ESTE SÁBADO O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA XOGA O PARTIDO DE VOLTA DAS SEMIFINAIS DE COPA

Publicado por fru en

A cita será ás 19.30 h. no polideportivo de O Grove, a donde acudirá o Extrugasa para intentar salvar polo menos a honra e facerse ca victoria, pois o pase o ten moi complicado, pola superioridade física e de acerto no tiro lonxano, o que lle permitiran acadar os 25 puntos de diferencia. D e todolos xeitos, o Extrugasa tamén rotará a todos os seus homes, incluidos os 2 xuvenís que están acompañando ó equipo nesta copa senior.

Practicamente foi o ultimo partido oficial do club, polo que a temporada s006-07 queda finiquitada, á falta de algún partido de despedida para os mais pequenos do club.

Categorías: Basket Río Ulla

18 comentarios

fru · 3-06-2007 a las 01:01

Resultado: O Meco 67 – Extrugasa 62

Foi un partido igualado, con alternancias na primeira parte no marcador. No 3º cuarto os de O grove lograron distanciarse de 12: 51 – 39, pero o Extrugasa anotou un parcial de 12-2 que puxo a emocion no marcador: 53 – 51. Ata o final voltou a emocion e foi no último minuto cando O Meco gañou este encontro.

De todolos xeitos Gulli xa nos tiña dada a alegria da tarde, e probablemente da temporada. Noraboa ós 2 😉

gulli127 · 3-06-2007 a las 01:50

A verdade é que non sei coma poidemos perder de 25 puntos na casa con esta xente. Xa teño gañas de que comeze a proxima tempada e voltar a xogar con este equipo. Para o ano, co equipo renovado, a cousa vai ser ben distinta.
Pareceme un insulto dicir que estes xogan coma nos fai 8 anos. O único que saben facer é presionar e tirar triplas. Dentro duns anos, cando xa non sexan tan xoves, espérallanlle grandes choscas. Eu coa súa, e tamén os meus compañeiros, xogabamos en equipo dentro-fora e gañabamos os partidos de 30.
Todos tivemos 20 anos algunha vez.

O Rei · 3-06-2007 a las 02:31

Rematou a liga; vacacións, retiradas, baixas forzadas, Eurobasket, altas, fichaxes (Pino…), rumores… 2007-2008

josemaria · 6-06-2007 a las 08:58

Un saludo desde el Liceo Casino de Pontevedra. Nosotros no nos presentamos al partido de vuelta en o Grove (el de ida lo ganamos 65-60,aunque llegamos a estar 19 arriba) porque les pedimos no jugar el domingo, nos valia cualquier otro dia, incluso esta semana, y lo pusieron el domingo. En fin.
de todos modos, creo que tanto nuestra victoria en la ida como vuestra derrota por solo 5 puntos en o Grove y esos comentarios que he leido por ahi, demuestran que incluso sin haber estado entre los 4 mejores de zonal B podemos competir sin problemas contra los de zonal A. Creo que es obligado plantear una unica categoria en la proxima temporada. Espero que todos estemos de acuerdo: Cambados ya nos ha dicho que si, vosotros espero que tambien (maxime si renovais el equipo). Nuestra propuesta será una liga a doble vuelta y nada de Copa, que no motiva a nadie. Dependiendo del numero de equipos podria haber final a 4 o no. Si este año habia 10 equipos en zonal A y otros 10 en zonal B y partiendo de la base que seguro que alguno no saldrá el año proximo, una liga de 16 o 18 equipos seria fantástica.
Saludos y ya hablaremos.

fru · 6-06-2007 a las 17:04

Hola Josemaria. Lamentar que non vos poiderades presentar, ia estar unha semifinal interesante, a vosa.
Sobre o da composición da liga, eu sigo defendendo que existan as 2 divisións, por 3 razóns.
– Non hai datas para facer unha liga única a dobre volta, nin para 16 (30 xornadas) nin menos para 18 equipos. Recordemos que a liga ten que estar rematada a primeiros de abril, obrigados pola federación galega, outra cousa sería que poidesemos xogar ata finais de maio a liga, e que non houbese copa.

– Ademais estaría o custo de 15 ou 17 arbitraxes coma locais a 90 ? cada un. Recorda que este ano tivemos o gasto de 8 arbitraxes de liga e 2 de copa.
– Hai que buscar 2 divisións de nivel parello entre os integrantes de cada unha. Os mais fortes en 1ª e o resto na 2ª. partidos que se deciden de 40 non valen para nada nen para o que gaña nen para o que perde. Laxe ou Meco ¿de canto lle gañarían ós ultimos do noso grupo: portonovo p. ex.?
Esas razóns son as que me fan pensar que o de 2 divisións segue sendo bo sistema de competición.
Saudos

gulli127 · 6-06-2007 a las 22:38

Pois eu Fru, penso de que se hai os mesmos equipos para o ano na dúas ligas, mellor sería seguir coma ata agora. Pero se algún equipo se da de baixa, como me dixeches un dia, a mellor opción é a que comenta Josemaria. Ti viches coma min ó campión da liga A, e é evidente que a diferencia é mínima. E ademais así os golpes que levamos os 8 equipos donde todos sabemos, se reparten entre 16.
¿A qué hora é en donde a cea?

fru · 6-06-2007 a las 23:18

Este ano gulli eramos 18 equipos (8 e 10), creo. Se para o ano faltan 2, seriamos 16. 16 equipos a unha liga a dobre volta saen 30 partidos. Se hai problemas para acabar as ligas de 20 xornadas, non quero pensar a onde se iran as de 30 xornadas en zonal. Estaremos xogando desde o Pilar (mediados de outubro) ata… Finais de maio, de xuño quizais?
Por eso hai que partir a liga en 2 grupos. ¿Que non se quere xogar 2 divisións? Teremos que xogar 2 grupos por proximidade.
E nos na liga A seríamos competitivos este ano, non digo que non, pero seríamos perdedores. Inda mais que o que o fomos no B: En vez de 10 gañados 8 perdidos igual quedabamos 4 gañados e 14 perdidos ¿crees que a xente se motiva nunha liga onde perder seria o habitual? E esta opinion me gustaría que fora contestada polo amigo josemaria do Liceo de Pontevedra, que quedaron debaixo nosa.

O da cea está Peñaño encargado da xestion: Hoxe ia pedir precio no lugar aquel falado da despedida do noso Chus. Hora: Poñerémola nós. Sobre as 22 ou 23 horas, non?

josemaria · 11-06-2007 a las 09:04

Hola, Fru y cia. Acepto el ofrecimiento para contestar y me despido hasta la primera reunion de la temporada 07-08. Hemos sido en zonal este año, 9 en A y 10 en B. Va a haber bajas seguras (yo apuesto por Portonovo, y en menor medida por A Lama, estos se lo están pensando segun me dijo su coordinador) y quizas alguna inesperada y dudo mucho de que haya altas. Hablamos de 19 hoy y quizas 17 o 16. Hay que pensar que es lo que quieren la mayor parte de equipos: si jugar por pasar el rato en una competicion mas o menos bien organizada (esto es lo que creo quieren el 90%) o si jugar por ganar o por incluso, ascender (esto lo pueden querer 2 o 3 como mucho). Nosotros queremos jugar por pasar el rato, nos gusta ganar como a todos pero la verda d es que nos hace mas ilusion enfrentarnos a buenos equipos y ademas es que en nuestro caso, jugamos mejor contra esos equipos, el ejemplo fue la semifinal de Copa contra O Grove (POR CIERTO, O MECO GANO LA FINAL 71-58). Puede entender tu postura, de que vosotros o nosotros acabariamos con mas derrotas que victorias si el nivel de los de zonal A sigue siendo el mismo, pero nuestra idea es jugar contra buenos equipos. Este año nuestros mejores partidos han sido contra Cambados (los 2), contra Arxil (los 2) y la primera parte de nuestro partido en vuestra cancha…y de esos 5 partidos hemos ganado 1 solo.En cambio, le ganamos de paliza a Portonovo, a la Estrada, a Lalin, a A Lama pero lo pasamos mucho peor. Supongo que me entenderas.
Otra cosa diferente es que una liga de 16 equipos, 30 partidos, sea factible. Otra alternativa seria copiar el modelo del zonal de la Delegacion de Santiago: 18 equipos pero juegan solo a una vuelta: 17 partidos (mas o menos igual que ahora) y si no llega hacemos una s eliminatorias ida y vuelta entre 1-8, 2-7,3-6 y 4-5. Con eso motivas a la gente para meterse al menos entre los 8 primeros. Y asi, los 8 primeros juegan al menos 19 partidos. Y eliminamos la Copa. Bueno, esperemos al mes de septiembre a ver cuantos equipos hay y hablamos, vale?
Buenas vacaciones baloncestisticas.
Un saludo

fru · 11-06-2007 a las 16:36

Hola Josemaría. Espero que a delegacion de Vilagarcia nos convoque pronto a unha reunión para falar dos cambios para a vindeira campaña, e non que esperen a ultima hora. Refirome a cambios importantes no tema da Mutua do seguro, que pasa cas arbitraxes, datas de inicio das distintas competicións etc etc. Un deses temas sería estudiar o millor sistema de competición das distintas categorias (a galega parece que quere cambios nas categorias base). Así para facer un bo campeonato senior poderíase estudiar o sistema que dis coma o de Santiago, onde tieron logo da liga regular un plaioff de cuartos e final a 4 (creo que foi así coma xogaron esta pasada temporada). Haber se é pronto dita reunión acudimos bastantes clubs.

Saudos e boas vacacions baloncestisiticas logo (pero inda temos as semis e final da ACB, a final da NBA (para quen as siga) e logo os partidos da seleccion amistosos para o europeo e o propio europeo en Madrí a principios de setembro).

josemaria · 19-06-2007 a las 08:54

Fru, aunque ya me habia despedido, y echándole un poco de morro al asunto…fuiste ayer a la reunion de clubs en Vilagarcia? Yo no pude ir por motivos laborales pero creo que había mucha gente no? Si fuiste, hubo algo que nos afectase?
Saludos y gracias.

po · 19-06-2007 a las 11:28

hola fru, primeiro enoraboa pola volta de pino,sen duda un gran xogador.E de segundo parece mentira que non haxa sitio nesta paxina para dous campions galegos saidos de pontecesures como fabian e dany,cos seus respectivos equipos, saidos da canteira do pontecesures e combocados para xogar os xogos do eixe atlantico.bueno moita suerte para o ano.fabian e dany.

fru · 19-06-2007 a las 16:27

Josemaria, na longa reunion que tivemos onte á noite, vendo as bases de competición do ano proximo da galega, trataronse entre outros os seguintes temas que lle poden afectar a un club que só teña senior zonal:
– Cambio na compañia do seguro, que pode levar unha reducción no precio do mesmo por cada xogador.
– Pago por adiantado dun aval (igual que antes), pero ademais pago por adiantado das arbitraxes do mes: Estaríamos pagando pora diantado 2 veces sen ter a garantia de recibir o servicio (aprazamento de partidos por falta de arbitros).
– O comoté sancionador vai ser directamente o da Federacion Galega, e ahí á minima sancionan e sancionen de verdade: con multas importantes e/ou xornadas de suspension.
– O tema arbitral esta por solucionar todavia.
Esto de xeito resumido.

fru · 19-06-2007 a las 16:35

PO, gracias polo de Pino. Respecto ó de Fabian e Dani, esta páxina esta aberta a que calquera escribades, e mais sobre 2 deportistas do pobo. So hai que preparar unha nova e calquera dos editores lla publicamos. Incluso podo quitarlles unha foto cos seus respectivos uniformes e que conten a sua temporada na páxina se queren.

En concreto sei que Dani gañou a «Copa Galicia » cadete, pois o lein un dia na prensa de arousa e que fora o máximo anotador.
De Fabian non sei exactamente ocomo quedou na liga galega cadete.
E se os 2 van ós xogos do eixe atlantico non tiña nin idea. Noraboa ós 2 e supoño que un (Dani) irá por Vilagarcia (xoga no BBC). Fabian o fará por Santiago (xoga en Peleteiro), digo eu que será así pero igual estou decindo algo que non é certo,
O dito, que cando queiran poden ser protagonistas aqui, saudos.

po · 21-06-2007 a las 17:28

hola fru, moitas grazas polas felicitacións que nos deches, haber se algun dia vexo ao Rio Ulla campión galego en senior. Pois si, fomos combocados cada un ca sua respectiva selección para xogar en xullo. Pois o que che decia que creo nos merecemos un sitio nesta paxina local, como deportistas locais, ainda que estemos equipos foraneos.Respecto a Fabian quedou campión galego cos juniors do peleteiro e eu xa o sabes co BBC, que o mellor é meu ultimo ano alí.Pois o da paxina creo que deberia estar presente,se queres podoche redactar algo dos dous.moitas grazas fru.

Antonio Cortés · 21-06-2007 a las 17:49

Po,

Claro que vos merecedes un sitio nesta páxina, só tes que mandar o que vexas, ó momento estará publicado. Non hai nada sobre vos, pola miña parte por descoñecemento e lonxania, pero eso cambia no momento que enviedes algo a redaccion@pontecesures.net que chega a tódolos redactores da web.

fru · 21-06-2007 a las 19:46

PO(lly), repito, o que queiras. ¿Dixenche o das fotos, non? Cando queirades sacovos unhas fotos no pabellon, a cada un de vos cos uniformes dos vosos equipos, e logo poñemos na web unha entrevista a cada un, contando onde xogades, que titulos gañáchedes, ONDE EMPEZACHEDES A XOGAR 🙂 e o que se vos ocurra.
Eso si, avisade con tempo para quedar, que ando metido en moitos frentes e o dia so ten 24 h.
E coma vos sabedes onde atoparme, ou senón dar unha chamada ¿A que esperades?. Por certo algo oin de Peleteiro pro ano, ¿non?

po · 23-06-2007 a las 20:32

pois nos nos poñemos en contacto contigo, xa falaremos contigo fru.moitas grazas.O de peleteiro esta ahí, tamen pero ainda non teño moi claro o que facer, pode que marche para alí, para outro, que me quede, non sei ainda nada do que penso facer, quedame todo o veran para pensalo e decidir o que teña que facer. Veña fru, grazas.

fru · 24-06-2007 a las 13:27

Ok. repito, avisade e quedamos unha tardiña no pabellón para facer unhas fotos e logo cubrides un cuestionario da vosa «vida deportiva» e se poden facer unhas entradas sobre vos. Ata que queirades.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.