu dereito).
Por eso non estou dacordo con esta especie de xuizo a ambos, e menos con chamarlle pelota a un, cando sempre que escribe é moi «aséptico», e tachar de censurador ó Administrador, xa que dos «foros» qeu conozco de internet, este é un nos que mais liberdade existe á hora de opinar.
Saúdos.