Os gaiteiros Eric Torres Naveira e Adriana Rivas Seijo, premiados no concurso «Xiradela» celebrado onte en Arteixo.
No apartado de gaiteiros solistas os dous integrantes do grupo «Algueirada» da ANPA do CPI Pontecesures obtiveron un premio. Eric, veciño de Carreiras, obtivo o segundo premio, mentres que Adriana, veciña da rúa Victor García, obtivo o terceiro premio. En cuartetos, a representación de Alqueirada tamén tivo unha gran actuación aínda que non obtiveron premio.
Quérolle trasladar a noraboa aos catro gaiteiros, que tan ben nos representaron no concurso, cunha mención especial ao monitor Miguel Castaño que traballou dabondo nos ensaios dos derradeiros días.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLAN
PRESIDENTE DA ANPA
2 comentarios
outro · 2-04-2007 a las 14:25
Moitisimas felicidades para estaes dous gaiteiros de Pontecesures, seguide así e triunfaredes.
adriana · 2-04-2007 a las 19:59
Moitas gracias por tdos os apoios recibidos (tamen ao mobil).A verdade è que quedei moi moi moi contenta de conseguir ese 3º premio no medio de xente tan boa.Estou moi orgullosa de ter un profesor tan bo como o que teño.Axudoume moitisimo,e ao final,ahi temos un 3º premio!e outro 2º de Eric.Moi ben Miguel!moitas gracias por todo,por aturarnos(jeje),por axudarnos tanto,e polo teu esforzo.GRACIAS!.E volvo repetir,moitas gracias por todos os apoios que me deron.Axudaronme moito.Graciñas a todos!saùdos,e seguirei cara diante!