Reitérase a denuncia de contratacións a dedo logo de comprobar o expediente.
NOTA DO CONCELLEIRO DE PONTECESURES LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN
O pasado mércores consultou este concelleiro o expediente de contratación de dous traballadores con cargo a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para arranxar danos causados polas choivas do pasado outono.
Lémbrase que a solicitude para a consulta fíxose o 6 de marzo pero o alcalde non autorizou a mesma ata agora baseando a demora na posible perturbación das oficinas municipales (razoamento totalmente absurdo, pois o expediente permaneceu inalterable nunha mesa durante todo este tempo).
Pois ben; denunciase que non houbo procedemento algún para a selección dos traballadores. Nin anuncios, nin oferta de emprego na oficina de Vilagarcía, nin utilización da lista de desempregados que se xestiona na oficina municipal do técnico de emprego.
Tamén se denuncia que, sorprendentemente, o expediente tramitouse na oficina municipal de información xuvenil (o encargado da mesma é un membro da asamblea local do BNG) en lugar de facelo na oficina do técnico de emprego como sería o lóxico.
Amósase unha vez máis o clientelismo e o amiguismo que practica o alcalde e o BNG de Pontecesures.
Pontecesures, 18 de maio de 2007
0 comentarios