Texto íntegro do escrito remitido a Suárez Canal denunciando graves irregularidades en relación coa obra da pista da Toxa.
A Consellería de Medio Rural decideu asumirir integramente a realización da obra de ??Ampliación de acceso á Toxa? por un custo aproximado aos 60.000 ? aínda que non se chega a dita cantidade. E realmente unha obra moi necesaria para resolver os problemas de acceso a este lugar e moi demandada dende sempre polos veciños.
Tódolos trámites para a contratación desta obra correspóndenlle a esa consellería e así ao seguirse para a adxudicación un procedemento negociado sen publicidade (o contrato non supera os 60.000 ?, senón habería que convocar un concurso) teño coñecemento de que houbo unha consulta con data 25-05-07 a varias empresas para que presentasen orzamentos si lle interesaba a realización da obra. Obviamente e con posterioridade a esa data presentáronse as ofertas.
Sorprendentemente a obra (consiste no derrubo dunha edificación e a reconstrucción da mesma logo de ceder un particular un espazo de terreo para ampliar a pista) comezou o día 22 de maio, tres días antes da petición das ofertas e cinco días antes das eleccións locais do pasado 27 de maio. En consecuencia a obra xa non é que comezara sen adxudicar, senón que nin sequera se habían solicitado as ofertas aos contratistas.
Estamos entón ante unha actuación totalmente irregular e con clara intención electoralista (o alcalde de Pontecesures pertence ao BNG). Xa é lamentable que comece unha actuación tan esperada pola cidadanía cinco días antes do día das eleccións, pero o que resulta impresentable e que se imcumpla descaradamente a normativa a sabendas para favorecer os intereses electorais do Bloque Nacionalista Galego. Son actuacións pouco serias que desprestixian ás institucións.
Polo exposto, prégolle a vostede que me facilite información sobre o seguinte:
# ¿Qué autoridade ou funcionario (local ou da consellería) ordeou o comezo das obras sen estar adxudicadas?
# ¿Quén é o técnico director de obra nomeado por esa consellería que permite o inicio da actuación sen seguirse os trámites previstos na normativa de contratos das administracións públicas?
Non dubido que me informará con celeridade do sucedido pois coñezo o seu compromiso de claridade e transparencia na xestión pública transmitido sempre e particularmente no acto de campaña electoral celebrado precisamente en Pontecesures hai pouco tempo na presenza do noso alcalde.
Pontecesures, 13 de xuño de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures
SR. CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL
SANTIAGO
11 comentarios
grandes · 14-06-2007 a las 11:13
O que é lamentable e que denuncies irregularidades nunha obra tan importante para a zona da toxa, por revanchismo político, resentimento polo resultado das eleccións ou ti sabrás porqué. Eu non sei si oubo irregularidades na adxudicación da obra, en calquera caso non che corresponde a ti denuncialas ou ¿vaste adicar a oposición supramunicipal?, supoño que eso é tarefa da oposición na Xunta. A Consellería do medio rural é unha das que mais cartos destinou a Pontecesures, e ti unha vez mais, e por interés personal, vas contra os intereses do noso pobo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-06-2007 a las 11:28
Claro que a obra da Toxa é moi importante «grandes». Pero é vergoñento que a obra comeze xusto 5 días antes das eleccións para que o electorado visualize a actuación e para tratar de influir no voto. Iso é criticable pero e que ademáis e ilegal e comezar unha obra no terreo e logo tres días despois pedir as plicas aos contratistas. O responsable dos actos e Medio Rural pero preguntei quén ordeou comezar a obra e cando o coñezamos xa non opinarás o mesmo.
Son prácticas caciquiles estas do BNG que tratan de dirixir o voto da cidadanía cos cartos de tódolos cidadáns. Que doado e criticar a outras forzas e falar de progresismo e transparencia aos catro ventos. Pronto chega a cruda realidade.
Tuso · 14-06-2007 a las 12:08
Eu creo que esta denuncia «non xudicial» é interesante porque a algúns nos permite enterarnos do que pasa no pobo. O de tapar todo só lle interesa ós que non fan as cousas ben.
De ser certo o que denuncia (refírome ao importante, o comezo das obras antes da adxudicación, non a temas «electoralistas») creo que os que si que deberían denunciar, pero ante a autoridade competente, son as empresas afectadas polo feito.
Tamén sería interesante saber se se presentaron orzamentos doutras empresas.
LA ABEJA MAYA 69 · 14-06-2007 a las 13:23
Estou totalmente de acordo co Sr Sabariz no tema de que inda que sexa unha obra moi importante débense seguir os trámites legais. GRANDES nunca os fins xustifican os medios. Iso sería moi peligroso. Está ben que se fagan obras pero tense que respetar a legalidade vixente, senon estaríamos vivindo na xungla ou nunha república bananeira. Iso si, Sr Sabariz se o que dis é correcto o que tes que facer é ir ó xulgado de guardia porque tamén é certo que o teu labor como concelleiro obligache a denunciar todo-los delitos dos que teñas coñecementos. Hai que mollarse e non actuar por actuar. un saudiño.
xan · 14-06-2007 a las 19:42
??Abeja maya?, pois vai ser que hoxe imos estar dacordo en algo. Referente as formas de facer as denuncias o Sr. Sabariz, estou totalmente dacordo contigo, e dixenllo nesta páxina centos de veces. Os intereses dos Cesureños, defendidos por calquer concelleiro, non pasan por facer eco de irregularidades, pasan por facer a denuncia no xuzgado oportuno para erradicalas, xuzgar ós responsables, e deixar paso a xente disposta a gobernar dende a legalidade. O problema que nos xuzgados piden probas, e non regalan votos.
Unha forma moito mais facil de conseguir votos e practicar o ??marujeo?, cada quen libre de decir o que lle pete, e se convences a catro, catro votos para a urna.
Imos explicalo con un exemplo práctico.
Postos a falar de ??marujeo?, de denuncia facilota e vulgar, imoslle preguntar, asi como non quere a cousa a o Sr. Sabariz, si el, ou o seu amigo ??paspallas? oiron algo polos bares dunhas supostas agresions a menores, producidas por parte de un ??clan politico? non afín ó goberno do BNG. Son rumores.
Imos olvidarnos deste exemplo de cómo non facer política, e acudir ó xuzgado cando sexa oportuno, OK?
cocodrilo · 14-06-2007 a las 21:57
querolle pedir o señor Sabariz que pare xa de emporcallar o noso pobo,¿non lle chegou co resultado das urnas? pois penso que quedou moi claro o que quere o pobo de Pontecesures e a ti non te queremos. Eu son da Toxa deixanos en paz ,que ben contentos estamos coa pista, fastidiache non levar ti as medallas.O voto xa estaba moi decidido cando se comenzou a obra.
Tuso · 15-06-2007 a las 09:30
Curioso «cocodrilo». Pídeslle que non «emporcalle» ao Sr. Sabaríz, que so fai público un feito (que por outra parte non vexo que negues). ¿Por que non llo pides aos responsables da obra?, que, presuntamente (non vaia ser) son os que poden estár actuando mal.
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-06-2007 a las 12:43
Eu non emporcallo nada, «cocodrilo». Os feitos están á luz para xulgalos. Os incumprimentos da legalidade son moi evidentes e foron cometidos para tratar de que o BNG contase con ventaxa nas eleccións do día 27. Este ventaxismo é moi grave e non parece xusto que en lugar de debater sobre os feitos denunciados se me acuse simplemente por informar a toda á opinión pública desta actuación irregular.
Eu non xei, «xan» o que escoitou «Paspallas» sobre o marujeo do que falas. Non coñezo ningún clan político no pobo, nin en contra do BNG, nin en contra de forza algunha. Paréceme triste e repugnante que haxa agresións a menores como comentas. Penso que serán a título individual, no seu caso. Falar de clanes ou grupos organizados violentos que agreden a menores ou maiores paréceme unha barbaridade.
cocodrilo · 15-06-2007 a las 13:18
pero aun lo dudas, claro que emporcallas.Me contaron que la agresora de menores esta denunciada, pero una denuncia de las de verdad no de esas que haces tu SABARIZ.
grandes · 15-06-2007 a las 13:37
¿De verdad Sabaríz, pensas que a xente cambea a intención de voto por unha obra cinco días antes das eleccións? Eso é un insulto a intelixencia e ós veciños. Actúas por resentimento ¿Qué pretendes?¿Qué o veciño afectado pague a obra? Si tes algo que denunciar vaite o xulgado. Despois do teu proceder en ACP, coa Agrupación Socialista, etc oirche falar de transparencia e legalidade sona como mínimo a pitorreo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-06-2007 a las 14:14
Alomenos xa non falas de clan, «cocodrilo» e cada un, ou cada unha, terá que responder dos seus actos.
En lugar de xulgar as prácticas irregulares e acusar ao responsable ou responsables, segues «grandes», a acusarme a min. Parece que se pretende que mire para outro lado sen máis. Veremos en que queda todo este tema. Non voi a anticipar nada.