Enviada a guía turística ás vivendas dos cesureños.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe comezou a chegar aos fogares a guía turística xunto co seguinte escrito do alcalde:

«Estimado/a veciño/a

O Concello acaba de editar unha guía turística para a promoción do noso pobo, tanto a nivel galego como no exterior. Envíoche un ezemplar desta guía, fundamentalmente gráfica, para que coñezas de primeira man a imaxe que do noso pobo queremos proxectar agardando que esta publicación sexa do teu agrado.

Tamén pensando que o uso das novas tecnoloxías hoxe é imprescindible para calquera ámbito da nosa vila, lémbroche que dende fai poucas semanas está á túa disposición a páxina web oficial do Concello de Pontecesures www.pontecesures.org que nace como un instrumento que pode axudar a comunicar e facilitar calquera consulta que precises do noso concello. Nesta páxina os veciños poderán consultar diferentes contidos dende información de trámites municipais, fotografías da nosa vila ata a consulta gráfica do Plan Xeral de Ordenación Urbana; por poñer algúns exemplos.

Sen máis recibe un cordial saúdo.

Pontecesures, 2 de maio de 2007
Asdo.; Manuel Luis Alvarez Angueira
Alcalde de Pontecesures»


20 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-05-2007 a las 21:30

E realmente lamentable que a vinte días das eleccións se envíe esta guía elaborado con fondos públicos da Xunta de Galicia e distribuida agora cos cartos de tódolos cesureños. Lémbrase que na páxina 3 da guía aparece un artigo, con fotografía, do Conselleiro de Innovación e Industria (BNG) e na páxina 5 aparece outro artigo, tamén con fotografia, do alcalde.
A carta do alcalde que se redactou ven con membrete do Concello e o sobre que contén a documentación tamén.
A guía presentouse o día 12 de abril na Casa do Concello aínda que eu xa consultei un exemplar a mediados de marzo, Foi demorada ata agora a distribución por claros intereses electoralistas nunha táctica moi descarada pois o venres xa comeza formalmente a campaña electoral.
Este ventaxismo tan evidente do alcalde e do BNG repugna a calquera persoa de principios. Quere competir o alcalde con este tipo de axudas e a miña obriga é denunciar estes feitos ante os cidadáns.
E unha mágoa que un bo traballo sexa utilizado polo BNG para captar vontades cara os comicios. Esta é a seriedade da que alardeaban os nacionalistas.

Paspallas · 7-05-2007 a las 22:47

Este Angueira é un fullero dos grandes, só faltaba que tamén viñera a cara de Baliñas na guía con algún poema de madrugada

error07 · 8-05-2007 a las 00:49

¡Siempre habla el mas indicado!!Señores ha hablado el que lleva mas de un año haciendo campaña en esta web!!!, me gustaría ver una guia turistica hecha por ti: «Pontecesures é coñecida gracias a min pola vila con maior indice de criminalidade da provincia de Pontevedra! é moi bonita e ten moitos graffitis que ver e se teñen sorte o pasar por esta fermosa vila poden ver en directo alguns dos atracos que se repiten moi amenudo, pero lembren en coser antes de entrar os bolsillos por si son vostedes os protagonistas do ‘atraco do dia’, este e un consello de Luis Angel Sabariz Rolán un saudo e lembren!… voten por SABARIZ» enhorabuena Sabariz por tu comentario!!!!te admiro!!!

Tuso · 8-05-2007 a las 10:13

Con respecto á guía, creo que xa dixen algunha vez que non vexo apropiado incluir as presentacións dos «políticos de turno» (dame igual ó partido ó que pertenzan) na mesma, xa que supoño que a guía perdurará no tempo, e os políticos, por sorte ou por desgracia (según se mire), non. Creo que sobran persoeiros «independentes» como para poder escolelr un que fixera a introducción.

Error07, a ver se algún día nos contas que ten que ver o que dis no teu comentario, co que di o Sr. Sabariz no seu. Se algo se pode achacar ó primeiro comentario, penso que ese algo é a obviedade do mesmo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-05-2007 a las 11:26

Fixen unha crítica polo tema da distribución nestes días da guía turística e ti, «error07», non entras neste asunto e arremetes contra mín dicindo que fago campaña na páxina dende hai moito tempo, e que asusto coas tasas de delicuencia. ¿Qué ten que ver o meu comentario coa túa resposta?.
Reitero que eu opino con nome e apelidos nesta páxina e critico o que considero oportuno. O mesmo poden facer tódalas persoas que se presentan ás eleccións e tódolos cidadáns en xeral. O que condeno é que o alcalde utilice recursos públicos de todos para competir con ventaxa nas vindeiras eleccións. Isto da distribución da guía a vinte días da votación é impresentable e xa o comentan moitos veciños nas rúas.

Lore · 8-05-2007 a las 19:42

Dende logo esta moi ben eso da guía turística, ainda que á verdad a min nin ilusion nin falta me fai, pero quedo realmente parva ó ver como intentan ata enganarnos a nós, os propios veciños pintándonos todo moi bonito, solo unha pregunta… porque en ningunha foto aparece nin unha esquiniña da FINSA?? e dende logo, agora q os locais de Pontecesures se uniron formando a «asociacions de hosteleiros» deberiase facer mais publicidade por eles, e non na parte de «de copas» poñer unha foto de octopus.sorprendeme sen dúbida algunha porque se mal non lembro cando se fai unha festa organizada pola asociacion d h0steleiros a firma e agradecementos do pobo non falta!

Antonio Cortés · 8-05-2007 a las 20:42

A parte «de copas» non é unha foto de Octopus … Esa foto e das festas de Porto, cousa que pouco ten que ver con Octopus.

Lore · 8-05-2007 a las 21:03

Está claro q non ten nada q ver octopus cas Maravillosas festas de Porto ( son únicas 🙂 ) pero perdoame q te rectifique «Antonio Cortés» pero se estas a falar da foto que aparece na guía de Pontecesures(pax.21 foto 42 ) eso non é a festa de POrt0 !

Antonio Cortés · 8-05-2007 a las 22:20

Pois non, coido que houbo algún tipo de erro, non dou identificado esa fotografía (teño a guia diante), eu deixei un disco duro con fotografías miñas para esa guía, cando a vin, como consta que era das miñas, pensei que era a festa de porto.

E non, debía estar entre algunha que me pasaron nalgún momento, cousa rara porque non lembro tela visto (e moito menos tela sacada eu). Así que a culpa de que apareza co meu nome unha foto que non é miña é só miña, por habela pasado xunto cas miñas. Mil disculpas.

error07 · 8-05-2007 a las 23:36

No te preocupes «Tuso» que yo te lo explico:

Sabariz dice: «Foi demorada ata agora a distribución por claros intereses electoralistas nunha táctica moi descarada pois o venres xa comeza formalmente a campaña electoral»
Yo contesto: «ha hablado el que lleva mas de un año haciendo campaña en esta web!!!»

Que tu no opines que Sabariz hace campaña por aqui no quiere decir que yo y mucha mas gente (por que hay mas gente) no lo opinemos. Sabariz critica al alcalde por «hacer campaña» una semana antes! yo critico a Sabariz por hacerlo un año antes!
Como ves no tienen que ver para nada su comentario y el mio (trato de ser ironico, por si tu cerebro no lo «capta») el resto de mi comentario solo era una opinion!!

JJ · 9-05-2007 a las 02:04

La verdad, que independientemente de que opine que es una guía estupenda, dando una imagen del pueblo vital, dinámica,y muy necesitada, no me gusta que fuese publicada en estas fechas, por parecer un tanto electoralista, pero la cruda realidad, es que es una táctica utilizada por la totalidad de las fuerzas políticas, en la totalidad de los comicios de cualquier rango, autonómico, municipal, estatal o lo que quieras Sabariz. Si te escuchan los del partido, te matan por denunciar lo que ellos hacen en todos los lugares que gobiernan igual que las otras fuerzas políticas. No nos hagas gilipollas anda, que eso lo haceis todos.
1º- licitar obra antes de las elecciones
2º- inaugurarlo todo en precampaña
3º- denunciarlo cuando no se puede hacer desde la oposición.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-05-2007 a las 09:16

Eu levo informando moito tempo aos veciños das denuncias sobre a xestión do goberno local como é a miña obriga dende a oposición. Por suposto sen utilizar fondos públicos. Se a iso lle chamades campaña pois ala vós.
Non teño nada que ver coas practicas que se detallan. Teño a concienza moi tranquila nestes temas electoralistas.

Tuso · 9-05-2007 a las 10:20

Antes de nada, gracias error07 por preocuparte de mi cerebro.

Te aclaro, error07, porque ya veo que no me expliqué bien, que cuando te pregunté que tenía que ver tu comentario con el primero, lo hice porque tus referencias a la criminalidad, a los grafittis, a los atracos, creo que poco tienen que ver con la idoneidad del momento en que se distribuye la guía en cuestión.

Con respecto a lo que dices:
«Que tu no opines que Sabariz hace campaña por aqui no quiere decir que yo y mucha mas gente (por que hay mas gente) no lo opinemos.»
Creo que en ningún momento di mi opinión sobre si este señor hace o no campaña por aquí, así que te agradecería que no la dieras tu por mi. Mas que nada porque hasta tu puedes «errar» 😉

En cualquier caso, volviendo al primer comentario de esta noticia, creo que lo resaltable es la utilización electoralista de la guía, por el hecho de estár realizada con el dinero de todos y de ser distribuida en las fechas previas a unas elecciones.

Esta utilización de medios públicos con fines electorales y partidistas el Sr. Sabariz no la hace, aunque lleve un año (o mas) haciendo campaña.

Llegados a este punto, lo inmediato es pensar:
«¡No te j*de, porque no tiene acceso a ellos!»,
por lo que me remito a las sabias palabras que escribió JJ algo mas arriba:
«…la cruda realidad, es que es una táctica utilizada por la totalidad de las fuerzas políticas, en la totalidad de los comicios de cualquier rango, autonómico, municipal, estatal…»

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-05-2007 a las 17:26

Obviamente,»Tuso», senón estou no goberno non podo distribuir cos cartos de todos esa publicidade institucional, nas vísperas electorais, feito que tanto critico.
Pero sí estaba no goberno nas eleccións municipais de maio 2003, e lembro que o alcalde propúxome alá por xaneiro de 2003 que o concello emitira un boletín municipal, coas obras feitas e as diversas xestións realizadas, para envialo a tódalas vivendas. Resposteille que non estaba de acordo en utilizar os fondos de tódolos cesureños (a inciativa tiña un custo duns 3.000 ?) para facer propaganda e tratar de influir no voto dos cidadáns. Díxenlle que o BNG podía facer cos seus cartos os boletíns ou revistas que quixera, pero cos fondos do concello non se redactaba boletín algún. Parecíame unha vergoña.
Pois non se creou esa revista municipal e o BNG si fixo o boletín coas fotografías das obras e foi distribuido polas portas, pero cos cartos desa organización política. Dende a ACP tamén enviamos un folleto coas nosas actuacións pero pagámolo nós.
O que mellor pode corroborar isto é o propio alcalde.
Reitero que eu non teña nada que ver con estas prácticas.

Tuso · 9-05-2007 a las 18:29

Pois é un comportamento que che honra.
Oxalá fixeran TODOS igual.

Lore · 9-05-2007 a las 19:05

«Antonio Cortés» non ten importancia, pero facíaseme raro que me dixeras que esa foto era das festas, é obvio q non! sin problema, ademais non me dera conta que levaba o teu nome. sería un erro, pero … VAIA ERRO!!! (Non pola tua parte Antonio)

Antonio Cortés · 9-05-2007 a las 19:36

Erro si, e pola miña parte, si ía no meu disco duro. Pero un erro sin a maior importancia.

Un saudiño.

Paspallas · 9-05-2007 a las 23:54

Faltou a folla de presentación de Maribel na guía. Espabila Sacapieles que Angueira, e os da garda pretoriana estanche comendo a figura e falan pestes de tí nas rúas, para paparche os pucos votos que tes. Os do bloque son insaciables e tes que reaccionar atacando toda a merda que hai na xestión dos últimos tempos. Na de Chaves te escarallan e Tocino apreta para qaue non volvas o goberno

Idomeneo · 11-05-2007 a las 13:25

Dende logo hai algo que non entendo: ¿o envio dunha guía turística do Concello vai cambiar,realmente, o sentido do voto?. Se así é, ben parvos somos.

Tuso · 11-05-2007 a las 13:45

Eu creo que non vai cambiar o sentido do voto, pero os políticos deben de pensar que si. Alá eles….:-)

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.