A gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo participa no II Certame de Gaiteiros Solistas «Manuel Dopazo» en A Bandeira (Silleda)

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Celébrase maña domingo a partir das 17 horas e acudiran preto de 15 gaiteiros de toda Galicia (na edición pasada Adriana foi a única muller participante).

As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

O estilo e carácter da peza a interpretar, serán necesariamente galegos.

A duración da interpretación non rebasará os 6 minutos (incluida a afinación).

? obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será o mesmo que o número de inscrición.

Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 750 ? e Diploma
2º. Clasificado: 450 ? e Diploma
3º. Clasificado: 200 ? e Diploma

O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

A Xunta Directiva da ANPA deséxalle a Adriana integrante do grupo «Algueirada» os maiores éxitos.

Categorías: Cultura

1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-05-2007 a las 12:01

Pois Adriana non obtivo premio pero veu moi contenta pois a súa actuación foi excelente a dicir dos asistentes. Había moita calidade nos gaiteiros participantes que son moito maiores que Adriana e teñen experiencia dabondo.
Animo para a nosa gaiteira e a continuar traballando.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.