O C. B. RIO ULLA DESPIDE A TEMPORADA DO EQUIPO ALEVÍN E DA ESCOLA DE BA?O CUN PARTIDO CONXUNTO
O venres 22 o C. B. Rio Ulla puxo fin á temporada 2006-07 do seu equipo alevín e da escola de baloncesto do Concello de Valga. Foi no polideportivo de Baño, e ambos equipos xogaron un partidiño de despedida entre eles. Antes os monitores organizaronlles concursos e xogos de habilidade.
O remate recibiron o trofeo de subcampeóns da liga alevín da Federación Arousana. En dita liga participaron tamén os rapaces da escola de Valga – Baño, logo de participar en 2 partidoscelebrados no Grove. O merito deste grupo é gracias ó esforzo da monitora Noelia García (xogadora xunior do Rio Ulla), quen dirixiu esta escola dende Novembro pasado en que foi posta en marcha. O club pretendeu captar nenos e nenas en edade alevin logrando ter ata uns 17 integrantes nesta escola
En Pontecesures foi Antonio Pedrido o monitor do equipo de alevíns do C. B. Rio Ulla, grupo que leva 2 anos xogando xuntos, ó frente de 14 rapaces e rapazas de entre 9 a 11 anos. O titulo de subcampeóns é un premio a ese esforzo logo dos 2 anos.
Tamén dende o club quexemos agradecer a Transportes Potel Torres o seu co-patrocinio deste equipo, recollendo un agasallo (foto do equipo) o neno Pablo Potel, integrante do equipo. Dende aqui lembrar e agradecer tamen o patrocinio co club da empresa Extrugasa, patrocinador principal do club dende hai 7 anos.
Agora estes rapaces collerán vacacións ata mediados de setembro, onde temos previsto organizar ata 3 equipos con estes rapaces/as: o equipo alevín, e 2 equipos infantís, un masculino e outro femenino.
0 comentarios